(de)construçom fora publicado en gran parte no seu blog 'dedoscomavermes', algo permitido polas bases do certame.
"Admitiranse traballos presentados por persoas que publicasen previamente algún libro en edición de autor". Así de claras son as bases do Premio Nacional de poesía Xosemaría Pérez Parallé; admitidos pois os poemario publicados previamente nun blog, morra a polémica, falemos de poesía. Susana Sánchez Aríns foi elixida por unanimidade gañadora do certame co seu poemario (de)construçom que, en efecto, pódese ler da xeito case íntegro e nas súa versión final no blog dedoscomovermes. "Non hai polémica: as bases están claras e o xurado teno claro, e é el quen ten a potestade", di a gañadora. O xurado, formado por Valentina Carro, gañadora da pasada edición, e os poetas Alfredo Ferreiro e Rafa Villar, tívoo claro, e emitiu o seu fallo por unanimidade.
Precisamente no seu blog Alfredo Ferreiro salienta outro dos aspectos do poemario que máis chama a atención: está escrito en normativa reintegrada e así será publicado en Espiral Maior: "para fortuna da boa poesía, a normativa do galego empregada non foi para ningún xurado un factor relevante", di Ferreiro. "Alégrame moito que non fose un problema", di Susana Sánchez, "cando me decidín a publicar tiven que reflexionar moito sobre o tema da norma, porque escribir en reintegrado péchache moitas portas".
Dedoscomovermes leva dous anos na rede e toma o seu nome dun poema de Marilar Aleixandre: dedos como vermes/ das debandadoras de seda en Suzhou/ é a auga quente a que enruga a pel/ suave como auga. "O blog axudoume a vencer o pudor de que a xente lese o que eu escribía; levo moitos anos escribindo, pero nunca publicara nada, nin me presentara a premio ningún, se non fose polo blog seguiría a ter todo gardado en gavetas", di Susana, que engade que "tamén me axudou a ser máis constante, a publicar con regularidade, porque antes escribía ás arroutadas". Entre as súas lecturas, moitas, está Marilar, por suposto, aínda que a súa poeta preferida é a portuguesa Sophia de Mello Breyner. "Gústame o seu estilo sinxelo, que non simple, co que me identifico".
(de)construçom achégase de xeito poético ao proceso de construción dunha casa. Unha casa real, física, alén das posteriores interpretacións que se poidan facer. "O poemario pretendía ser o diario da construción dunha casa, un diario de seguemento das obras; interesábame poetizar un tema tan pouco poético como unhas obras", di Susana: "agora o poemario está listo, e vai ser libro, e a casa aínda non está, mira o que son as cousas".
Lacena
nunca tanto destrago causou
vento chuva descarga eléctrica
um terramoto umha guerra
como a invasom lenta e silente
da formiga o mofo o gorgulhoporque as pegadas do seu nocivo avanço
assinalam que também na rotina dos dias
toda casa é quebradiço fogar.
Aposentos
na cama das vacas pace entre alfombras o meu sofá
lá onde a avó botava lavaduras masseira de porco
regurgita branca roupa e pura máquina lavandeira
onde a mesa de formica mantel de hule / disputas
papeis e livros sustentam os andeis da biblioteca.
é na mudança que a casa ressurge. como água de rio.
Parabéns !!
É lógica essa reflexão sobre as portas que se fecham quando uma escolhe norma para a língua... Mas as pessoas otimistas pensam antes nas portas que se abrem... e é na mudança que ressurgimos, com maior resistência... Cito:
"Aposentos
na cama das vacas pace entre alfombras o meu sofá
lá onde a avó botava lavaduras masseira de porco
regurgita branca roupa e pura máquina lavandeira
onde a mesa de formica mantel de hule / disputas
papeis e livros sustentam os andeis da biblioteca.
é na mudança que a casa ressurge. como água de rio."
Avante, e de novo parabéns.
aha... fecham-se portas... ou talvez entra um em "competição" com o resto do mundo e não só no pequeno espaço galego ;)
Estes/as reintegracionistas som-che uns vitimistas, pero se a Marisol nom tem nada contra o galego descastrapizado!
Sorte tiveches que nom estava algum pirado como o Mendez Ferrim no juri, que senom ia a tua obra para o caixote do lixo
parabéns, susana, que ademais de poeta es unha muller comprometida e viaxeira das que fai moita falta que falen, na norma que sexa!
Parabéns, Susana, sempre dixen que eres unha artista e agora, ademais, premiada. Pero o seguinte poemario, que sexa sobre a India ;-)
Xa a tiñan que desclasificar por lusista
E tanto reflexionou que afinal decidiu que era melhor petar na portinha das quatro provincias que na porta da Lusofonia. Pois dígo-lhe uma cousa: há uns quantos galegos por aí com talento e que ainda reflexionando menos prefirem nom mudar a sua norma em base a critérios puramente de divulgaçom, se é que a escolha da norma tem qualquer significado profundo para eles, além da vestimenta da escritura ... um poeta é um poeta, quer lido por um, quer por um milhom ... e além disso, onde se pecha uma porta (-inha), abrem-se cento ... mas cumpre ter coragem!
gosto dsos poemas que aparecen sua na páxina, teñen corpo. Miraremos o libro a ver.
Poeta excelente. Parabéns! E também aos que lhe deram o prémio, que souberam ver o que vale por cima de questões ortográficas e preconceitos linguísticos.
parabens à poeta e ao júri! já ia sendo hora de que os premios se deixassem de leas.
Escribir o crioulo castrapo é que se fechan todas as portas e nos illa.
Señores isolatas é unha estupidez rexeitar o noso idioma natural, nativo e materno só porque os galegos a sur do río Miño se tornaran nun país independente e o espallaran por todo o mundo.
Polo feito do noso idioma se transformar na lingua de máis de 250 millóns de falantes temos do trocar por un crioulo artificial como o castrapo? Crioulo que é un portunhol, unha mestura de galego-portugués con castelán, que foi adoptado pola Real Academia Galega e que visa converter o galego nun crioulo variante do castelán.
Señores isolatas sexan dignos da nación GALEGA.
Uxia - Cantos na maré
http://br.youtube...
http://br.youtube...
O galego/portugués é idioma oficial en 10 países. Nos oito países que integran a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP):
Angola (África), Brasil (América do Sur), Cabo Verde (África), Guinea-Bissau (África), Mozambique (África), Portugal (Europa), San Tomé e Príncipe (África), e Timor- Leste (Asia). É tamén lingua oficial en Macau (China) e Guinea Ecuatorial.
Tamén fálase galego/portugués nas seguintes rexións:
Galicia (Europa), Goa, Diu, Damão, Dadrá e Nagar-Aveli (India, Asia);, Málaca (Malaisia, Asia) e Zanzibar (Tanzânia, África).
O galego/portugués é idioma oficial nas principais organizacións internacionais como na Unión Europea, no Mercosur e na Unión Africana.
Trátase da quinta lingua máis falada do mundo, por cerca de 250 millóns de persoas, en catro continentes.
Escribir reintegrado non só é recuperarmos a nosa identidade como a recuperación da lingua certa a nativa da galiza. É tamén gañar un mercado de máis de 250 millóns de persoas. É pasarmos a ter unha ferramenta de traballo para a ciencia cultura e todo en xeral. Na nosa lingua materna temos libros de todos os asuntos no mundo.
Tirar a lingua a un pobo é como roubarlle a alma.
É natural que en calquera comentario a cuestión da represión sobre o noso idioma nativo veña ao de cima.
Música? Cantas en que lingua? Sen lingua non hai asunto.
A represión línguistica e agora a estupidez do crioulo castrapo da RAG é motivo de indignación para todos os galegos.
1-Os galegos están saturados con isto primeiro nos finais do século XVI ao séculoXVIII trocaran na admitistracion da Galiza os galegos por casteláns e prohibiran o galego.
2- Despois entre 1936 e 1967 o asasinato de 190.000 galegos polas súas ideas políticas e queren falar galego. As multas por falar galego. As mulleres violadas por ser galeguistas. As mozas que lle raparam a cabeza por falaren galego.
3-Agora cando o Estado español é grazas pola Unión Europea a recoñecer a lingua galega, crean o crioulo de portugués e español (portunhol) castrapo para nos roubar o galego.
A norma escrita universal do galego é algo que os galegos non prescinden.
O Estado español xoga cos galícios e co apagamento da escrita en galego na Galiza durante séculos para dividir os galegos.
Como se ve hai cada vez máis galegos a comprenderen que o Estado lles está a roubar o que de máis importante teñen como galegos a súa lingua nativa. Moitos que pensaban nacer na Galícia xa entenderan que son galegos e non galícios porque naceran de verdade na Galiza.
Un día todos os habitantes da galiza van entender que naceran na Galiza e non na Galícia e por iso deixará de haber galícios . Seremos todos galegos en paz.
Os galícios foi unha invención do colonialismo castelán.
"Tiven que reflexionar moito sobre a norma, porque escribir en reintegrado péchache moitas portas"
Esta afirmación proba a falta de liberdade dos galegos na Galiza. Os galegos están prendidos na súa propia terra.
Senten que se prexudican se falaren a súa lingua nativa.
Será que só coa independencia da Galicia os galegos son respectados?
A represión colonialista non está a deixar outra alternativa.
#5 e #15 Por desgraça no único sítio em que fecha portas é na Galiza (onde a língua dumha e doutra banda do minho nasceu).
Manda caralho nom é?
Para olhares como é a repressom na Galiza a outra forma de entender a sempre arbitrária norma escrita apenas tes de ler o comentário fascistoide de #7.
Rectifico no meu comentário acima (#8). A Susana é uma das poetisas que tenhem a coragem que cumpre ter para fazer rexurdir o galego na Galiza!
Sabe que o único país en África que ten o Español como lingua oficial o vai trocar polo Galego/Portugués?
É verdade a Guinea Ecuatorial oficializou recentemente o idima Galego/Portugués e pediu a Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guinea- Bissau, San Tomé e Principe, Timor , Cabo Verde e Macau que enviasen libros e profesores que a Guinea Ecuatorial pagada.
90% da poboación da Guinea Ecuatorial xa fala o Crioulo Portugués pelo que non será difícil a substitución polo español que case ninguén fala.
O goberno quere acelarar o proceso para proscribir o castelán do territorio o máis rápido posíbel. Na transición o castelán é tamén lingua oficial.
Vexa: http://pt.wikipedia.org/wiki/G...
Como pode alguén sentirse prexudicado por escribir en galego/portugués na terra onde naceu o idioma de máis de 250 millóns de persoas?
Sabe que o único país en África que ten o Español como lingua oficial o vai trocar polo Galego/Portugués?
É verdade a Guinea Ecuatorial oficializou recentemente o idima Galego/Portugués e pediu a Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guinea- Bissau, San Tomé e Principe, Timor , Cabo Verde e Macau que enviasen libros e profesores que a Guinea Ecuatorial pagada.
90% da poboación da Guinea Ecuatorial xa fala o Crioulo Portugués pelo que non será difícil a substitución polo español que case ninguén fala.
O goberno quere acelarar o proceso para proscribir o castelán do territorio o máis rápido posíbel. Na transición o castelán é tamén lingua oficial.
Vexa: http://pt.wikipedia.org/wiki/G...
Como pode alguén sentirse prexudicado por escribir en galego/portugués na terra onde naceu o idioma de máis de 250 millóns de persoas?
O colonialismo castelán afoga a nación galega e todos os galegos.
#5 chairego
Dentro dos muros da colonización española non. No mundo si.
O españolismo é unha desgraza para os galegos e Galiza fecha as portas e liberdade.
Esta moza séntese sen forza para vencer o opressor. Os heroes da Galiza son prendidos como se fosen criminosos comúns. En democracia os pobos teñen dereito á autodeterminación.
#22 galleto
Toda persoa, cun mínimo de instrución, sabe que o galego é o pai da lingua portuguesa e que está a sufrir unha invasión por parte de Castela. Iso irá, se nada for feito, aniquilar coa lingua e cultura dun pobo que fala o idioma que deu orixe a toda a lusofonia actual. Non podemos colaborar con esta extinsión porque é un crime histórico. Deixemos, de opinar liviamente sobre unha cuestión tan seria e complexa. Se non é un lingüista entón non opine. Se quere opinar, deixe claro que non ten idea formada sobre o tema, porén, non sexa taxativo con algo que descoñece.. Se limparmos os tres séculos escuros en que o galego foi prohibido na Galiza e a administración galega substituida por casteláns teremos un galego moderno igual ao portugués actual. Se ten dúbida ouza estas falas http://br.youtube.com/watch?v=...
Quen dubida que o galego é idioma internacional?
Despois de prohibido na Galiza durante tres séculos case nada perdeu da súa originalidade:
http://br.youtube...
O noso idioma está vivo na Galiza e recoméndase.....
Uxia - Cantos na maré
http://br.youtube...
Dicir que galego non é portugués é un absurdo científico! Evidentemente que non estamos falando do castrapo, ou sexa, do galego da norma da RAG (Real Academia Galega). Para quen non sabe o que é castrapo paso a explicar. O castrapo é un portunhol, unha mestura de galego-portugués con castelán, que foi adoptado pola Real Academia Galega e que visa converter o galego nun crioulo do castelán. Todos, que son instruídos, saben que o idioma orixinal da Galiza é o portugués con acento nortenho, ou sexa, o que é falado no norte de Portugal. Amigos brasileiros e portugueses, por favor, non tomen como norma ese tipo de galego castelhanizado para excluíren nosos irmáns da Galiza, pois eles necesitan de noso apoio. A Galiza fala o galego-portugués, o portugués galego, o galego, como queiran. Mais non existe castelán na terra berce do noso idioma.
A lingua a que este artigo se refire é nada máis nada menos que un único idioma: o galego-portugués. Ese idioma é coñecido internacionalmente como portugués mais todos saben que é tamén falado polos galegos da Galiza. A modalidade que é imposta aos galegos de hoxe é unha deturpação lingüística, un idioma híbrido de galego e castelán, o que se chama popularmente de castrapo. Un crime cultural feito polo Estado Español a través da RAG. As vítimas pagan a realización dese crime cos seus impostos. Aqueles que defenden a volta do galego ás súas raíces libres de castelhanismos son chamados preconceituosamente de lusistas. Ao passo que os que defenden a modalidade deturpada do idioma son chamados de isolacionistas, visto que non ven como bos ollos unha aproximación do galego con seu "fillo" o portugués. É imperioso resaltar que os ditos lusistas ou reintegracionistas non queren a anexacion da Galiza a Portugal e si a revigoracion e preservacion do galego-portugués para que dentro dalgunhas décadas este non se veña a tornar unicamente máis unha variedade de castelán. Salvar o idioma nativo e materno dos galegos non é soamente unha cuestión lingüística mais tamén unha cuestión de preservacion de toda unha cultura de moitos séculos, mesmo milenar .
As televisões portuguesas na Galiza no Congreso espanhol
http://www.youtube.com/watch?v...
Reportagem da Plataforma TVs Portuguesas na Galiza
http://www.youtube.com/watch?v...
Cantante da 5a Estación confunde Galiza com Portugal
http://br.youtube...
Quen vive dentro do "muro" colonialista español perde a noción da realidade e de canto os galegos son prexudicados coa castelhanización da Galiza..
Nom ia intervir no debate, mas já andava a roer nas unhas e nom o puidem evitar; esta frasezinha chegou-me ao fundo: "Esta moza séntese sen forza para vencer o opressor" [comentário 21]
Hei de aclarar que a nova está construída em base a umha conversa telefónica que mativemos o redactor e mais eu. Ele fazia questons que eu respostava. Ambos eramos concientes de que sem livro editado era complicado falar de um livro. Perguntava ele sobre o que a ele [ou a vieiros] lhe interessava, e destacou aquelas questons que a ele lhe interessárom: resultou ser a questom da língua, mas isso nom quer dizer que seja o que mais me interesse a mim.
Já de entrada causa-me perplexidade que o feito de reflexionar provoque tanto debate, porque o que eu afirmo é que parei a reflexionar sobre um tema; dizia-o Reixa naquele programa da tele: "estamos en guerra, há que reflexionar".
Na frase que se me atribiu na manchete falta a dimensom espazo-temporal: eu penso e afirmo que escrever em reintegrado fecha portas AGORA NA GALIZA. Também estou convencida de que a longo praço é umha das únicas saídas para o galego. Por isso nom renunciei a esta norma: porque se algo possúo é paciência e estou disposta a aguardar o momento [o prémio faz-me pensar que ao melhor esse momento está mais perto do que eu pensava].
Mas de aí a ser umha vitimista, umha frustrada ou umha heroína oprimida vai um abismo, penso. Nom me identifico com nengúm desses três papeis, mal que lhes pese às pessoa que os proponhem.
Enfim, resulta mui divertido ver como a umha lhe som colocadas cartelas definitórias deduzidas e decididas depois de só ler um texto de autoria indirecta... e suponho que depois desta minha intervençom volverám a cair chuços. benvindos sejam.
Ah, e obrigadíssima polos parabéns àquelas pessoas que mos deram.
Eu som reintegracionista e estou orgulhosa!
Susana Sánchez Arins.
falar nom tem cancelas susana e neste país tamos mui acostumados a tirar pedras enriba do nosso própio telhado e ficar em discussons inútiles. li os teus textos e acho que muitos dos neo-flantes que aqui andam a tirar das vísceras deveria pegar mesmo bem vezes num dicionário para perceber alguns significados. os meus mais sinceros parabens.
#21 hai 20 horas e 21 minutos Verdade
"Dentro dos muros da colonización española non. No mundo si.
O españolismo é unha desgraza para os galegos e Galiza fecha as portas e liberdade.
Esta moza séntese sen forza para vencer o opressor. Os heroes da Galiza son prendidos como se fosen criminosos comúns. En democracia os pobos teñen dereito á autodeterminación."
Acertou en cheo é mesmo verdade.
#29 hai 10 horas e 59 minutos frangulha
En primeiro lugar quero dicir que os reintegracionistas son uns heroes por defenderen as súas orixes nun país ocupado.
Porén penso que en vez de escribiren o portugués do século XIX debían asumir a norma actual e universal. Por unha razón moi simple é que ao escribiren unha norma idéntica á usada por Portugal o século XIX son minoritarios en España e no mundo. Se escribisen na norma actual os escritores galegos tiñan un mercado de máis de 250 millóns de persoas e tornaban a causa galega do coñecemento de todos os pobos irmáns da fala. Gerar tamén unha dinámica dentro da propia Galiza que o idioma pasaba a ser máis usado por haber nel libros de todas as ciencias informática e de todo en xeral.
Na miña opinión está a haber un pouco de falta de coraxe a eses heroes reintegracionistas.
#31
"Oes evagl, e se pegas moito nun dicionario, acaba doéndolle?"
Eis o cúmio da ignoráncia sem pudor, amosada a cotio polos neofalantes isolinos que tentam dar lições do dialecto acastelanado que eles pretendem passar como língua galega.
No meu povo sempre dissemos, "pega aí" ou "agarra aí" quando queremos que alguem prenda uma cousa com as maõs. Pegar, no senso de bater, nom é tam empregado como bater, a menos que se fale castelám, língua na que "batir" nom concretiza essa acepçom tam galega de agredir físicamente ou espancar alguem.
No meu povo dizemos "pega no livro" ou "pegou na fouce", no senso de agarrar qualquer cousa.
O neofalante Lidor deveu aprender o galego tirando um cursinho na cidade e pensa que falar galego e traduzir literalmente do seu castelám.
Simplesmente RIDICULO