Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Suárez García e Alonso Ríos

Chegan á casa os corpos dos militares galegos mortos en Afganistán

Representantes institucionais da Xunta e do Estado participaron nun acto relixioso na súa honra.

Redacción - 14:30 11/11/2008

Xa están en Galiza os corpos dos militares Xoán Andrés Suárez García -natural de Mieres (Asturias) mais residente en Carballo dende hai dez anos- e Rubén Alonso Ríos- nado en Vigo-, que morreron en Afganistán esta fin de semana logo dun ataque talibán.

Á súa chegada á base que o Exército español ten na localidade pontevedresa de Figueirido, este martes á mañá, realizouse un acto relixioso en que participaron varios representantes institucionais da Xunta e mais do Estado.

Entre os membros do Goberno estaban o presidente, Emilio Pérez Touriño, e o vicepresidente, Anxo Quintana, así como as conselleiras de Política Territorial, María Xosé Caride, e de Sanidade, María Xosé Louro. Tamén asistiu o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Ademais, estiveron presentes, entre outros, o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, e varios ministros do seu executivo.


3/5 (4 votos)

Comentarios (11)

mineru #1 11/Novembro/2008 mineru
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

a ver si vieiros es mas serio en sus informaciones y no miente en sus cabeceras...ya que no son "os corpos dos militares galegos",si no que son,un gallego y un asturiano.

breixoak #2 11/Novembro/2008 breixoak
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A ver mineru, un tipo que casa para Carballo e vive alí é austrohúngaro? É galego, aínda que poida ser orixinario doutro lado

Menan #3 11/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Mira que és susceptible mineru.

Barcelos #4 11/Novembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O exército debe abandonar Afganistán, porque é unha invasión ilegal e inxusta, aínda que fose votada pola ONU.

Os militares da ONU invadiron Afganistán pola forza, sen que ninguén dese país lexitimado para iso, pediulles axuda. Molestan. Son uns intrusos e o lóxico é que intenten botalos ou eliminalos.

Como persoa, dóeme que maten a outras persoas e máis se son paisanos, pero eles saben ao que se arriscan e están alí voluntariamente. Afortunadamente é un exército profesional, porque se chegan a ser obrigados como cando fixen eu a mili, as manifestacións de protesta polas rúas ían estar á orde do día.

Non son nen galegos sin asturianus. Eran soldados e agora son cadáveres. Mineru non imonos pelexar por patriotismos absurdos.

ecoe #5 11/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Os militares eran €$pañoi$, pois a GZ non mandou nin podería.

ecoe #6 11/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Porqué os nomes, VIEIROS?

Significan acaso máis que os traballadores que onte morreron aplastados ún en Lalín (por qué non os poñedes nin os seus nomes), e antesdonte ou hai catro días en Ourense e A Cañiza?.

Tódolos días, e levamos 57 MORTOS, DE MORTE MATADA, legais, desde este derradeiro xaneiro?
A cánto idemnizan ás familias e fillos? 140.000 ouros por morto?

Os traballadores non morremos por diós e por €$paña, como éstes:
http://www.lahaine.org/index.p...

pucelano #7 11/Novembro/2008 pucelano
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

tes razon ecoe. manda carallo que os que morren " pola patria" sexan nomeados como, 1º se asw súas familias non tivesen dereitos de intimidade e 2º como se fosen moito mais por ser militares

rockandroll #8 11/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Pois se a mineru lhe parece mal que lhes chamem galegos, por mim nengum problema. Aliás, a mim os assassinos a soldo do exército espanhol, como muito podem-me inspirar nojo...

maleiro #9 11/Novembro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

http://www.lahaine.org/index.p...
Moi bó! Xustiño o que eu penso.
Xa se sabe o que xoga coas pistoliñas...pódese queimar.
Ah! e non son terroristas, son xente que defende o seu país e a súa cultura (polo que vexo, incomprendida "polo occidente").
E, istes politicastros do carallo? facendo o paripé de darlle consolo e agarimo ás viuvas e nais dos finados? Mira que teñen cara! Calqueira cousa con tal de manterse na cadeira.

aovellaquemira #10 12/Novembro/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

a) As minhas condolências às famílias dos finados.
b) A conduta de Touriño que amossa a foto parece-me nojenta.
c) Nestes dias todos os media, especialmente os estatais, andam criando uma pseudo-apologia do militarismo calcada da americana que, pessoalmente, tem-me farto.
d) Que fazem o exército espanhol no Afeganistão.
e) Que fazem galegas e galegos nesse exército? Não há choio melhor? Há tanta 'vocação'?

LANS #11 12/Novembro/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Se ser militar é um trabalho o que sofreram é um acidente laboral, e não estavam a fazer nada por Galiza e nem tão sequer por Espanha, em tal caso por o capitalismo espanhol. Listaram-se enganados ou porque não tinham outra saída laboral. Mas antes mendigar que policía ou militar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: