Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL

Os irmandiños xogarán contra Chile en Riazor e as irmandiñas contra Euskadi en Pasarón

A selección masculina ten a cita o día 27 de decembro e ao día seguinte saltará ao campo o combinado feminino.

Redacción - 20:15 11/11/2008
Este nadal cúmprense tres anos desta imaxe, coa que se marcou o comezo dunha era para o fútbol galego

Este nadal cúmprense tres anos desta imaxe, coa que se marcou o comezo dunha era para o fútbol galego

A Federación Galega de Fútbol decidiu este martes que o Galiza-Chile se xogue o sábado 27 de decembro no estadio coruñés de Riazor. Porén, as irmandiñas van ter este ano unha xornada propia para enfrontarse ao combinado feminino vasco: o domingo 28 de decembro (17 horas). Este partido disputarase no estadio de Pasarón (Pontevedra)

Á hora de decidir o Galiza-Chile, a FGF tivo moi en conta que Riazor e Balaídos son os únicos estadios do país con capacidade para acoller máis de 20 mil seareiros (hai que lembrar que o ano pasado superouse esta asistencia).

Na xuntanza tamén se decidiu que Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez sigan a dirixir o equipo masculina. Pilar Neira fará o propio coas irmandiñas.


4,94/5 (16 votos)


Comentarios (33)

Atlantico #1 11/Novembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Era Mellor Ferrol, teñen un campo bo de 12000 asentos, na Coruña xa hai futbol de nivel todo-los domingos.

rockandroll #2 11/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Bom, eu também tinha a ilusom de que fora na Malata, por aquilo do 90 aniversário do Rácing, mas eu vou onde seja...E Riazor é um estádio magnífico...

Xanzinho #3 11/Novembro/2008 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Bom, pois todos à Corunha no 27, e a Ponte Vedra o 28.
O caralhudo é que tinha que ir à Corunha por essas datas e sou de Ponte Vedra, assim que isto não me podia quadrar melhor :) hehe

Carbalho #4 12/Novembro/2008 Carbalho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que non acabo de entender, a ver se hai alguén que mo explique, é o de poñer o partido das mulleres ás 5 da tarde. E a xente que traballa? Sendo en día distinto, non podían poñelo ás 8 ou ás 9 da tarde? O ano pasado, que foi antes, moita xente chegada, como o meu caso, doutras bisbarras do país, apenas vimos un anaquiño do partido feminino, e este ano podíase cambiar esa tendencia. Non o entendo.

Sobre o do estadio, concordo que era mellor seguir rotando e levando a selección país adiante, aínda que a min persoalmente me cadre mellor A Coruña. Ademais, prefiro un estadio de 10-15 mil butacas cheo, e non un de 35 mil medio cheo (non sei se as cifras son estas nin de lonxe, enténdase a reflexión). En todo caso, haberá que facer o esforzo de tentar encher Riazor. Avante coas seleccións galegas!

Montemogos #5 12/Novembro/2008 Montemogos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Carbalho, seguramente por escribir máis alá da media noite, non te deches conta de que o partido das irmandiñas é un domingo. Daquela, pouca xente traballará. Porén, vas ter que ir comer a Pontevedra; se non, non che vai dar moito tempo. Eu tamén prefiro un estadio un pouco menor se vai estar cheo, aínda que sexa con menos espectadores (inesquecible o partido de 2005 en San Lázaro).

k3ltoi #6 12/Novembro/2008 k3ltoi
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

pois a min isto non che me gusta un pelo, preferiría que fose en calquer lado menos en Corunha, por tres motivos:
1- A xente non respondeu cando xogamos contra ecuador, na cidade nin sabian que xogaba a nosa selección, xa sei que en corunha hai de todo, pero tristemente e a diferencia das demais sedes, ibas pola rúa ou mesmo nos bares e non tinhan nin idea, POUCO INTERESE XERAL.
2- ¿Os Riazor Blues volveran a protagonizar o espectaculo dantesco que protagonizaron contra ecuador?, isto é, desmarcandose de Siareiros Galegos e indo para a sua grada de anarquistas....¿?¿?
3- Creo que as demais cidades tamen tenhen dereitos ao igual que Corunha

txari #7 12/Novembro/2008 txari
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

eu prefería Pasarón con menos capacidade, ou O Couto aínda que fosse. Rotar é bo e Riazor demasiado grande para ver de perto os goles galegos. Amáis por que dois días distintos para o partido masculino e feminino? Nono remato de entender...

carlinhos21287 #8 12/Novembro/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

so dicir que en coruña non se enchera... estiven no galiza vs ecuador e foi de longo o peor partido (por ambiente) dos 3 vividos ata o momento....

roixordo #9 12/Novembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu son da Coruña e tamén aclarar uns cantos puntos:
1) Se un mércores xúntanse entre 15 e 20 mil espectadores, un sábado pode rozarse o cheo.
2)Eu tamén preferiría que se xogase en outro lugar e ir rotando, aínda que a nivel persoal me cadre mellor.
3) Na Coruña hai moita xente implicada coa selección, e o "interese xeral" vivido o ano pasado en Vigo tampouco foi algo doutro mundo, principalmente oíndo comentarios tipo "esto es una vergüenza" pola rúa. En todas partes cocen fabas, aínda que algún siga autoenganándose.
4) ¿e factíbel que alguén prantexe a ideonidade ou non dunha sede polo que vai facer unha peña da equipa desa cidade? ¿ten que influenzar este tipo de decisión a posíbel actitude dos RB? por deus...
5) Temos tempo para organizarnos e montar un ambiente da ostia para ese día, a decisión está tomada, polo que penso que é mellor deixar os laios e poñerse a traballar.
ADIANTE GALIZA!

mnawe #10 12/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Vos dicides: "
¿Os Riazor Blues volveran a protagonizar o espectaculo dantesco que protagonizaron contra ecuador?, isto é, desmarcandose de Siareiros Galegos e indo para a sua grada de anarquistas....¿?¿?

¿e factíbel que alguén prantexe a ideonidade ou non dunha sede polo que vai facer unha peña da equipa desa cidade?"

E eu digo, ¿os fascistas de siareiros volverán montar o espectáculo que fixeron en Vigo o ano pasado e na Corunha o anterior?

Pois claro foi unha "vergüenza"

Eu o que non entendo é como o ano pasado lles deixaron entrar en Balaidos trala que montaron pola rúa

farias #11 12/Novembro/2008 farias
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Queredes que Riazor se encha? Pois non tedes máis que vir á Coruña a ver o partido, eu son coruñés e non tiven ningún problema en ir a San Lázaro cando xogou contra Uruguai, ¿ou pretendedes que enchamos Riazor soamente os coruñeses? O problema é que a máis de un a soa idea de pisar a Coruña dalle urticaria, el saberá por que.

Dobadeira #12 12/Novembro/2008 Dobadeira
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

HOla, pois eu estou en desacordo co feito de que os partidos sexan en lugares distintos e en fechas distintas, xa son ganas de marea-la xente, ou de sacarlle xente as nosas rapazas, porque está claro que a xente vai ve-los nosos a Coruña, pero logo achegarse ata Pontevedra é un palizón, e as que saen perdendo son as nosas rapazas.
Ó marxe de todo iso, eu fun a todolos anteriores e vin incluso dende Zaragoza tendo que regresar ó día seguinte, polo que tamén conto con ir este ano, ou meior dito contaba porque facer uns 500 quilómetros por culpa de algún incompetente que non quere poñe-los partidos no mesmo lugar, pois xa lles vale, o que algo quere algo lle costa, pero isto é un precio excesivo.
Este ano era de ser en Pasarón ou na Malata e punto,pero se temos que repetir Riazor por motivos de espacio pois todos a riazor o 27 a ver as rapazas e logo os rapaces e logo festa rachada sin facernos recorre-lo país enteiro para que Riazor esté logo medio baleiroun día e as rapazas estén desacompañadas outro.

Fago unha petición dende aqui: que se reconsidere a idea, que pensen nos que temos que desplazarnos dende fóra para velos partidos e non podemos andar brincando dun lado para outro.
Queremos ve-los partidos a igual que o ano pasado.

pepedaconcha #13 12/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Aquí non hai quen entenda a xente, o ano pasao todos criticando que as mulleres xogasen como primeiro prato dos homes, este ano, danlles un día diferente para elas e outra vez a protestar.

A min pareceme axeitado Coruña, xa que outro estadio mais pequeno quedaría xente sen poder ir por falta de entradas.

dumiense #14 12/Novembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Galiza tamén é interior!!!

carlinhos21287 #15 12/Novembro/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

claro que riazor non se enchera se van so coruñeses... eu son de santiago e fun aos 3 partidos... e repito que estou convencido de que o ambiente sera parecido ao gz vs ecuador... e foi o peor dos 3 vividos ata o momento... estou dacordo con #10, haber se este ano temos un partido sen incidentes.... saudos....

donpeixe #16 12/Novembro/2008 donpeixe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Son Riazor Blues e fun siareiro e defensor da unidade para estes partidos, non o serei máis, pedides unidade e non facedes máis que faltar ao respeto, e seino porque compartín grada e actos con siareiros, si na Coruña tamén.
Quizais si sería mellor que se xogara en Compostela. Veremos qué pasa Cando os compañeiros de grada dos Celtalkol veñan acopañando a HNT, eso si que é dar pasos pola unidade hahaha

Atlantico #17 12/Novembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu tamén son da Coruña, e para min os Riazor Blues son boa xente, dos que coñezo a varios, pero se ven alguén aqui a crear división e enfrontamento entre os siareiros galegos, dubido que sexa un Riazor Blues de verdade.

Carbalho #18 12/Novembro/2008 Carbalho
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Pois si que andaba eu na verza, vaia cousa, resulta que si é fin de semana e eu nin o pensara, como sempre nos caia entre semana, xa nin o mirara.

Nese senso, moito mellor, en fin de semana ten que ser unha festa, é agora ou nunca, unha oportunidade que se cadra tarda en repetirse (xa se sabe que isto depende moito dos calendarios das grandes ligas).

E no de seareiros e Riazor Blues, cento por cento de acordo. Que deixen de facer o indio montando algaradas, e que entre todo o mundo a animar as nosas seleccións, cadaquén con quen queira e como o que queira. A unidade ten que estar dentro dos estadios e cos nosos equipos.

E, pola miña banda, unha vez que caín da burra, si que me parece certamente positivo o de que as mulleres teñan un día propio. É cousa nosa facer que o estadio se encha, non da decisión. Será unha malleira ir até Pontevedra o domingo? Pode, pero máis o foi, para os que eramos e seguimos a ser do norte, ir o ano pasado até Vigo entre semana, e alí estivemos. Así que este ano estaremos tamén na Coruña e en Pontevedra. Hai que encher eses estadios sen pensalo!

pardodecela #19 12/Novembro/2008 pardodecela
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#16 Os únicos que faltades ao repeto sodes vós, o respeto de todos os galegos. Primeiro erades nazis, agora pseudo-nacionalistas e a este paso mañá seredes anarquistas. Por non falar dos "pijos" de "lacoru", eses galegófobos castelanfalantes, e as faixas escritas en castelán.

A única hinchada galega do depor son os Grei Gentalha.

pardodecela #20 12/Novembro/2008 pardodecela
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#16 Os únicos que faltades ao repeto sodes vós, o respeto de todos os galegos. Primeiro erades nazis, agora pseudo-nacionalistas e a este paso mañá seredes anarquistas. Por non falar dos "pijos" de "lacoru", eses galegófobos castelanfalantes, e as faixas escritas en castelán.

A única hinchada galega do depor son os Grei Gentalha.

roixordo #21 12/Novembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu non pertenzo a Riazor Blues e critiquei moito a actitude que tiveron unha parte (minoritaria) desa peña no Gz-Ecuador, pero se alguén buscou provocar incidentes ese día non foron os Blues, eso témolo claro todos os que estivemos no estadio. Por outra parte a ver se nos deixamos de caralladas, os de fora vides á Coruña (moitos poderedes coñecer unha realidade desta cidade que nin imaxinades) e montamos un ambiente fabuloso para ese día.
Por certo, Don Peixe, ¿realmente es dos Blues? dubídoo.
Adiante GZ!

roixordo #22 12/Novembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#18 ademáis de que es parvo, o teu comentario amosa ás claras que NON TES NIN PUTA IDEA. Se queres que te respeten, comeza respetando ti.

k3ltoi #23 12/Novembro/2008 k3ltoi
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

bueno, veremos a actitude dos RB este ano...
Eu pola minha banda pido unidade, e min gustariame ir o Faluya e tomar unhas birras tranquilamente, pero sei que se o mellor se me reconhece coma membro de fende testas non vou ser ben visto, ou se vai un membro de celtarras pode ser (seguro) que lle patean o cú.
Penso que o primeiro paso debeno dar os Riazor Blues integrandose TODOS en Siareiros Galegos como fan as demais hinchadas de Galiza e non so unha parte. Por que recordemos que son os únicos que non estan integrados plenamente.

roixordo #24 12/Novembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¿e se entra un RB no Luar? ¿páganlle ás copas? eu persoalmente gostaría que viñese xente de Fendetestas, de Celtarras e do resto das peñas que integran Siareiros ao Faluya, pero falo a xeito individual.

saLapa #25 12/Novembro/2008 saLapa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

buf! A Galiza interior tamén existe! Seguro que aínda que con menos xente, o ambiente era moito mellor en Ourense ou en Lugo.

trasancos #26 12/Novembro/2008 trasancos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A ver,

eu tamén penso que a selección debería de rotar e que o seguinte partido debería ser en Ferrol ou Pontevedra. Se San Lázaro foi un estadio moi válido para o primeiro partido non vexo porque Pasarón ou a Malata, coa mesma capacidade e ademais sen pistas de atletismo polo medio,non o poidan ser.

Pero unha cousa non quita a outra. O 27 hai que apoiar aos nosos rapaces e o 28 as nosas rapazas, sexa na Coruña en Pontevedra, Santa comba ou Mazaricos...

Veña, empezmos a afinar as mosas gorxas pra dentro dun mes e deixémonos de lerias....FORZA GALIZA!!!

http://www.terra-galega.org

k3ltoi #27 13/Novembro/2008 k3ltoi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Roixordo:
vexamos...cos celtarras non vos levades ben, os Fende*Testas tampouco e que vos caian en gracia, cos de Ferrol tamen andades a voltas... ¿algo de culpa teredes? ¿non?, porque os demais si nos levamos ben, no partido Compos - Ourense os Fende*Testas organizamos unha barra libre máis un concerto. Veu xente de Algarada Vermella (Ourense), de Celtarras, xente de Lugo... e todos de pm, creo que os que debedes analizar o por qué desta situación sodes vos.
Agora a nosa selección vai xogar alí outra vez e ainda por riba hai xente que non pode ver a xente doutros lugares de Galiza, e pode haber problemas, MAL VAMOS.


Santi, Xose LIBERDADE, Fende*Testas non vos esquece.

roixordo #28 13/Novembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

K3ltoi:
vexamos, se les ben as miñas mensaxes decataste que eu NON son de RB; lévome con siareiros de tódalas equipas de Galiza e nunca tiven problemas con ninguén.
O que si sei que no Gz-Ecuador de Riazor os dous parvos que buscaron bronca NON eran dos blues. Se entón non houbo problemas, non van existir agora, deixa de buscar fantasmas onde non os hai. Imos ir cada un ao seu cun obxetivo común, animar á nosa selección nacional.
Saudos.

Dobadeira #29 13/Novembro/2008 Dobadeira
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Perdón, non sabía eu que a xente pedía un día propio para as rapazas, se é así se a maioría da xente está dacordo pois ben feito, pero buscar campos mais xuntos iso si que o podían facer, que por seguridade vial non é plan andar unhas 10000 persoas para arriba e para abaixo por galicia adiante, que xa son épocas de moito desprazamento, e O INTERIOR TAMÉN EXISTE, non todo é Celta ou Depor, deixadevos de tanta caralhada(que si celtarras que si riazor blues)e sexamos todos uns: IRMANDIÑOS, disfrutemos do que temos ese día, ou polo menos deixade disfrutar ós que realmente imos para apoia-los nosos representantes logo de facer centos e centos de quilómetros; deixade a un lado as ideas póliticas e futbolísticas por un día e disfrutade.

cis #30 13/Novembro/2008 cis
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Para cando un torneo de paises celtas? Eire, Galiza, Escocia e Portugal. Seria a Re-ostia.

An_drade #31 13/Novembro/2008 An_drade
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu estive em Compos,Vigo e A Coruha e som de SSGG desde a sua creaçom. Nas 3 datas a gente respeitouse e nom houvo problema nemhum, mas sempre há algum tont@ q da a nota. @ que nom queria vir q nom venha mas é a selecçom de tod@s. Umha naçom umha selecçom!!!!

breogain #32 19/Novembro/2008 breogain
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O partido masculino en Pasarón agardemos que sexa para o nadal do 2009, que será cando teñamos rematada a bancada de preferencia e polo tanto o estadio enteiro, daquela haberá que enchelo e animar ás nosas cores tamen en Pontevedra, agardemos que cun bo partido tamén. E no tema de Siareiros Galegos, pois os de Pontevedra tamén pedimos unidade unha vez máis, aqui a xente de Furya Granate recibiravos cós brazos abertos e convidaravos a unhas cervexas no Revira para celebra-lo grande partido da nosa selezón, ese dia Riazor Blues, Celtarras, Fendetestas, Furya Granate...todos somos Siareiros e animamos á nosa selección nacional sen divisións nin discursos localistas, Galiza está por riba de todo.

Adiante Irmandiña !!!

GALIZAUNIDAPORTUGAL #33 11/Decembro/2008 GALIZAUNIDAPORTUGAL
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O FUTURO DA GALIZA É A COMUNIDADE DOS PAÍSES DE LÍNGUA PORTUGUESA, VEJAM:
O Secretário-geral da Federação Portuguesa de Futebol, Ângelo Brou, o Director do Departamento de Futebol e Formação, Carlos Godinho e o Coordenador Externo da Escola Internacional de Futebol da CPLP da Universidade de Brasília, Lúcio Flávio Vale, reuniram-se no passado dia 05 de Dezembro para discutirem a cooperação entre os Estados-membros da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) na área do Futebol.

Em digressão pelos países da CPLP, o responsável brasileiro teve encontros com as federações nacionais de cada Estado-membro. “O objectivo é fazer um levantamento sobre as necessidades mais prementes que estas nações sentem, quer no que diz respeito à formação, quer no que concerne às infra-estruturas”, explicou Lúcio Vale, em declarações ao Portal do Futebol.

“A receptividade das Federações tem sido muito positiva e o interesse e entusiasmo com que temos sido recebidos são bastante encorajadores. Portugal e o Brasil, pelo seu estágio de desenvolvimento no Futebol, têm responsabilidades acrescidas nesta área da cooperação. Encontrei, nesta visita à FPF, muitas ideias e uma vontade comum de ajudar ao desenvolvimento do “desporto-rei” nos países da CPLP”, prosseguiu.

Depois de Moçambique, Angola, Guiné-Bissau, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe e Portugal, Lúcio Vale termina esta ronda de visitas em Timor-Leste, para onde partirá em Janeiro.

Para Ângelo Brou, “a FPF está sempre disponível para contribuir com o seu “know-how” e experiência para o desenvolvimento do Futebol, nomeadamente nos países com os quais temos laços tão profundos, que vão muito além da partilha de uma língua comum”.

O Secretário-geral da Federação Portuguesa de Futebol lembrou ainda que “a troca de conhecimentos e a formação dos diferentes agentes é – neste aspecto – fundamental, tanto no que diz respeito a treinadores, árbitros, médicos ou fisioterapeutas”.

A Universidade de Brasília tem organizado diversas acções de formação com agentes desportivos dos Países da CPLP. Este ano, por exemplo, já teve lugar um curso de aperfeiçoamento para treinadores de Futebol, estando já em marcha uma acção idêntica destinada a árbitros, que terá lugar em Março/Abril de 2009.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: