Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na tarde desta cuarta feira

Ugio Caamanho sae en liberdade

Logo de cumprir a metade da condena que se lle impuxo estando en prisión preventiva.

Redacción - 12:09 12/11/2008
Rodrigues e Caamanho, no xuízo a pasada semana

Rodrigues e Caamanho, no xuízo a pasada semana

Segundo lle confirmaron a Vieiros fontes de Ceivar, o militante independentista Ugio Caamanho sairá na tardiña desta cuarta feira da prisión de Valdemoro, na que se atopa despois de asistir ao xuízo, xunto con Giana Rodrigues, a pasada semana, na Audiencia Nacional. A súa saída prodúcese xusto 48 horas despois de que Giana Rodrigues abandonase a prisión de Soto del Real.

Caamanho leva en prisión preventiva tres anos e tres meses, e esta mesma semana coñeceuse a súa condena: tres anos por un delito de danos, e 21 meses máis de prisión por falsidade documental. Impoñenlle tamén 1.620 euros de multa por furto de vehículo a motor. Ademais, deberá facer fronte, xunto, con Giana Rodrigues, aos danos que ocasionou a explosión da bomba e os costes do xuízo. Queda tamén inhabilitado para cargo público durante nove anos.

Xa cumpriu a metade da súa condena en prisión preventiva
Un preso non pode estar en prisión preventiva, sen xuízo, máis de catro anos. Se estando en prisión preventiva, se desenvolve o xuízo e se coñece a condena, a persoa obxecto da mesma non pode permanecer en prisión preventiva máis da metade dos días, meses ou anos que esta recolle. É dicir, que Ugio Caamanho sae en liberdade porque xa cumpriu, estando en prisión preventiva, máis da metade da súa condena, ao permanecer no cárcere tres anos e tres meses.

Porén, a sentenza non é definitiva. A defensa aínda debe presentar varios recursos: un primeiro na Audiencia Nacional, e un outro no Tribunal Supremo. De non saír adiante, Caamanho podería volver ingresar en prisión para cumprir o tempo que lle resta. Ademais, aínda está por coñecer a setenza do xuízo por un intento de fuga do cárcere de Cáceres, en febreiro de 2007, e polo que a Fiscalía pide de 5 meses de prisión.

Membros do colectivo Ceivar, da contorna de Caamanho e os seus familiares viaxarán a Madrid esta cuarta feira para recollelo.


Ligazóns

4,3/5 (27 votos)

Comentarios (44)

juli_gz #1 12/Novembro/2008 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

unha moi boa nova, alegrome moito por ugio e xiana, Agora falta SANTI e Xosé que os liberan xa do secuestro.

mnawe #2 12/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



luisfoz #3 12/Novembro/2008 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +16 Negativo]

Um abraço de benvinda para os dous.

Biosbardos #4 12/Novembro/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



carraboujo #5 12/Novembro/2008 carraboujo
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Vaia com os comentaristas de Vieiros, para quem a legislaçom anti-terrorista espanhola é branda de mais...ao contrário do que dizem Aministia Internacional, a ONU, etc.

UGIO, GIANA, ESPERAMOS-VOS COM OS BRAÇOS ABERTOS!!

Hermerico #6 12/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Desde que a madera se mete a fazer comentários em Vieiros isto dá nojo
Ugio e Giana , bem vind@s à terra!

morotxo #7 12/Novembro/2008 morotxo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Bemvido a tua casa!!!!!
Un saúdo e parabéns!!!

ANGR #8 12/Novembro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

À margem de valorar a sentença ou o estado (penal/policial) espanhol, direi que não me produz nenhuma satisfação saber que na Galiza há iluminados justificando a luta armada. Isso produz-me insatisfação, mas pensar que na Galiza há gente que por luta armada entende pôr bombas em caixeiros... Isso produz-me medo. Entendo que face a esta situação muita mais gente sentirá também medo e, como dissera o mestre Yoda, o medo conduz ao lado escuro.

piorno #9 12/Novembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

É inadmissível um sistema judicial como o espanhol que mantém umha pessoa na cadeia QUATRO ANOS sem julgamento, na mal chamada de prisom preventiva.

Uno-me às boas-vindas à Jiana e Ugio.

GalizaEmGalego #10 12/Novembro/2008 GalizaEmGalego
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

manha xoves as 6:30 da tarde haberá un acto de recivimento a XIANA no LOCAL SOCIAL A REVIRA em PONTE VEDRA (ARZOBISPO MALVAR).

manuelgz #11 12/Novembro/2008 manuelgz
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Estupendo a peza que fixeron as activistas de gzvideos recollendo o acto de benvida de onte, non o perdades http://gzvideos.info/bem-vinda...

UnDeTantos #12 12/Novembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Non estou dacordo con ponher bombas no noso territorio. Penso que a sociedade non está preparada para elo,nin nunca o estará.

Outra cousa é non ver o que lles fixeron a estes dous rapaces,mellor dito,é querer non velo. Como dicia o conto "non hai máis cego que o que non quere ver"

Benvidos á casa,a recuperar eses aninhos que vos roubou a "democracia espanhola"

galeguzo #13 12/Novembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Em que quedamos? É na tarde "desta quarta-feira", como se diz no antetítulo da notícia, ou na tarde "desta quinta-feira", como se lê no corpo da informação ;-)?

FalaGalega #14 13/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Sr Baltazar todo o que os patriotas galegos poidan facer ou tentado facer é ridículo en relación ao crime da colonización española da galiza.
Sr. Baltazar os crimes contra a Galiza feitos polo estado español comezaran o século XVI cando prohibiran o idioma galego na Galiza e trocaran os galegos por casteláns na administración pública.
Estes crimes non caducaram porque teñen sido continuados até hoxe.
Seguín-se tres séculos de represión intensa sobre os galegos, non podían falar era imposto que "hablasem".O genucídio étnico continuou.
As valas de cadáveres comúns aínda non levantadas? As multas por falar galego? As vivas obrigadas nas rúas da Galiza a punta de fusil á bandeira española, obrigando a gritar "arriba españa"? -Do asasinato de 190.000 galegos polas súas ideas políticas entre 1936 e 1967?
Aos nosos pais fusilados por defenderen a lingua da Galiza, non foi? ... que parvoice querer falar a súa lingua, non é? que parvoice defender a cultura....
Ah, xa non me lembraba, das rapazas que raparam-lle a cabeza por agochar republicanos...Das nais que violaran diante de todos , por seren "galleguistas"
A identidade que até hoxe é negada aos galegos . Aínda hai pouco tempo Rosa Díez dixo para toda a espanha ouvir: "Non nos interesa a identidade dos galegos"
Hoxe a RAG está a inventar un crioulo da castelán co galego para roubar o noso idioma nativo. Os crimes contra os galegos practicados polo estado español que comezaran o século XVI aínda non caducaram porque teñen sido continuados ese é un principio básico de Dereito que todos os señores xuíces saben e o señor Xusticeiro Baltazar sabe mellor que ninguén.
Coloque unha acción contra o estado español mostre que é homen e está do lado da xustiza e non do Poder.....

PoboCelta #15 13/Novembro/2008 PoboCelta
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

O colonialismo castelán tira a liberdade a persoas de ben.
O estado español é que ten que ser xulgado e condenado pola opresion dos galegos e negacion de identidade.

Verdade #16 13/Novembro/2008 Verdade
[Valora este comentario Positivo +16 Negativo]

Rosa Díez: "Non nos interesa a identidade dos galegos"
Esta xente é que está en liberdade e a vivir á conta do diñeiro dos impostos dos galegos.

FIN da COLONIZACIÓN da GALIZA

anacleto #17 13/Novembro/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galleto #18 13/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Insensatos e iluminados sí, chapuceiros tamén.

tinho #19 13/Novembro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

umha grande aperta
NOM MAIS FARSAS JUDICIAIS!!!

llinguateru #20 13/Novembro/2008 llinguateru
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

L'independentismu asturianu tamién celebra la llibertá d'Ugio y Giana.

GALIZA CEIBE
ASTURIES DIXEBRÁ

FalaGalega #21 13/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

#17 anacleto

Ninguén sabe exactamente o que se pasou.
Algún país colonizado por España de forma pacífica conseguiu a descolonización?
Porén o estado español coa ocupación da Galiza practica permanentemente un crime monstruoso en relación a millóns de persoas e os responsábeis non son xulgados.
Como pode outra nación gobernar a Galiza sen se exercer a autodeterminación?
Nós non somos casteláns a Galiza xa existía moi antes de España.

galleto #22 13/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



johnnyhammond #23 13/Novembro/2008 johnnyhammond
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galegodosul #24 13/Novembro/2008 galegodosul
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

FalaGalega, assim é que se fala!
Parabéns!
Um abraço fraterno de um Galego da Galécia.

Hermerico #25 13/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nom johnny, com dizer que eres parvo chega

Morcego #26 13/Novembro/2008 Morcego
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Congratulo-me que tenham libertado os moços.

Um abraço para ambos desde Portugal!

teixugo #27 13/Novembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Majorinus #28 13/Novembro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaviotero #29 13/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -16 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



olangullo #30 13/Novembro/2008 olangullo
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



anacleto #31 13/Novembro/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



johnnyhammond #32 13/Novembro/2008 johnnyhammond
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Menan #33 13/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



johnnyhammond #34 13/Novembro/2008 johnnyhammond
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaby_Otero #35 13/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



PoboCelta #36 14/Novembro/2008 PoboCelta
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

#28 hai 5 horas e 56 minutos Majorinus
Os tempos son outros o estado español non ten posibilidade de ser unha ditadura ao modelo antigo porque ficaba de fóra da Unión Europea. Senón ben o era.
Vivimos nunha democracia de fachada. Porque en democracia non pode haber presos políticos nin pobos colonizados.
Porque é negada á Galiza o seu dereito á autodeterminación?
Ese dereito está consagrado na carta das Nacións Unidas.

Majorinus #37 14/Novembro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



curruvello #38 14/Novembro/2008 curruvello
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu de pequeno poñia polvora nun tubo de pastillas de couldina e logo cun cordel poñíalle unha mecha e estoupei unha fiestra. Menuda bronca do meu pai.

O destes independentistas é de risa. Tanto na linguaxe que empregan como na posta en escea no xulgado deixaron de estar colonizados polos españois e pasaron a estar colonizados polos bascos. So falla que se muden os nomes : Gianakoa, Ugioko.

Hermerico #39 14/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

É umha alegria ver que o reintegracionismo é umha opçom estendida e no só pàtrimonio de radicais rojo-separatistas. Também há regionalistas democrata-constitucionalistas, razoáveis e bem comportados

johnnyhammond #40 14/Novembro/2008 johnnyhammond
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Hermerico, era de agardar d'alguén da túa simpleza mental un comentario como o que acabas de facer. Se Majorinus che di o mesmo pero sen reintegrar estaríaslle chamando directamente fascista e "non-comportado". Hahahahahahaha, é que escacho coa risa do subnormais que son algúns por aquí. Por certo, o que di Majorinus de que tedes que inventarvos "un inimigo feroz" para sentirvos heroes é totalmente certo. Cousas de serdes novos e de poucas miras. Regionalista-Constitucionalistas? Hahahahahahahaha, pensades que radicais e revolucionarios só podedes ser vós e que os demáis somos todos herdeiros de Falange. Putos niñatos. Ide dar leccións de politiquilla e de amor á puta patria a quen teña ganas de escoitarvos. Un patriota = un idota.

dende-o-quinto #41 14/Novembro/2008 dende-o-quinto
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

SANTI, JOSÉ, LIBERDADE!!
VIVA GALIZA CEIVE E SOCIALISTA!!

Majorinus #42 14/Novembro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ponto 1: eu não sou regionalista. Não obstante, ainda que o fosse, qual seria o problema? Hermerico, um dos teus problemas é usares a palavra «regionalista» como insulto: a imensa maioria das gentes do teu país são algo parecido a regionalistas. Então é um problema grave pretender falar em nome do Povo, fazer o Bem Supremo ao Povo, ao tempo que desprezas, sentes nojo, de tratar com a gente do teu povo. Esse nojo que sentes é a base do fascismo; todas as pessoas como Pol Pot sentirom uma parecida classe de nojo pela «chusma» igual ao que vó sentides. Por isso, porque tendes nojo de tratardes com a gente comum, os que trabalham, os que têm os problemas dos quotidiano, é que vos tendes que refugiar em locais como «A Revolta» onde apenas estades gente igualzinha a vós, e assim evitades ter que sentir nojo pelo «povo embrutecido». Os nobres do Antigo Regime deviam ter atitudes bastante semelhantes às boas – com a diferença, claro, de que vós não tendes a posição social que tinham eles.

Ponto 2: não sou «bem comportadinho» no sentido em que o ironizas. Na verdade tu és bem mais submisso, bem mais comportadinho, do que eu. Não tens a personalidade suficiente para te impores aos amigos que fazes no teu lugar (provavelmente Compostela, não é?), e como não tens essa personalidade, tens que adoptar a personalidade da seita para não te sentires sozinho. Essa combinação de carência afectiva com pressão psicologia da massa em contra do indivíduo, que entra nela para auto-anular-se, é o que está na base de todo fascismo, como o fascismo que estades a criar os independentistas. Pode-se ser independentista e democrata? Sem dúvida, e os parabéns para os independentistas quando isso suceda. Mas a dia de hoje sodes um movimento fascistóide, nem mais nem menos, e portanto inimigos da ética, da paz, e da gente. Da GENTE. Não suportades a gente, e por isso tendes que reduzir o mundo ao tamanho do vosso quarto. Realiza-se em vós o mesmo que dizia Unamuno a respeito de Millán Astray: sodes uns mutilados que, no rancor que isso vos provoca, aspirades a sentir-vos melhor criando um mundo mutilado, feito à vossa medida.

FalaGalega #43 15/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Os crimes que a colonización provoca.
Se a Galiza fose libre non había persoas de ben a facer loucuras.

Majorinus #44 15/Novembro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fé de erratas: queria dizer: »Os nobres do Antigo Regime deviam ter atitudes bastante semelhantes às vossoas». Tanto escrever às pressas...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: