Baséase nun informe da ONU que lle pide ao goberno español que non desprece os dereitos das vítimas mediante o esquecemento, cumprindo coas leis internacionais.
Amnistía Internacional presentou un informe no que lle lembra ao Estado Español que debe protexer os dereitos das vítimas dos crimes do pasado, cumprindo coas súas obrigas internacionais. Así, ten que garantir que se investiguen xudicialmente as desaparicións forzadas cometidas durante a guerra civil e o franquismo.
O Comité de Dereitos Humanos da ONU presentou o 31 de outubro o proxecto de observacións finais ao quinto informe periódico sobre o Estado Español, despois de máis de 12 anos de silencio, e nel recoméndalles ás autoridades españolas que cumpran coas súas obrigas internacionais como estado parte do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos.
O comité salienta os obstáculos que se lles puxeron ás vítimas para obter xustiza e instou o Estado Español a derrogar a Lei de Amnistía de 1977 e garantir que os crimes contra a humanidade non prescriban. Tamén lle pide ao goberno español que constitúa unha comisión independente para estabelecer a verdade histórica sobre as violacións dos dereitos humanos no anterior réxime e que garanta a restitución dos restos das vítimas aos seus familiares.
Para Amnistía Internacional, o Estado Español, o que ten un meirande número de casos de desaparición forzada denunciados perante os tribunais, estivo a prolongar unha situación de inxustiza que o sitúa entre os poucos estados do mundo que lle viran as costas á súa obriga de investigar delitos de dereito internacional que constitúen crimes contra a humanidade. Pola contra, pon o exemplo de países como Perú, Marrocos, Timor Leste ou países sucesores da antiga Iugoslavia, que deron xa pasos para esclarecer crimes do pasado.
Tamén salienta a ONG que o Ministerio Fiscal español paralizou as investigacións invocando a lei de 1977, o que pode supoñer o estabelecemento de mecanismos de impunidade incompatíbeis coa legalidade internacional. Esa legalidade deixa fóra os estados que desprecen os dereitos das vítimas mediante a lóxica do esquecemento.
Estas son as conclusións incluídas no documento Mitos e distorsións e o informe España: A obriga de investigar os crimes do pasado e garantir os dereitos das vítimas de desaparición forzada durante a Guerra Civil e o Franquismo, que acaba de presentar Amnistía Internacional. Nos dous casos, salienta que as alegacións da Fiscalía son incompatíbeis tanto co dereito internacional como coa lexislación estatal.
O Estado Español é un dos territorios aos que o Comité de Dereitos Humanos das Nacións Unidas lles tivo que recordar que non se poden invocar amnistías nin alegar prescricións no que atinxe a este tipo de crimes, xunto a Chile, Arxentina, Perú, Líbano, Francia (Nova Caledonia), O Salvador, Haití e Uruguai.
Ese Informe da ONU é moito máis amplo de contidos e esixencias que as que a noticia aquí limita -da Memoria, dos asasinatos das persoas feitas desaparecer, que son moitísimos casos-.
Sinala que xa no 2002 tiñan que ter revisado o compromiso do €$tado €$apañol cas sinaturas que leva rubricado nos DOCUMENTOS INTERNACIONAIS SOBRE CONVENCIÓNS DE DEREITOS.
Entra o documento na preocupación sobre o LONGO PERÍODO DE DETENCIÓN para casos alegados de sospeita de terrorismo, desde o 2003 con 5 días e nas INCOMUNICACIÓNS (!!) PRORROGABLES ATA 8 DÍAS.
Poñen en solfa as RESTRICCIÓNS PARA COMUNICARSE C*S ADVOGAD*S, e destacan a inoperancia nas MEDIDAS DE PREVENCIÓN (TORTURA E MALOS TRATOS), e reclaman EXPLÍCITAMENTE o recoñecimento de ´TÓDALAS GARANTÍAS PROCESAIS.
Por outra banda tamén denuncia o COMITË da ONU, o exceso de uso do concepto do terrorismo NO ORDEAMENTO XURÍDICO INTERNO, e o seu enlongamento para utilizalo tamén noutros terreos xa exteriores ó propiamente dito.
Neste campo intencionalmente deturpado, entran as restriccións ó dereito de libre expresión, manifestación e asociación cando fan extensivo o todo é garzoniano globalizado actualmente na xudicatura.
Veremos cómo reaccionan ante este marcaxe que o organismo superior extraterritorial e internacional da ONU exerce sobre as oscuras prácticas nos dereitos das persoas.
Seica igorando este organismo da ONU unha outra vez é o caso que lle vai facer o Goberno ZP do pesoe, pois anuncian recrudecimentos penais no obxectivo da PRISIÓN PERPÉTUA CAMUFLADA.
Porqué non informar sobre esto, Vieiros? Súmanse vostedes ó pesebrismo institucional das empresas de comunicación? Pois delo falou o Javier Ortiz e mais ISG: http://www.insurgente...