O goberno deste último país é de maioría 'tutsi' como os rebeldes congoleses. O envío de tropas angolanas confirmouse oficialmente esta cuarta feira.
Un soldado do Exército congolés
O sábado pasado fontes militares da ONU informaban que militares angolanos participaran o día anterior xunto ao Exército do Congo en combates contra o Congreso Nacional da Defensa do Pobo (CNDP). O viceministro de Exteriores de Angola, Georges Chikoty, confirmaba oficialmente esta cuarta feira que enviarán máis tropas, aínda que non con que obxectivo: en misión de paz ou para amparar o goberno congolés, tal e como lle solicitou o pasado 29 de outubro.
O conflito podería ir a peor se o goberno de Ruanda, de maioría tutsi ao igual que a guerrilla liderada por Laurent Nkunda, decide intervir aproveitando esta circunstancia. Os rebeldes, que decretaron un cesamento do fogo o domingo, afirman querer negociar directamente co goberno de Joseph Kabila, o que acusan de amparar as milicias hutu ruandesas logo do xenocidio dos 90.
Angolanos e ruandeses xa combateran durante a Segunda Guerra do Congo (1998-2002). Daquelas Ruanda e Uganda apoiaban as forzas opositoras e controlaban territorios ricos en café, ouro e estaño. Cimbabue e Angola enviaron tanques e avións de combate; en troques, conseguiron acceso ás minas de diamantes e cobre.
A quen se lle ocorreu poñer un mapa en que a República Árabe Saharauí Democrática, que tantos anos leva loitando pola súa liberdade e independencia, aparece como territorio marroquí?
#1
Xa me gustaría a min que Galiza saíse nos mapas de Europa que hai por aí adiante, polo menos tal e como sae o Sáhara neste que aquí aparece.
Fan ben en tratar de expulsar a tódolo interventores extranxeiros, mais non sei si os máis importantes serán os ruandeses. Eu inclinaríame ó tempo, e mesmo antes polos €Urop€o$ (franceses, alemás, ingleses, BELGAS, e sen dúbida os CIAticos que non faltarán (a ver si vai andar tamén o mister relacións internacionais U€ o tal Solana,ése que seica ben veranear polas R Baixas tamén !!).