As achegas económicas, para as persoas que xa foron declarados DGAN, aumentan case un 17% respecto ao ano pasado.
O padexeiro David Cal xa aparece incluído na listaxe de DGAN
O DOG (Diario Oficial de Galicia) publica esta quinta feira o anuncia da convocatoria do programa de axudas 2008 para as persoas que xa solicitasen a súa inclusión na listaxe de DGAN (deportistas Galegos de Alto Nivel).
Para conseguir estas axudas económicas, que este ano aumentaron un 17%, valoraranse os resultados deportivos obtidos polos e polas solicitantes no período comprendido entre o 20 de novembro de 2007 e o 13 de novembro de 2008, ámbolos dous incluídos.
Entre os máis de 200 deportistas que foron recoñecidos como DGAN destacan os campións olímpicos Antón Paz, Fernando Echávarri e Carlos Pérez, Perucho; o duplo medallista olímpico, David Cal; os atletas Santi Pérez, Elías Domínguez, David Gómez; e os/as olímpicos Xabier Gómez Noya, Teresa Portela, Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez; a taekwondista Estefanía Hernández; e os regatistas Roberto Bermúdez "Chuny" e Tamara Echegoyen, entre outros.
deportistas galegos de alto nivel... iso quen o mide?? as marcas nos tempos realizados ou as marcas dos golpes no corpo por practicar un deporte alegal como a billarda??
por certo , os xogadores da selección basca de futbol non van xogar o amistoso contra irán de non levar na camiseta Euskal Herria , iso é alto niven non os apesebrados que adoecen por vestir a camiseta española e xogan sen rechistar cunha camisola que nen sequera pon galicia senón Selección Galega , a ver cando fan un prante para por GALIZA, iso si é alto nivel!!
Daviciño, apura, que se esgotan os cartiños e logo choras...