Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise na automoción

Citroën decide suprimir unha quenda de noite, deixando na rúa a 900 eventuais

Os pesimistas prognósticos dos sindicatos vanse cumprindo, e a factoría viguesa podería terminar o ano con perto de 1.200 traballadores menos.

Redacción - 11:00 14/11/2008
A quenda de noite que para é a que fabrica o C4 Picasso

A quenda de noite que para é a que fabrica o C4 Picasso

Cando a crise comezou a zoupar no sector da automoción no noso país, onde están a traballar unhas 20 mil persoas, os sindicatos prognosticaron que a finais de ano poderían quedar sen emprego unhas 1.500 persoas eventuais, ás que non se lles había renovar os seus contratos.

Esta quinta feira, de tarde, sóubose que os cálculos máis pesimistas se estaban a cumprir: Citroën decidiu suprimir a quenda de noite do sistema dous, deixando na rúa entre 800 e 900 empregados eventuais. Con esta cifra, os parados deste sector, cara finais de ano, chegan aos 1.200, xa que previamente se tiñan suprimido outros 300 postos eventuais dentro da factoría viguesa. A quenda que ha parar o primeiro de xaneiro de 2009 é a que traballa na liña de montaxe do Citroën C4 Picasso e o Gran C4 Picasso, nos seus modelos de cinco e sete portas.

Unha noticia de última hora
Ao parecer, a noticia do peche desta quenda colleu de sorpresa aos sindicatos, e mesmo aos responsábeis da factoría. A primeira hora da tarde desta quinta feira, a dirección anunciáballe, a un reducido grupo de representantes do comité de empresa, as novas medidas redutoras. A pesar de que hai uns días as previsións eran outras -o propio director da fábrica, Pierre Ianni, dixera que en xaneiro había mellorar a produción-, chegou un informe de Francia que confirmaba a tendencia negativa experimentada no segundo semestre deste ano, que podería continuar nos primeiros meses de 2009. O documento confirmaba que non ía haber actividade para manter as tres quendas ao completo, e que as bolsas de horas e outras medidas de flexibilidade non estaban axudando a resolver unha situación que xa era estrutural.

A dirección da factoría viguesa tamén falou da posibilidade de fixar un día máis de paro e engadilo aos tres xa previstos para o mes de decembro na liña de construción do C4 Picasso. O novo día de paro podería ser o vindeiro 5 de decembro, que se sumaría aos paros dos días 9, 10 e 11 dese mes. Estes paros significan que do 5 ao 7 de xaneiro non vai traballar ninguén na factoría, o que ha provocar o paro das empresas auxiliares e fabricantes de compoñentes, que son as máis afectadas, porque non dispoñen de medidas temporais para paliar a falta de traballo. Nos vindeiros meses, os sindicatos sinalan que se poderían presentar varios ERES (Expedientes de Regulación de Emprego) nestas empresas.

Unha quenda afectada
Até o de agora os sindicatos loitaron porque a baixada da actividade non afectase á situación laboral dos empregados. Neste sentido, xa se tiñan reducido, na quenda de noite, as horas traballadas de cinco e cuarto a catro e cuarto, e os automóbiles terminados de 55 a 45.

Arestora, e empresa e comité están a negociar sobre a redución, que non afectará nin aos traballadores fixos nin aos eventuais con contrato aínda en vigor, senón a aqueles eventuais cuxos contratos terminan, que non serán renovados. Estes 900 traballadores son de distintas quendas (de noite e de día) e teñen xornadas laborais distintas, que van das oito ás catro horas e cuarto.

A CIG advirte que "faltan medidas reais contra a crise"


5/5 (1 votos)

Comentarios (7)

ecoe #1 14/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Mentides, ninguén vai á rúa, que o dixo o conselleiro de Traballo, qsue confiaba en que ninguén fora.!

Atlantico #2 14/Novembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa me tardan os troll lusistas en vir estropear esta nova.

pruebasa #3 14/Novembro/2008 pruebasa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

moi malas novas, eso quere decir 2x na industria auxiliar osexa uns 5.000 persoas afectadas contando os familares afins, hipotecas e embargos o carrallo e mais emigración pra fora de Galicia...

e os capullos do bng+pp+psg decindo que Vigo duplica a pobación en 15 anos pra facer mais do dobre de vivendas que as que ten hoxe Vigo, pra cagarse...

Carlinhos #4 14/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ao final nem com "sindicalismo vertical" é boa a patronal.
O Governo Galego deve nacionalizar e, co dinheiro da devoluçom dos investimentos e subsídios todos das administraçons em Citröen, a fabricarmos o Galemóbil eléctrico.
De fazerem tinghlados que os fagam a grande escala e em benefício de tod@s!

Carlinhos #5 14/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#4, Bom; tamém me val a gesta-lina e o tojo-etanol para partidári@s do motor de explosom.

teixugo #6 15/Novembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E os Presidentes da Xunta de GaliCIA mercam Audi... mas o Presidente de la Republique vai em Citroën.

Carlinhos #7 15/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quem é máis culpável? Os presis, vicepresis.... que mercam Audis, eu próprio que merquei um japonês e nom um Citrooën, o mais barato coas as mesmas prestaçons de segurança deste e doutros fabricantes máis caros) ou os trabalhadores que venhem, durante décadas, trocando interesses de classe por benefícios particulares a retroalimentar assi o sistema de produçom que hoje os pom na rua? tod@s somos culpáveis, ninguém e inocente, ou fas parte do problema ou fas parte da soluçom.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ao fondo, a factoría de PSA-Citroën / Flickr: trodriguezontiveros
Ao fondo, a factoría de PSA-Citroën / Flickr: trodriguezontiveros
Automóbiles agardndo no porto de Vigo / Flickr: Alejandro Arce
Automóbiles agardndo no porto de Vigo / Flickr: Alejandro Arce
Citroën chegaba á súa mellor marca de produción. En decembro do ano pasado saía este C4 Picasso, o coche nove millóns
Citroën chegaba á súa mellor marca de produción. En decembro do ano pasado saía este C4 Picasso, o coche nove millóns