Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FONDOS PÚBLICOS

Dous millóns de euros para os colexios privados que rexeitan a educación mixta

A CIG-Ensino sostén que esta é a cantidade que recibiron da Xunta os cinco centros do Opus Dei que, en Vigo e na Coruña, segregan os alumnos por cuestión de sexo.

Redacción - 11:30 14/11/2008

Máis de dous millóns de euros iso é o que percibiron da Xunta os cinco centros do Opus Dei a pesar de non permitir a educación conxunta de nenas e nenos. A CIG-Ensino que con estes fondos subvenciónanse seis unidades de Primaria e catro da ESO nos centros de Las Acacias, Montecastelo e Aloya, en Vigo; e Montespiño e Peñarredonda na Coruña.

Tal e como informabamos o pasado mes de setembro, a Consellaría de Eduación mantiña o concerto cos centros educativos que separaban nenas e nenos. Logo de que os diferentes sindicatos con presenza no ensino criticasen estas subvencións, Touriño garantiu que o vindeiro curso non haberá máis axudas a colexios que non permitan a coeducación.

A CIG-Ensino sinala que tivo un encontro coa conselleira na que exixiu unha actuación inmediata para que os centros deixen de percibir fondos públicos. Segundo o sindicato, a consellaría xustificou a súa posición argumentando que non podía actuar até o vindeiro curso porque non había probas. Porén, lembran, que nas propias páxinas dos centros recoñecen que impiden a matriculación conxunta de rapazas e rapaces.


4,5/5 (8 votos)

Comentarios (25)

alboiando #1 14/Novembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo -13 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Tino #2 14/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Lead_bocas #3 14/Novembro/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Vakaloura #4 14/Novembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galegoportuguesa #5 14/Novembro/2008 galegoportuguesa
[Valora este comentario Positivo +17 Negativo]

Imos ver: segregaçom é sinónimo de discriminaçom, e aqui nom se está discriminando a ninguém, simplesmente se está separando, em igualdade de condições, nenos e nenas; já que logo, ningum fica segregado com respeito ao outro.
Por outra banda, #4, se ao ensino público lhe falta qualidade nom há de ser polos quartos investidos no privado, posto que a exitência de colégios concertados o que fai é reducir custos, na medida em que se os concertados fossem integramente privados haveria que multiplicar os investimentos na pública, posto que muitos dos pais que pagam colégios concertados nom poderiam pagar colégios exclusivamente privados. Em conclusom: haveria dous ou três colégios privados verdadeiramente elitistas e o resto, a viver do que se poida.

Carlinhos #6 14/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



micsha #7 14/Novembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

La Administración está para servir a los ciudadanos. Y si hay ciudadanos que quieren colegios de ese tipo, esos colegios tienen derecho a existir. Y si tienen derecho a existir, tienen derecho a recibir las mismas subvenciones que cualquier otra institución, organismo o asociación de tipo privado.

alboiando #8 15/Novembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo -15 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Lead_bocas #9 15/Novembro/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaviotero #10 15/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -24 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaviotero #11 15/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -26 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaby_Otero #12 15/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo -20 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galegoportuguesa #13 16/Novembro/2008 galegoportuguesa
[Valora este comentario Positivo +21 Negativo]

#8, Alboiando, no referido á falta de qualidade do ensino público, fazia alusom ao comentário 4: "Para iso temos; aínda que sen calidade; o ensino público", como já maticei anteriormente.
E em quanto á separaçom de negros e brancos, ciganos e paios, por exemplo, nesse caso sim poderiamos falar de segregaçom, posto que se discrimina por razões étnicas, ao considerar que a raza branca ou paia é superior á negra ou cigana e, já que logo, nom devem ser mesturadas. Pola contra, separar nenos e nenas nom implica considerar superior os uns a respeito das outras ou viceversa, mas simplesmente separá-los atendendo as suas diferenças sexuais e o que isso pode repercutir na sua educaçom, que, estejamos de acordo ou nom, nom conleva discriminaçom.

Freemannnnn #14 17/Novembro/2008 Freemannnnn
[Valora este comentario Positivo +21 Negativo]

Dar milhões de Euros a colégios por rejeitarem ou não a educação mista é uma grave intervensão do estado sobre o direito dos pais.
Todos pagam impostos e é aos pais que compete o direito de escolher a educação dos seus filhos.

galrinoso #15 17/Novembro/2008 galrinoso
[Valora este comentario Positivo +21 Negativo]

Todos pagan impostos o diñeiro que o estado gasta con cada alumno no ensino público tiña que pagar a cada alumno que estiver no ensino privado xa que non fai ese gasto na escola pública.
É aos pais que compite escoller que educación queren dar aos fillos. Os pais só deberían soportar a diferenza se colocaren os fillos no ensino privado máis caro. É un abuso o estado interferir nas cualificacións dos pais e das familias.
Estado que quere mandar nas familias e nos seus dereitos é peor que fascismo.

papuxa70 #16 17/Novembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galrinoso #17 17/Novembro/2008 galrinoso
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

#16 hai 3 horas e 43 minutos papuxa70
Todos os pais pagan impostos. Por iso e Estado non pode ficar eximo de pagar a educación a todos. Quen decidir colocar os seus fillos no privado só debe pagar a diferenza. Iso permitía que familias con menos diñeiro tivesen a liberdade de escoller a calidade da educación que queren para os seus fillos.
Se os máis pobres foren obrigados a iren para as escolas públicas é o Estado que as doutrina sobre todos os puntos até políticos.
Os Estados e os gobernos a venderen as súas ideas nas escolas só porque os estudantes ou os seus pais non teñen diñeiro para colocar os fillos no local que lles dea confianza iso si é descriminação económica e fascismo do século XXI.
Por iso quen for para o privado só debía pagar a diferenza o Estado non pode fuxir á parte que lle pentence pagar.Non se pode permitir que o Estado cos impostos poida manipular a educación tirando un dereito fundamental aos pais de seren os educadores dos seus fillos.

descrente #18 17/Novembro/2008 descrente
[Valora este comentario Positivo -13 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galrinoso #19 17/Novembro/2008 galrinoso
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

#4 hai 3 dias Vakaloura e #18 hai 17 minutos descrente
Con todo o respecto a vosa opinión representa unha envexa miserenta daqueles que andan no privado. Comparar educación que o Estado está obrigado a pagar a todos de forma igual co Deportivo é dunha enorme pobreza de espírito.
Todos pagan impostos e non é polos fillos iren para as escolas privadas deixando o estado de gastar o diñeiro que lle competía que os pais pagan menos impostos.
Hai escolas públicas con custos por alumno superior á privadas e son soportados por todos.Estamos aquí perante un dereito e unha obrigación.
O dereito que os pais teñen que educar os seus fillos. A obrigación do Estado pagar a todos a educación dos seus fillos cos custos por igual sen discriminación.
Quen colocar os seus fillos no privado só debe pagar a diferenza. O Estado non pode fuxir á súa obrigación pagando a súa parte.
Para vós as escolas privadas só poden ser para ricos e iso é contra a liberdade da educación que os pais teñen dereito. Polo contrario se os pais pagasen só a diferenza moita poboación pobre podía ter a liberdade de colocar os seus fillos en escolas de confianza.
Coa vosa forma de pensar o Estado a través dos impostos gaña o poder de doutrinar os máis pobres.Iso é envexa, fascismo do século XXI é tirar dereito aos pais máis pobres.
Que democracia é a vosa?
O estado non pode ser quen manda na educación dos fillos. San os pais. Te de haber respecto polas familias.

Antiespanolista #20 17/Novembro/2008 Antiespanolista
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Concordo que o Estado ten que tratar todos os cidadões de forma igual. É fascismo discriminar escolas mixtas das outras.
É tamén importante que sexa os pais os responsábeis polo tipo de educación dos fillos. O Estado tiña que dar un subsidio a cada familia a que teña os fillos no ensino privado igual ao que custa ao Estado se ese fillo estivese no ensino público a que ten dereito .
Outro tema importante para aquí comentar é como o estado xestiona estes diñeiros.
Na Galiza a intervensão do Estado na educación debería ser mínima, porque somos unha nación que non exerceu o seu dereito á autodeterminación e por iso a política de educación serve o interese de Madrid e non da Galiza.
Aquí na galiza temos aínda o problema da definición da norma escrita do noso idioma nativo.
LÍNGUA É UNHA COUSA NACIONALISMO É OUTRA
Na Suiça teñen 4 linguas oficiais o alemán, italiano, francés e romanxe, porén son politicamente un só Estado nación.
Na Bélxica teñen o francés e o flamengo e son politicamente un só Estado nación.
No México, Arxentina e toda a América Latina coa excepción do Brasil todos falan español e son estados independentes mesmo facendo fronteiras uns cos outros.
Por iso o idioma non impón a nacionalidade a ninguén.
Os políticos españois teñen cometido o grandíssimo erro de prohibir a norma escrita do galego universal na Galiza.
O independentísmo tamén é coñecido como as flores do mal. Sempre que algo está errado el florece e crece.
Este castrapo que tamén é coñecido como crioulo de castelán con portugués da RAG dá forza ao independentismo.
Os políticos aínda non entenderan que Portugal non representa ningunha ameaza á unidade do Estado español.
A forma de puxo máis febles os independentistas é oficializar o galego universal na Galiza e abrir a television aos canais portugueses na Galiza.
Con esta decisión gañaba a Galiza e a España.
Polo contrario se continuarmos co castrapo os independentistas gañan cada vez máis forza.
A discusion linguistica na Galiza nunca máis acaba porque todos sabemos que o idioma que internacionalmente é coñecido como portugués é o certo galego e naceu ben na Galiza.
Se nada se fixer atempadamente imos ter violencia e até guerrilla. O independentismo ten cada vez máis simpatizante.
A colonización linguistica é a gran arma para os independentistas manteren viva a súa causa, cabe aos políticos desarmalos.
Pola paz e seguridade de todos os galegos e galegas.
Ora queren pór o Estado a mandar na educación dos nosos fillos. Estado que ensina a dicir Galícia en vez de Galiza. Estado que ensina a dicir e a escribir o nome do noso país en castelán en vez de galego.
Ora ben, nin todos os escritores nados na Galicia usan a lingua galega/portuguesa para escribir os seus textos deben ser clasificados de dúas formas diferentes:
- Escritores da Galícia - Ou Galícios- onde deberán ser incluídos todos aqueles escritores que empregan a lingua castelá ou a actual normativa hispanófona (o crioulo portunhol ou castrapo) para a escrita do portugués da Galicia. Esta categoría debe ser unha subcategoria de "Escritores da España", e aí debe estar o señor Camilo José Cela.
- Escritores da Galicia ? Ou Galegos- onde deberán ser incluídos todos aqueles escritores galegos anteriores á creación da "Comunidad Autónoma" e todos os actuais que empregan a lingua portuguesa na súa variante galega para representar as falas de todos os territorios galegos, de dentro e fóra da "Comunidad Autónoma". Aí deben estar os Gil, Herrero, Cáccamo, mais tamén Guerra da Cal e Carvalho Calero, e tamén Castelao, Bouça Brei, Curros e Rosalia, e tamén Meendinho, Martim Codax, Soares de Taveirós e Pero Meogo.

É a este Estado que se quere dar o poder de doutrinar os nosos fillos? E quen non quizer que os seus fillos sexan doutrinados paga todo. É xusto que só pague a diferenza.

rolandomo9 #21 17/Novembro/2008 rolandomo9
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

#20 Antiespanolista

Moi ben Españolista entregar a educación dos nosos fillos na Galiza ao Estado é o mesmo que entregar o ouro ao bandido!

A GRANDE INXUSTIZA EN CRITICAR QUEN ESCRIBE EN CASTRAPO A DEFENDER O NORMA DO GALEGO INTERNACIONAL
Hai moi que teño asistido a comentarios criticando persoas que defenden o galego escrito na norma universal por escriben en castrapo.
Cerca de 90% dos galegos como eu sabemos que o certo idioma galego é escrito e falado correctamente a sur do río Miño. Os galegos a sur do río Miño tornáranse independentes e tiveran o desenvolvemento natural do idioma galego sen a colonización linguista castelá o que non aconnteceu cos galegos a norte do río Miño.
Nós na Galiza somos vítimas da ocupación castelá. Non nacemos nin fomos educados na cultura galega mais debaixo do dominio dos casteláns. Non somos unha nación libre:
1- Nas escolas aprendemos a escribir en castelán e non o noso idioma galego orixinal.
2- As canles de televisión que entran en nosas casas son de lingua castelá o que influencía a nosa fonética galega orixinal.
3- A TVG fala en castrapo e non no galego orixinal sen castelán.
4- Os xornais son en castelán ou en castrapo.
5- Non hai escolas na Galiza onde se ensine a escribir na norma galega universal.
Por iso é que 90% dos galegos poden ser a favor da norma ortográfica do galego universal mais non o poden usar porque non saben escribir nesa norma.
A culpa é do Estado que ten prohibido os galegos de se desenvolveren no seu propio idioma e cultura.
Eu tamén lle gustaba saber escribir en galego na norma universal mais non sei e teño que utilizar o castrapo ou o castelán para defender a idea que só o galego escrito na norma universal fará a Galiza crecer en galego. Entre o castelán e o castrapo teño escollido o castrapo, `será criticábel? Penso que non.
Os propios reintegracionistas non teñen tido a coraxe de actualizar o galego e asumir inmediatamente o galego escrito respectando integralmente a norma universal. No momento até teñen a xustificación do recente acordo ortográfico aceptado por todos os países irmáns da fala.
O actual galego reintegracionista nin é peixe nin carne é minoritario para todos.
O galego reintegracionista ao respectar o actual acordo ortográfico traía para a Galiza unha ortografia vencedora por ter libros de todas as materias así como produtos multimedia. Os estudantes da universidades galegas pasaban a ter libros e outras ferramentas de traballo na ortografia reintegracionista. Isto era un paso importante para a reintegración do noso idioma nativo.
É urxente a actualización do reintegracionismo hai novas palabras que recentemente foron introducidas no vocabulário galego-portugués especialmente relacionadas coa informática e novas tecnoloxías. Nesta actualización Portugal vai alterar a escrita a cerca de 2% das palabras os reintegracionista a cerca de 5% sendo que se limita á alteración de poucas regras de fácil comprensión.

Por fin a sociedade civil galega ten que esixir do Estado o seguinte:
1- A oficialización do galego na norma universal (como única lingua oficial) conforme o acordo ortográfico ratificado por todos os países irmáns da fala. Co ensino escolar inmediato e obrigatorio para todos os queiran vivir e traballar na Galiza.
2- Recepción inmediata das canles de televisión portugueses na Galiza en canle aberta e recepción por cabo das canles do Brasil, Angola, Mozambique, Guinea, Cabo Verde, Macau, Timor e de todos os países de lingua galego-portuguesas posíbel tecnicamente.
3- Entrada da Galiza como membro con todos os dereitos na lusofonia.
4- Entrada da Galiza na xestión no Instituto Internacional da Lingua Portuguesa tendo tamén dereito á presidencia rotativa mesmo sen ser país independente.
Estas son as condicións mínimas para recuperarmos o tempo perdido de desalfabetización en Galego e termos un idioma de traballo que nos axude a gañar diñeiro e prestixio no mundo.
O galego/portugués hoxe é unha lingua universal. Temos que ter inmediatamente unha cultura galega actualizada ao século XXI.
O galego/portugués é oficial en 10 Estados soberanos se incluírmos a Rexión Autónoma de Macau na China.
Idioma oficial no Mercosur, Unión Africana (onde o español non é) Unión Europea e con tradución permanente nas Nacións Unidas.
A Galiza só terá futuro como rexión ou país galego coa recuperación da súa lingua materna. Abran os ollos galegos non se deixen enrolar con crioulos da RAG nin con reintegracionismo desactualizado. Co galego actualizado entramos nun mercado non só literario como en todos os dominios de máis de 250 millóns de persoas.
Se temos un idioma nativo e materno con orixe milenária dos nosos antepasados que nos proxecta no mundo porque iremos trocar por un simple crioulo artificial por adopción sen futuro!.... feito á presa pola RAG para continuarmos da dependencia de Madrid.!!

silvano89 #22 17/Novembro/2008 silvano89
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

#21 rolandomo9

"Moi ben Españolista entregar a educación dos nosos fillos na Galiza ao Estado é o mesmo que entregar o ouro ao bandido!""

ACERTAS-TE EM CHEIO
Toda pessoa, com um mínimo de instrução, sabe que o galego é o pai da língua portuguesa e que está a sofrer uma invasão por parte de Castela. Isso irá, se nada for feito, aniquilar com a língua e cultura de um povo que fala o idioma que deu origem a toda a lusofonia actual. Não podemos colaborar com esta extinsão porque é um crime histórico. Deixemos, de opinar levianamente sobre uma questão tão séria e complexa. Se não é um lingüista então não opine. Se quer opinar, deixe claro que não tem idéia formada sobre o tema, porém, não seja taxativo com algo que desconhece.. Se limparmos os três séculos escuros em que o galego foi proibido na Galiza e a administração galega substituida por castelhanos teremos um galego moderno igual ao português actual. Se tem dúvida ouça estas falas http://br.youtube.com/watch?v=...
Quem duvida que o galego é idioma internacional?
Depois de proibido na Galiza durante três séculos quase nada perdeu da sua originalidade:
http://br.youtube...
O nosso idioma está vivo na Galiza e recomenda-se.....

Uxia - Cantos na maré
http://br.youtube...

Com Humor:
A Galiza é o primeiro
http://br.youtube...

descrente #23 18/Novembro/2008 descrente
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

1. Resposta a galrinoso (post nº 19).

(a) É louvável que comeces o teu comentário dizendo que vas falar "con todo o respecto". Näo entendo, por isso mesmo, que logo na primeira linha me acuses de "envexa miserenta" e, perto do fim, me chames "fascista do século XXI". Eu gosto de confrontar idéias, näo desqualificaçöes. Por isso mesmo, passo a argumentar brevemente o que disse na anterior mensagem, certamente de forma näo o bastante clara.

(b) Afirmei, e repito, que as instituiçöes públicas têm o dever de respeitar e de fazer respeitar, escrupulosa e universalmente, os direitos individuais, mas que tal respeito näo significa que deva sufragar os custos do seu livre exercício.

(c) Lamento que näo tenhas entendido que o da minha paixäo pelo Deportivo era uma reduçäo ao absurdo.

(d) Näo sou partidário nem sequer da organizaçäo social em forma de Estados, mas - para o bom e para o mau - é a que temos. Como poderás facilmente compreender, seria impossível eu defender o controlo ideológico da populaçäo por parte de qualquer Estado, e muito menos a coerçäo ou restriçäo de direitos civis.

(e) Como pessoa de esquerdas, o que defendo é que o Estado (já que é o instrumento que possuímos para gerir a coisa pública) forneça serviços gratuitos, universais e de qualidade. No caso do ensino, como na saúde ou na segurança.

Do mesmo jeito que o Estado proporciona atendimento sanitário à populaçäo na sua totalidade, assim deveria fazê-lo com a educaçäo. Isto näo implicaria nenhuma restriçäo à actividade privada nesses sectores, mas apenas a assunçäo de uma responsabilidade pública básica.

Lamentavelmente, a sanidade pública tem muito o que melhorar, mas nem por isso ouvi ainda ninguém solicitar uma ajuda financeira do Estado quando recorre à sanidade privada (quer seja em consultas ou intervençöes concretas, quer seja à hora de assinar uma apólice de cobertura sanitária). Pois esse mesmo seria o meu modelo para a educaçäo: ensino público, universal, gratuito, de qualidade, aconfessional, inserido no seu entorno sócio-económico e totalmente actualizado - que bastante falta faz.

A partir da consecuçäo desse (ambicioso) objectivo, quem desejar outro tipo de educaçäo, que exerça o seu direito e assuma os custos. Talvez seja cegueira minha, mas näo vejo onde está o "fascismo" en defender esta postura, do mesmo jeito que näo censuro a tua nem todas as outras que se manifestaram em um sentido diferente.

2. A rolandomo9 (post nº 21).

Concordo com o que dizes, mas o facto de introduzir o teu comentário a favor da reintegraçäo de Galiza à lusofonia em qualquer discussäo, mesmo que nada tenha a ver com o assunto, apenas contribui a desviar a atençäo do debate em curso, e näo creio que isso ajude a angariar simpatias para a causa que defende(mo)s.

galizasim #24 18/Novembro/2008 galizasim
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#23 descrente
Parece que vives em outro país e não na Galiza.

gaviogaliza #25 18/Novembro/2008 gaviogaliza
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#12 hai 2 dias Gaby_Otero
Até tenho pena de ti nem todos os comentários são péssimos. Tira lá essa bandeira (trapo nojento)do colonizador ocupante pode ser que te safes....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: