Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémico alcalde de Vilamartín de Valdeorras

Manuel Candal: "No PP, salvo Baltar, fúngama todo o mundo"

Convoca o primeiro pleno en seis meses e non deixa falar a ninguén, nin sequera aos edís do seu grupo. As críticas chegan mesmo dende a Executiva en Santiago.

Redacción - 13:00 15/11/2008
O líder do PP ourensán, Xosé Luís Baltar

O líder do PP ourensán, Xosé Luís Baltar

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Manuel Candal (PPdeG) está a provocar unha crise interna no grupo municipal do seu partido. Agora non só o critica a oposición, senón tamén o PPdeG alén das portas da casa consistorial. De feito, a historia chegou a oídos do presidente provincial, Xosé Luís Baltar.

Ao parecer, o primeiro pleno que Candal convocou nos últimos seis meses foi o pasado 8 de novembro, logo das protestas da oposición, encabezada polo PSdeG. Porén, na sesión, o alcalde de Vilamartín non lle deixou falar a ningún dos edís, nin sequera aos do seu grupo. O pleno durou pouco máis de cinco minutos e, segundo afirmaron os presentes, foi un "monólogo do alcalde".

O PSdeG local prepara unha manifestación para o vindeiro 22 de novembro na que han "reivindicar a liberdade de expresión"; os populares de Vilamartín, e varios membros da Executiva do PPdeG, xa se lle queixaron a Baltar.

O presidente provincial, apremado polo "preocupación" polas críticas do seu propio partido, xuntouse esta semana con Candal. Baltar sinalou que ambos os dous decidiron darse mutuamente un "prazo dunha semana" para reconducir a situación, e o alcalde, pola súa banda, afirmou que no PPdeG, agás Baltar, "todos os demais fúnganma".


5/5 (6 votos)

Comentarios (3)

alboiando #1 15/Novembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

para cando o parque temático!

Atlantico #2 15/Novembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Se fala ben, por que teñen que falar os demáis? Ten razón e logo.

Menos falar e máis traballar.

onofresabate #3 17/Novembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Moi ben, Candal, se total xa todos sabían o que ían dicir os da oposición. Así aforráchelles tantas perogrulladas. Ti si que sabes, que vés da "democracia orgánica", e non estes hcoupís de hoxendía.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manuel Candal xa fora noticia cando manifestara, publicamente, a súas arelas de asinar convenios con Vicepresidencia

A situación, no mapa de concellos, de Vilamartín de Valdeorras
A situación, no mapa de concellos, de Vilamartín de Valdeorras