O SLG aproveitou a comparecencia do conselleiro diante dos xornalistas para exixir cun peche a convocatoria da Mesa do Leite
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou este venres que comezaron a tramitarse 41 expedientes sancionadores por abandono de superficie agraria útil. Canal explicou que, nunha primeira fase, os donos das fincas teñen un prazo de tres meses dende que reciben o aviso para limpar a propiedade ou pasala ao Banco de Terras. Se fai caso omiso da comunicación, Medio Rural prosegue co trámite para impoñer unha multa.
Canal subliñou que “todos os propietarios teñen que ser conscientes de que o patrimonio rústico debe ser coidado e mantido en bo estado de conservación; que debe facilitar o seu uso produtivo para xerar riqueza, tanto para o agricultor que o cultive como para o propio propietario a través dunha renda; e que os predios en estado de abandono non poden constituír unha serie de riscos, como propagación de incendios ou focos de enfermidades ou pragas, para as propiedades circundantes”.
As sancións irán dende os 300 euros (nos casos máis leves) até os tres mil no caso das sancións máis graves.
O SLG leva as súas protestas até a consellaría
Cando aínda se estaba a celebrar a conferencia de prensa do conselleiro, dez membros do SLG irromperon no departamento para exixiren a convocatoria da Mesa do Leite. Os sindicalistas negáronse a abandonar as dependencias de Medio Rural até que foron recibidos polo xefe de gabinete, Xosé Manuel Puga.
Dende o SLG ameazaban con permanecer pechados nas dependencias se a consellaría non accedía a convocar a Mesa do Leite. Na xuntanza, a consellaría comprometeuse a ceder á petición sempre e cando fose de todas as organizacións (tamén Unións e Xóvenes Agricultores). O SLG exixiu que a consellaría fixera pública unha nota con este compromiso ou que do contrario farían unha acampada diante de San Caetano. Arredor das 17.30 horas, Medio Rural deu a coñecer a nota demandada.
Noraboa ao SLG. Polo demáis; fica a traballar no novo rural! Logo xa che iremos a multar por se non diches traballado as horas suficientes para ter a leira ben traballada.
Que lle quere a Consellaría do Medio Rural aos labregos? Traballos forzados de balde?
O do Sr. Suárez Canal, cos sindicatos agrarios sempre foi: divide et impera. Non D. Alfrediño? Pois mellor que os labregos lles regalen as súas leiriñas as Agroindustrias que Vde. tan ben trata. Ou, porque non, tamén a banca a que Vde. fai encárregos propios das centrais sindicais? Na agricultura 2+2 non sempre suman 4. Dígollo porque Vde. as matemáticas seica lle da moi ben. Pobres labregos que culpa terán para suportar un indivíduo dista calaña.
Ti que semella que estás moi informado e és tan crítico con Alfredo. Saberás tamén quen dirixe o SLG. Se a crítica aos nacionalistas che deixa tempo infórmate sobre a historia do sindicalismo agrario.
Diche algo o nome de Moncho Balcarce? (1935-1993) Supoño que si. Sei bastante; menos do que debería; sobor do sindicalismo agrario. Xa o meu avó mo expricou dende os tempos da 2ª República. Por suposto que sei quen dirixe ao SLG e tamén aos demáis sindicatos agrarios. Non terei eu a culpa dos seus dirixentes tamén. Máis sei que todos están politizados. Tamén sei que ningún dirixente vive do agro. Algún nin sabe distinguir un boi dunha vaca ou unha berza dun grelo. Viven do político de turno. Sei coma se financian e dame noxo. Tamén sei dos seus compromisos noxentos nas campañas electorais. Supoño que ti tamén terás coñecemento delo. Se estás dacordo, entón non coñeces ren do que foi e é hoxendía o sindicalismo agrario na Galiza.
Perdoa se critico; está prohibido? aos que ti chamas nacionalistas. Eu tan só lle pido a D. Alfredo que se informe tamén un chisco da verdadeira problemática do agro galego.
Eu teño que exixirlle a quen voto, aínda que logo comprobe que me trabuquei. Penso que o Sr. Suárez Canal; poido estar errado; nin tan sequera foi nas derradeiras listas electoraris. Eu critico aos nacionalistas porque formo parte deles. Iso non quer dicer que ser nacionalista sexa sinónimo de parvo. O que non pode facer un conselleiro nacionalista do Medio Rural é ser arrogante cos labregos é tampouco andar con ameazas. Ademáis de botarlle todas as culpas dos seus imnumerábeis erros. E repito que D. Alfredo deitouse no leito da banca e das agroindustrias. Polo demáis, prezado compañeir@ terei en conta o teu consello; seguirei a informarme da historia do sindicalismo agrario da Galiza. Sería desexábel que outr@s tamén o fixeran.
Pois se tan de esquerdas somos, non entendo a crítica de Vakaloura neste senso. Do que se trata é de mobilizar propiedade que se deixou a ermo, isto é, buscar unha utilidade común (consérvao ti senón deixa que o faga outro, aínda que ti tamén leves beneficio) por enriba do concepto da propiedade privada.
Eu creo que, ademais, en tempos de políticos cobardes, Suárez Canal é honesto e valente. Dádesvos de conta de que, en plena campaña xa preelectoral, ameaza con sancionar a un bo número de persoas? Outros nestas épocas prometen contratos de traballo lixo (conselleiro de traballo) e buscan inauguracións, mais o Alfredo segue co seu programa de traballos, aínda que é obvio que terá xente á que non lle chisten de todo as súas medidas.
E despois falamos do tema da limpeza do monte (non é iso previr os incendios forestais, tanto ou máis que ter máis ou menos cuadrillas no monte, que tamén son importantes?) e de que a inscrición no Banco de Terras, desgraciadamente, non significa que a túa finca vaia ser utilizada,penso, porque non creo que a demanda sexa absoluta, aínda.
Imos ver: Eu estiven e estarei sempre a favor do banco de terras (BANTEGAL), nunca dixen o contrario. Tampouco dixen que o Sr. Suárez Canal non fora ou polo menos parecera honesto. O de valente xa non o teño tan craro. Pero supónselle. Non sei se lembrades cando no 2006; coa vaga de lumes; emporcallou a tod@s os labreg@s, para salvar a súa cabeza. Polo tanto terá que demostrar de eiquí en adiante a súa presunta valentía. Sempre foi máis doado porse do lado do capital. Non dan tantos problemas a curto prazo. Bueno a el tampouco llos daran a medio prazo porque xa foi conselleiro e goza de sobresoldo vitalicio entre outras prevendas.
Polo demáis, non creo que sexa unha política moi acertada o das ameazas e sancións. Niste senso, penso eu que, sería máis axeitado unha política de incentivos e colaboración; chamémoslle concienciación; fose ista cal for e non entroques ir ameazando aos labreg@s da Galiza. Os labreg@s da Galiza xa están ameazad@s dende o mesmo intre en que despertan cada mencer.
Teño para min; a risco de trabucarme; que ao Sr. Suárez Canal non lle saen as contas polo cal está un chisco enrrabechado e non leva moi ben o das críticas. No tocante as cuadrillas da limpeza dos montes, case mellor estar caladiños. Montou o seu chiringuito (SEAGA) e non lle saiu moi ben. Porque non facedes as debidas pescudas e falades con xente á cal tratou coma se foran delicuentes a traballos forzados e contrtatos lixo? Despedimentos indebidos incluidos.¿Honestidade?......
Non me extrana que os conselleiros do PP non se decataran nunca da grande eiva do campesiñado da Galiza, pero que un conselleiro..¿nacionalista? non se decate! Iso xa é moi grave.
Nunca lle escoitei a ningún político, sexa da cor que fora, falar das herdanzas que moitas veces pasan dúas xeracións sen poder facer fuso delas. Pois eiquí, penso eu, está unha das maiores eivas da Galiza tan descoñecida para moit@s. Bisavós, avós, pais que morren sen testar e os seus herdeiros lexítimos non fan fuso das terras sinxelamente porque non poden. Iso é o que máis lle reprocho ao Sr. conselleiro; non coñece Vde. a súa Nación. Non fale Vde. dos emigrantes no tocante ao Bantegal, fale Vde. das herdanzas e das xeracións que normalmente pasan de avós a netos deixando pasar toda unha xeración polo meio; cando non dúas. Isa é chave da cuestión que se vai a atopar e de feito xa se está a atopando co banco de terras. Está a atopar moitos atrancos simplesmentes por descoñecemento. Eu non critico por gusto, fago por obriga e por dignidade.
As medidas non son chistes para tomar tan a lixeireza. A eiva máis grande da nosa Nazión, no tocante ao campesiñado, son as derivadas a non elaborar unha verdadeira Lei de herdanzas ou doazóns. O demáis eche ninguén que vai pra ningures.!
Por certo, a min o que me preocupa non é a miña leira, preocúpame a que non teño.
As veces non está ren de mal saber do que se fala! Verdade Casenando? Verdade roble…hai! perdón carbahlo?
O PODER NON CORROMPE; O PODER QUITA A CARETA!
Ó do BNG é unha vergonza, eu coñezo un amigo dunha prima dun militante do Bloque e corta as uñas dos pes cada seis meses, así non vamos a ningún lado.
Queren que os labregos traballen as leiras!. Que queren que planten?. Por que o problema non é traballalas, senon que facer co que se produce.(vese en Xinzo coas patacas)Cando hoxe en día a distribución en Galiza está en mans de tres grandes superficies, o pequeno comercio desaparecido,...Penso, que antes de forzar aos labreg@s a traballar a terra habería que deseñar ALGO para que ese traballo fora rendibel.
As políticas económicas neocon e productivistas,xunto coas subvencións da Unión Europea expulsaron aos labregos das leiras, despoblaron as aldeas e, agora vimos nós e multámolos por ter al veigas a baldio. Para flipar!. Esta si que é unha política alternativa.
Parece que por ser nacionalista tense bula e estase exento de critica.Non sei de donde saeu este dogma. Eu sei de algún que foi expulsado por ser hipercritico, pero, critico creo que se pode ser, ou ao menos deberíamolo ser con todos, con todo e con nos tamén.
Pestos, prestos! Iso quer dicer que vou na direición correcta!!
Iso quere decir que che tomes unha tila, que ainda vos quedan 16 anos na oposición.
Cando os paxaros se reviran as escopetas e os comentarios carecen de argumentos; certos ou errados; mellor case iñoralos. Atlantico, cando saibas do que falas, faino con argumentos. Namentras esbarra por onde poidas, por min podes seguir a falar sen argumentar. O problema é teu non meu.