Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
É "un auténtico bluff"

Ricardo Varela di que Feijóo traballa "en contra dos intereses de Galiza"

O vicesecretario xeral do PSdeG considera que "non dá a talla" neste momento de crise, ao contrario que Touriño, o que ve "traballando en positivo".

Redacción - 20:30 15/11/2008
Ricardo Varela

Ricardo Varela

O vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, acusou este sábado o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, de traballar "en contra dos intereses de Galiza", polo que concluíu que no actual momento de crise económica "non dá a talla" e é "un auténtico bluff".

Logo de se reunir en Lugo cos responsábeis do PSdeG para poñer en marcha os comités electorais, Varela censurou as "insensateces" que, ao seu entender, expresou Feijóo nos últimos días en materia económica, polo que lle pediu ao líder da oposición que deixe de socavar a confianza de Galiza", e que abandone a "demagoxia" e o "oportunismo".

Touriño, "en positivo"

Na súa opinión, o PPdeG non ten diagnóstico sobre a crise económica nin propostas para paliala. En troques, Feijóo espalla mensaxes de "catastrofismo e medo". Fronte a isto, situou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que ve "traballando en positivo, para concluír que Goberno e oposición supoñen "dúas formas radicalmente distintas de entender un período de dificultades".


1,4/5 (5 votos)


Comentarios (10)

subela #1 16/Novembro/2008 subela
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Estou dacordo co señor Varela, pero... o Sr. Varela traballa a prol dos intereses de Galiza? Penso que non, e se o fai traballa bastante mal.

FalaGalega #2 17/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +16 Negativo]

Hai moita cousa mal na Galiza. Hai porén que estabelecer prioridades.
A primeira é sen dúbida a recuperación da nosa lingua nativa. É ela a única que ten forza para se impor fronte ao castelán e acabar coa colonización da Galiza. Só despois a Galiza estará en condicións de poder exercer o seu dereito á autodeterminación e decidir se quere estar asociada a España ou non.

Vexa con Humor:
A Galiza é o primeiro
http://br.youtube...

FalaGalega #3 17/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +17 Negativo]

#2 A nosa lingua nativa é o Galego escrito na norma universal coñecido internacionalmente como portugués e non o crioulo castrapo da RAG que ten por obxectivo destruír o galego e transformar nunha variante do castelán.
Escribo en castrapo estando frontalmente contra, mais o estado español non disponibiliza escolas na Galiza para aprendermos a escribir ben a nosa lingua nativa.
O escribir en castrapo representa unha protesta contra a represión linguistica para que todos vexan este crioulo noxento.

PoboCelta2 #4 17/Novembro/2008 PoboCelta2
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Sr Varela o PS non é PS-G este (G) é só para enganar os votantes.
Se fose PS-G acababa co crioulo castrapo da RAG porque este crioulo está a ser un obstáculo ao desenvolvemento da Galiza.
O noso idioma xa ten unha norma universal e é pertenza de cerca de 250 millóns de falantes. Só o noso idioma materno e non o crioulo ten forza para non ficar inferiorizado en relación ao castelán.
O PS ten unha característica en relación a calquera asunto linguistico é indefinido nin Non nin Si é sempre "Nim". Ora calquera galego certo tiña que estar a defender o seu idioma nativo para por fin á colonización linguistica da Galiza.

Não será mais digno escrever assim:

Sr Varela o PS não é PS-G este (G) é só para enganar os votantes.
Se fosse PS-G acabava com o crioulo castrapo da RAG porque este crioulo está a ser um obstáculo ao desenvolvimento da Galiza.
O nosso idioma já tem uma norma universal e é pertença de cerca de 250 milhões de falantes. Só o nosso idioma materno e não o crioulo tem força para não ficar inferiorizado em relação ao castelhano.
O PS tem uma característica em relação a qualquer assunto linguistico é indefinido nem Não nem Sim é sempre "Nim". Ora qualquer galego verdadeiro tinha de estar a defender o seu idioma nativo para por fim à colonização linguistica da Galiza.

A diferença entre o primeiro texto e o segundo é que um está colonizado pelo castelhano e o outro é galego actual descolonizado.

PoboCelta2 #5 17/Novembro/2008 PoboCelta2
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

Isto foi escrito há um dia em vieiros e tem sido altamente valorado:

««««rolandomo9 [Valora este comentario Positivo +14 ]

A GRANDE INXUSTIZA EN CRITICAR QUEN ESCRIBE EN CASTRAPO A DEFENDER O NORMA DO GALEGO INTERNACIONAL
Hai moi que teño asistido a comentarios criticando persoas que defenden o galego escrito na norma universal por escriben en castrapo.
Cerca de 90% dos galegos como eu sabemos que o certo idioma galego é escrito e falado correctamente a sur do río Miño. Os galegos a sur do río Miño tornáranse independentes e tiveran o desenvolvemento natural do idioma galego sen a colonización linguista castelá o que non aconnteceu cos galegos a norte do río Miño.
Nós na Galiza somos vítimas da ocupación castelá. Non nacemos nin fomos educados na cultura galega mais debaixo do dominio dos casteláns. Non somos unha nación libre:
1- Nas escolas aprendemos a escribir en castelán e non o noso idioma galego orixinal.
2- As canles de televisión que entran en nosas casas son de lingua castelá o que influencía a nosa fonética galega orixinal.
3- A TVG fala en castrapo e non no galego orixinal sen castelán.
4- Os xornais son en castelán ou en castrapo.
5- Non hai escolas na Galiza onde se ensine a escribir na norma galega universal.
Por iso é que 90% dos galegos poden ser a favor da norma ortográfica do galego universal mais non o poden usar porque non saben escribir nesa norma.
A culpa é do Estado que ten prohibido os galegos de se desenvolveren no seu propio idioma e cultura.
Eu tamén lle gustaba saber escribir en galego na norma universal mais non sei e teño que utilizar o castrapo ou o castelán para defender a idea que só o galego escrito na norma universal fará a Galiza crecer en galego. Entre o castelán e o castrapo teño escollido o castrapo, `será criticábel? Penso que non.
Os propios reintegracionistas non teñen tido a coraxe de actualizar o galego e asumir inmediatamente o galego escrito respectando integralmente a norma universal. No momento até teñen a xustificación do recente acordo ortográfico aceptado por todos os países irmáns da fala.
O actual galego reintegracionista nin é peixe nin carne é minoritario para todos.
O galego reintegracionista ao respectar o actual acordo ortográfico traía para a Galiza unha ortografia vencedora por ter libros de todas as materias así como produtos multimedia. Os estudantes da universidades galegas pasaban a ter libros e outras ferramentas de traballo na ortografia reintegracionista. Isto era un paso importante para a reintegración do noso idioma nativo.
É urxente a actualización do reintegracionismo hai novas palabras que recentemente foron introducidas no vocabulário galego-portugués especialmente relacionadas coa informática e novas tecnoloxías. Nesta actualización Portugal vai alterar a escrita a cerca de 2% das palabras os reintegracionista a cerca de 5% sendo que se limita á alteración de poucas regras de fácil comprensión.

Por fin a sociedade civil galega ten que esixir do Estado o seguinte:
1- A oficialización do galego na norma universal (como única lingua oficial) conforme o acordo ortográfico ratificado por todos os países irmáns da fala. Co ensino escolar inmediato e obrigatorio para todos os queiran vivir e traballar na Galiza.
2- Recepción inmediata das canles de televisión portugueses na Galiza en canle aberta e recepción por cabo das canles do Brasil, Angola, Mozambique, Guinea, Cabo Verde, Macau, Timor e de todos os países de lingua galego-portuguesas posíbel tecnicamente.
3- Entrada da Galiza como membro con todos os dereitos na lusofonia.
4- Entrada da Galiza na xestión no Instituto Internacional da Lingua Portuguesa tendo tamén dereito á presidencia rotativa mesmo sen ser país independente.
Estas son as condicións mínimas para recuperarmos o tempo perdido de desalfabetización en Galego e termos un idioma de traballo que nos axude a gañar diñeiro e prestixio no mundo.
O galego/portugués hoxe é unha lingua universal. Temos que ter inmediatamente unha cultura galega actualizada ao século XXI.
O galego/portugués é oficial en 10 Estados soberanos se incluírmos a Rexión Autónoma de Macau na China.
Idioma oficial no Mercosur, Unión Africana (onde o español non é) Unión Europea e con tradución permanente nas Nacións Unidas.
A Galiza só terá futuro como rexión ou país galego coa recuperación da súa lingua materna. Abran os ollos galegos non se deixen enrolar con crioulos da RAG nin con reintegracionismo desactualizado. Co galego actualizado entramos nun mercado non só literario como en todos os dominios de máis de 250 millóns de persoas.
Se temos un idioma nativo e materno con orixe milenária dos nosos antepasados que nos proxecta no mundo porque iremos trocar por un simple crioulo artificial por adopción sen futuro!.... feito á presa pola RAG para continuarmos da dependencia de Madrid.!!»»»»


O que me diz senhor Varela quer defender os interesses da Galiza ou ficar a olhar para o seu umbigo?

PoboCelta2 #6 17/Novembro/2008 PoboCelta2
[Valora este comentario Positivo +18 Negativo]

Senhor Ricardo Varela consulte o tema:

"" Podemos ter mil debates sobre normas, pero se non hai transmisión acabouse a lingua"

Aí encontrará os seus eleitores a defender a oficialização do nosso idioma nativo escrito na norma universal e não o depremente crioulo castrapo com que se gasta milhões de Euros dos nossos impostos só para manter a Galiza atrazada e subordinada ao castelhano.

Gaviotero #7 17/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -17 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



outrolector #8 18/Novembro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E o señor Ricardo Varela e o resto do seu aparato de partido traballan - perdón, administran e adxudican - a prol de manter ben mantido o sistema, campañas electorais e gastos de partido e de autobombo en "La Voz" incluídas.

De tan clariño que está, recriminarlles iso é pura inxenuidade.

Por sorte para Galicia as falsidades e talantes desa grea de sectarios van quedando en evidencia.

Gaby_Otero #9 18/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Ay, Varelita, Torito, Quintanita, Zapatitos... ¿Por qué no vos vais todos a vuestras casitas y dejáis que gobernemos los herederos legítimos del poder tras la muerte de Franco?

¡Tanta democracia ya cansa! ¿Que sabereis vosotros, pailanes gallegohablantes, de lo que vos conviene?

¡Somos nosotros los que sabemos qué es lo mejor para el pueblo! Ainda que el pueblo vos estea formado por cazurros bloqueros de la eta coma vosotros, siempre haberá una posibilidaz de vos enderechar por el buen camino con la ayuda de Dios nuestro Señor.

Amén.

¡VASPAÑIA, COÑIO!

Tino #10 18/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quen traballa en positivo é o BNG, non hai mais q ver as iniciativas dunhas consellarias e doutras.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: