Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
VIQUEIRA, CAPITÁN DA SELECCIÓN MASCULINA DE FÚTBOL

"Oxalá algún día poidamos ver a Galiza competindo nun mundial"

O compostelán está a recuperar o seu xogo imaxinativo e milimétrico no Xerez, co que actualmente ocupa posicións de ascenso á primeira división.

Pablo García Martínez - 09:45 23/11/2008
Xosé Emilio Viqueira, capitán da selección galega

Xosé Emilio Viqueira, capitán da selección galega

Unha vez decidido os rivais e escenarios do cuarto partido da selección masculina de fútbol, Vieiros quixo aproveitar para analizar as perspectivas coas que se achegan a este partido algúns dos seus protagonistas. Comezamos polo capitán do equipo, Xosé Emilio Viqueira, que aos 34 anos está a vivir a súa segunda xuventude nas filas do Xerez. O nacemento deste excelente medio creativo repárteno o Fátima compostelán e o Deportivo. Mais foi en Andalucía onde atopou a estabilidade que un futbolista necesita para ceibar certos impulsos de especial importancia nun xogador que vive da imaxinación posta ao servizo dun sutil pé dereito. Despois dun paso fugaz polo Levante volveu ao Xerez, onde os afeccionados usan o pseudónimo de "o meigo" para referirse ao capitán da selección galega.

Vieiros: Aínda non se coñece a lista de convocados para o vindeiro partido da selección. Se del dependera, estará Xosé Emilio Viqueira no partido da Coruña?

Viqueira: Claro. Seguirei indo á selección galega sempre que me chamen e eu estea en condicións de xogar.

Logo se han cumprir tres anos do 29 de Decembro do 2005 no que a selección masculina xogou o primeiro partido da súa era moderna. Que recordos gardas daquel día?

Era o primeiro partido da selección e foi un motivo de orgullo moi grande participar nel, xa que representar a Galiza é un honor para calquera xogador. No meu caso aínda máis, porque o partido celebrábase en Compostela que é a miña casa.

Dende o segundo partido fuches elixido capitán do equipo, non sei que significado tivo isto para ti?

Foi outra grande ledicia, xa que ser o capitán da selección galega é sempre un motivo de orgullo pero tamén unha grande responsabilidade.

Dos tres partidos disputados até o momento cal é o máis especial?

Os tres foron fermosos, pero eu creo que o máis especial foi o de Compostela, porque era o primeiro partido dunha selección pola que se levaba moito tempo agardando.

O rival deste ano será o equipo chileno, adestrado polo prestixioso Marcelo Bielsa. Que agardas de eles?

Chile é un grande equipo. Cada vez temos rivais máis difíciles, pero isto é bo para nós porque melloramos a nosa competitividade e tamén para a afección que se divirte máis. Este último é o aspecto máis importante nos partidos da selección galega.

Como outros moitos xogadores, tiveches que fuxir de Galiza para ver como arrincaba a túa carreira profesional. Con que equipos desenvolviches durante estes anos unha maior empatía?

Teño grandes recordos de toda a miña traxectoria deportiva. Lémbrome con cariño dos meus comezos no Fátima de Santiago ou do paso polo Deportivo, onde me fixeron como xogador e tamén como persoa. Aínda así, o meu mellor fútbol deino en Huelva e Xerez, e como consecuencia foi alí onde fun máis apreciado.

Xogar un mundial é o soño de todo futbolista profesional. Cando ti soñabas, ou soñas, con esa imaxe que camiseta defendes?

Para un futbolista xogar unha competición como o mundial é o máximo. A día de hoxe é algo ficticio, pero cando penso nesa idea encantaríame ir tanto coa selección galega como coa española.

Galiza conta hoxe con varios xogadores participando nas mellores ligas do estado, e tamén no estranxeiro. Como valoras o nivel do equipo en comparación con outras seleccións do panorama internacional?

Eu penso que hai futbolistas de moito nivel, bos adestradores e, en conxunto, un gran equipo. Aínda así temos que ser realistas e agora mesmo aínda estamos a moita distancia dos equipos que dominan en Europa. Oxalá algún día podamos ver a Galiza xogando unha competición como o mundial, pero penso que agora o importante é xogar, desfrutar do que temos e facer que a xente desfrute.


4,89/5 (38 votos)


Comentarios (23)

guillerme #1 23/Novembro/2008 guillerme
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Gran capitán é o da nosa selección. Espero que dure moitos anos nese posto xa que o merece.

juli_gz #2 23/Novembro/2008 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Viqueira Viqueira, deus te oia carallo o de Galiza nun mundial, pero tes razon temos moita sorte de poder ver á nosa seleccion. Unha aperta e a por Chile.
HAI QUE ROELOS!!!

xanxan #3 23/Novembro/2008 xanxan
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

esperemos ke
ese dia xegue!!
selecion galega forzaa!!

dumiense #4 23/Novembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

AAAAAiiiii un futbolista galego que fala sen medo!!!

xhenriqueou #5 23/Novembro/2008 xhenriqueou
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Os/As que non nos consideramos españois queremos seleccións nacionais galegas, pero XA!

Gaias #6 23/Novembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Por fin un galego de verdade disposto a defender as nosas cores.
Viva a seleccion nacional galega!

Gaviotero #7 23/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -16 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Hispanico #8 23/Novembro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

ó ghaivoteiro, ti és demasiado duro com os galegos ... p'ra manteres a tua amada monstrosidade (chamada España) cumpre largar as rédeas uma beca de quando em vez, quer dizer, os do BNG som-che tam espanholistas coma ti, simplesmente querem fazer o gazpacho à galega ... deixa-os pois, gazpacho é ...

luimipi #9 23/Novembro/2008 luimipi
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

un partido de futbol, fascistoide??? hahaha ti estás enfermo rapaz. Vai que te miren iso!

Non sei, tanto odio a galiza ou é que algunha vez algún bestia meteute o escudo do bng polo orto, ou algún nacionalista moi radical te fixo algo malo cando eras pequeno, como quitarte a pelota ou cousas así...
se ese é o teu caso, pois inda terías algo de disculpa....

senon, vai a algún BO psiquiatra (que non psicólogo), porque ti es un sociópata de primeiro nivel.

Ánimo rapaz, todos te apoiaremos, o primeiro paso é recoñecer o problema...veñaaaa!!! ti podes!!!!

un saúdo.

luimipi #10 23/Novembro/2008 luimipi
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

di comigo:

"chámome Ghavioteiro, e odio galiza" e todos respostaránte: "hola Ghavioteiro"...etc

e logo xa contas toda a tua historia...que si ves Nazis en tódo-los sitios...que si non podes deixar de insultar á xente que non pensa coma ti...que si queres cargarte galiza e que desapareza...etc etc


O primeiro paso é o mais importante....ANIMO

tuzaro #11 24/Novembro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

se inventaron o de ocultar os comentarios é para non darlle bola ao que a xente vota negativamente

pero parece que que os oculten é garantía de que sexa lido
!!!
deixádeos oh!!!

Freemannnnn #12 24/Novembro/2008 Freemannnnn
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

A Galiza só dentro da lusofonia é respectada no mundo e España será obrigada a permitir que a súa selección pertenza á FIFA como a Escocia que está ligada á Inglaterra mais ten unha selección.
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...


CULTURA COMUM GALEGO-PORTUGUESA
http://br.youtube...
http://br.youtube...

Arroas #13 24/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Aí rapás¡¡¡
Que mágoa, que futbolistas galegos de calidade anden a xogar en equipiños por aí adiante, e na Gz, o Celta e o Depor, sen vergoña, pateticamente, sen galegos nos seus equipos, formados por mercenarios do balón e dirixidos por entrenadoriños de 4ª división. O día que nos equipos galegos xoguen xogadores gaelgos, polo menos 8 de 11, entón ao mellor podería apoialos como equipos do país. Namentras, que lles dean, a esas empresas de presidentes fachas e conservadores, españolistas e que non acreditan no deporte nin no futbolistas do país. Namentras, simpatizamos co Bilbao e o Barça, iso si, sabendo que é un negocio de merda, sen inúteis paixóns.
Ala Choco ¡¡¡

Tino #14 24/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Vou votar negativamente ao Gaviotero, como aos gavioteiros q se dedican a reproducir exactamente o q el kere: q no foro só se fale do q el impón.
É a mesma táctica dos poderes imperialistas: crispación con todo o q lle interesa.

nchts #15 24/Novembro/2008 nchts
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Non valoredes os comentarios de gaivoteiro. Iso é o que el quere. Simplemente ignoradeos. Nin lle contestedes. Só busca enlearnos para que se fale del, e estamos permitíndolle saírse coa súa.

rockandroll #16 24/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu penso que o tema das selecçons e das federaçons vai ter que mudar sim ou sim. Porque se nom, a FIFA vai perder autoridade. Algum dia Galiza jogará competiçons, com ou sem a bençom da FIFA. Isto já lhe está a acontecer no futsal. Pois é questom de tempo que aconteza no futebol grande: de facto já há um par de mundiais alternativos por aí, nos que jogam Chipre Norte, Lapónia ou o Tíbet, nom é?

pepedaconcha #17 24/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Son algo sensacionalistas estos de Vieiros con ese titular sobre todo cando Viqueira di o seguinte na entrevista:

"encantaríame ir tanto coa selección galega como coa española"

Aínda ten moito que mudalo asunto.

rockandroll #18 24/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Homem, nom é que a linha editorial de Vieiros me encante, o que sim também é certo é que cada meio de comunicaçom resalta das entrevistas a parte que lhe interessa. Desde logo, que haja um jogador galego que opine que a Galiza se lhe deveria deixar competir, é interessante.

juli_gz #19 24/Novembro/2008 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Gaviotero galiza dis que non é unha nacion, espanha tampouco o é, o unico que é unha union de 3 povos(Galiza, Euskal Herria e Catalanya) pola forza con ameaza de meter ao exercito se hai independencia, como facian os romanos.

Tes umha patria artificial que un dia destes vai acabar como a "gran" Yugoslavia, e ese dia alegrareime moito pensando en xente tan fascista como tu.

redaccion #20 25/Novembro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ao pé deste artigo foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

noela #21 25/Novembro/2008 noela
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Gracinhas, pepedaconcha! Pensei que fora a única em ler 'encantaríame ir tanto coa selección galega como coa española'... Este é o galeguismo que louvades?? O feito de que diga que gostaría de ver á Galiza xogar um mundial vai renhido co de querer defender as cores do estado espanhol. Um pouco incongruente ao meu parecer, non si? Deberiamos aprender das seleçoms de Catalunya e Euskal Herria, eles si sinten as cores da súa bandiera e da súa patria!

roixordo #22 25/Novembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Noela, lémbroche que o capitán da selección catalana de fútbol é o xogador do Deportivo Sergio, máis coñecido por "el catalán y el gallego son dialectos".

rockandroll #23 26/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A mim nom me parece umha maravilha, mas já me parece que polo menos se plantejam as cousas de umha maneira um pouco mais progressista, visto o visto: Depois de escuitar a Trashorras, Diego López, Johnatan Pereira e companhia, homem, que por fim apareça um que está a favor da oficialidade...ainda que os desportistas, isso sempre o dixem, antes do que de qualquer bandeira, som de si próprios. Julio Álvarez está disposto a jogar com Venezuela, já jogou com Galiza...e se antes de que lho ofrecera Venezuela tivesse a oportunidade de jogar com Espanha, alguém pensa que nom o faria? E o de Nacho Novo, que depois de buscar descaradamente ser convocado para a selecçom espanhola, dixo estar disposto a se nacionalizar británico...para jogar com Escócia??? Bom, pois eu penso que, no fundo, assim som todos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: