Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
CAMIÑOS DO AIRE

Ningunha liña aérea de Angola poderá sobrevoar Europa por motivos de seguridade

Bruxelas mantén tamén as prohibicións a todas as compañías de Guinea Ecuatorial, Indonesia, Liberia, Serra Leoa ou a República Democrática do Congo.

Redacción - 14:30 17/11/2008

A Comisión Europea presentou a novena revisión da listaxe que elabora coas compañías de transporte aéreo que teñen prohibido o acceso á Unión Europea por motivos de seguridade. Unha das novidades desta actualización é a incorporación de todas as liñas angolanas (anteriormente só figuraba a TAAG- Liñas Aéreas de Angola) e da cambioana Siem Reap Airways.

Segundo o executivo comunitario, a decisión de ampliar o veto a todas as empresas aéreas daquel país africano deriva da "existencia de problemas graves de seguridade recollidos polo informe da Organización de Aviación Civil Internacional (OACI) en outubro de 2008. Os problemas detectados por este organismo "seguen sen solución e afectan a todos os transportistas aéreos", segundo a Comisión Europea. Con todo, Bruxelas xa adiantou que manterá contactos con autoridades angolanas para comprobar a aplicación correcta das medidas correctivas.

Outros países afectados
Esta listaxe negra mantén a prohibición de voo na Unión Europea para todas as compañías de Guinea Ecuatorial, Indonesia, Kirguizistán, Liberia, Serra Leoa, Suazilandia e a República Democrática do Congo, así como para Gabón (agás Gabón Airlines e Afrijet). Asemade están vetadas a norcoreana Air Koryo, a sudanesa Air West, Ariana Afghan Airlines de Afganistán, Silverback Cargo de Ruanda e as ucraínas Ukraine Mediterranean Airlines, Ukraine Cargo Airways e Volare Aviation.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

baltar69 #1 19/Novembro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ah, ese airbus a300/600 de ariana da foto fáime recordar os vos trasatlánticos que me brindou fai anos air plus comet suplindo os servizos do boeing 767er de spanair. as rapazas da tripulación de cabina eran as máis fermosas que surcaban os ceos, a comida era sabrosa e o viño moi bon pero, según os técnicos, aviación civil debería ter cancelada a licencia á aerolínea de marsans polo séu reiterado incumplimento das ordenanzas e normativas se non fose polo apoio tácito do entón ministro matutes.
por outra banda, a mesma iberia tivo proscrita a actividade no aeroporto de quito logo do embarranque dun flamante a340/600 e a súa actuación é cuestionada en varios paises da zona, asunto moi pouco publicitado por aquí donde tanta xente se extraña que, de vez en cando, unha aeronave con pasaxeiros se empitone contra o chan cando o realmente asombroso é que un trasto así de grande e pesado sexa capaz de manterse no ar soio un minuto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: