Describe a organización veciñal como "movemento extremista" e acúsaos de obrigar aos habitantes da zona a apoialos. A entrevista publícaa a revista Nytid.
Os membros da Plataforma Veciñal de Merexo estudan emprender acción legais contra o director da empresa Stolt Sea Farm, Pablo García Rodríguez, por un posíbel "delito de inxurias e calumnias", vertidas nunha entrevista concedida ao revista noruegués Nytid.
A revista interesouse polo conflito que se está a vivir na aldea de Merexo, no concello de Muxía (Fisterra), após saber que a Plataforma Veciñal lle enviara ao monarca de Noruega, Harald V, e ao Gran Ducado de Luxemburgo -onde ten a súa sede esta multinacional- cadansúa carta pedindo a súa mediación e poñéndoos en antecedentes da ampliación da piscifactoría que esta empresa, de capital noruegués, pretende facer na vila, "a costa das terras e do patrimonio de Merexo", e amparándose no plan acuícola da Xunta.
Segundo lle contou a Vieiros Antonio Devesa, presidente e voceiro da Plataforma Veciñal de Merexo, foi a publicación a que se puxo en contacto con el, para saber as razóns polas que enviara as misivas. "Eu expliqueilles que en Merexo pretendían ampliar a planta de Stolt Sea Farm, deixándonos sen terras e soterrados en formigón; envieilles documentos por correo electrónico, imaxes da zona e das nosas mobilizacións, e diversa documentación. Eles, polo seu lado, puxéronse en contacto coa multinacional, para saber, loxicamente, a opinión dos dous lados", explicou Devesa.
"O formigón non ten atractivo turístico"
Mais os veciños de Merexo non agardaban as palabras do director de Stolt Sea Farm, Pablo García, que recolle a revista: "Non contabamos que tivese a boca tan grande, porque aquí sempre está caladiño, coma un cordeiro degolado, mais no momento que ten a oportunidade de falar para un medio estranxeiro, dedícase e dicir que somos un movemento extremista, que estamos a facerlle presión aos veciños para que apoien as nosas reivindicacións e que só queremos cartos", sinalou o presidente da Plataforma Veciñal de Merexo, ao tempo que dicía que a publicación desta entrevista serviu para que "este tipo de xentes amosen a súa verdadeira cara. Non vou dicir o nome que merecen porque teño educación, e se eles tamén a tivesen non se poñerían a facer declaracións do tipo 'a ampliación da piscifactoría ten atractivo turístico', desprezando a intelixencia dos veciños da aldea, da comarca e de toda Galiza, porque atractivo turístico téñeno a Catedral de Santiago, a Torre de Hércules ou, no mesmo Concello de Muxía, a Virxe da Barca, pero non unha planta de formigón a carón do mar", destacou Devesa.
Para Antonio Devesa tamén foi abondo desprezo, por parte do director da multinacional, que dixese nesta entrevista, que a plataforma que preside só procura cartos "cando a nosa vila non ten prezo; nin as nosas terras... Hai xente que está vivindo delas, e non queremos vendelas nin que nolas rouben". Neste sentido, sinalou que "é normal" que dende Stolt Sea Farm pensen que no fondo das reivindicación desta plataforma estea o diñeiro "porque eles son peixes de negocios, que só pensan nos cartos, e así andan, chuleándonos a nós de maneira grotesca, e mesmo á Xunta", concluíu.
O obxectivo (que falen de nós os medios noruegueses) está cumprido
A Plataforma está a pensar en emprender accións legais, mais tamén agardan ter contestación das dúas institucións ás que enviaron as cartas (monarquía norueguesa e ducado luxemburgués), aínda que o obxectivo que perseguían, que os medios de comunicación do país escandinavo se fixesen eco da noticia e explicasen o que está a acontecer en Merexo, xa está conseguido. "Ademais, conseguimos demostrar con que tipo de xente estamos a loitar; Pablo García pensaba que podía dicir o que quixese, que non nos habíamos enteirar aquí, coma se fósemos analfabetos; mais nós, grazas á publicación desta entrevista sabemos o que pensa e o que opina realmente; e imos seguir coa nosa loita".
No caso de que o rei Harald V ou o gran duque de Luxemburgo lles contestase,"sería algo bastante forte", sinalou Devesa, "hai poucas posibilidades de que o fagan, pero se se interesan por Merexo, sería un tema xa de carácter diplomático, e podería darnos unha solución ou tomar medidas pola súa parte, como podería só dicirnos que lle chegou a carta e listo. De todos os xeitos, que se coñeza o que acontece na nosa vila é o importante, e xa hai outro medio noruegués en contacto con nós, ao que imos falar do que pasa en Merexo".
Que se vaia vivir a Noruega o merdán cipaio ese. Vende o país porque lle pagan ben. Para unha birria de postos de traballo hai que destruír 270 mil metros cadrados. Que os destruan en Noruega. Pero queda moi ben ser os países máis ecolóxicos e avanzados do mundo, claro porque van destruir a outros lados. Que vaian colonizar a seu pai. Destruímos aló e así aquí vivimos nun verxel, iso é o que pensan e o que fan. Hipócritas.
Aos veciños de Merexo, a miña solidaridade, o meu sinceiro e fondo pesar e rabia pola barbaridade que seguramente van realizar arredor do lugar, atentando contra a propiedade privada e común dun concello e dunha comarca.
Este non é xeito de tratar nin de vender a nosa terra.
Xa veremos agora si a Xunta toma medidas contra Stolt Sea Farm. Agora vaiselle ver de que pé coxean. Ou moito cambiarón ou seguramente do lado dos empresarios, tal e como viñerón facendo sempre. Recordemos que a Conselleira de Pesca tivo mil e unha reunión con estas empresas pero as plataformas nunca as recibiu.
Politica progresista, según eles. Como decia miña avóa "mala chispa os coma".
Pues que estudien, que estudien...porque los ecoloidiotas llevan tiempo intentando hacerle la vida imposible a Stolt Sea Farm y hasta ahora no han logrado más que hacer un ridículo impresionante.
Los ecoloidiotas y los nazi-anal-socia-listos vos son parvos rematados.
¿Vos fijáis que inteligente soy y qué maníficos juegos de palabras vos hago?
¡Cuánto tenéis que estudiar ainda los bloqueros de la eta para hacer el ridículo tan bien coma mí!
¡Y dejarvos de ponerme votos negativos, pailanes, que no tenéis más que envidia porque soy el más listo de Vieros y vos avergüenzo cada vez que escribo porque denuncio la maldaz de las izquierdas, asesinos de las monjas encoiro!
¡VASPAÑIA, COÑIO!