Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Intervención no Fórum Europa

Feijoo ten morriña do "bilingüismo cordial" dos gobernos Fraga

Critica, ademais, que os socialistas falasen antes co BNG ca co PPdeG durante o proceso frustrado de reformar o Estatuto.

Redacción - 13:45 17/11/2008
Feijoo nunha xuntanza con xente moza, este venres

Feijoo nunha xuntanza con xente moza, este venres

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse este luns a recuperar o "bilingüismo cordial" en Galiza porque, segundo dixo, co actual Goberno, o país "ingresou no club das comunidades autónomas con problemas lingüísticos".

Durante a súa intervención no Fórum Europa, Feijóo considerou que nestes tres anos a política lingüística do PSdeG é a do BNG, formacións as que acusa de "romper" o consenso nesta materia co decreto do galego no ensino.

Por iso, reiterou que unha das primeiras decisións que adoptará de gañar as eleccións será derrogar esta norma. Despois buscará o consenso, proseguiu; de non o conseguir, o PP manterá o acordo que se alcanzou no pasado cando Manuel Fraga presidía a Xunta, anunciou.

"Ningún presidente de comunidade autónoma, mesmo con maioría absoluta, debe romper o consenso do bilingüismo cordial que atopamos durante 16 anos", proclamou Feijóo, e sinalou que "o peor" que se pode facer coas linguas é "prohibilas ou impoñelas". Galiza hai dúas linguas e que as dúas se deben usar con liberdade.

Reforma do Estatuto

Ademais, respecto a unha futura reforma do Estatuto de Autonomía, Feijóo recordou que o PPdeG "sempre" estivo de acordo cunha modificación do texto estatutario. "Mais unha reforma útil que consolide a maior autonomía de Galiza dentro da Constitución e a liberdade dos galegos", argumentou. "Unha reforma galeguista e constitucional", agregou.

Explicou que, se el fose presidente da Xunta, empezaría buscando un pacto cos socialistas para que así "a minoría se sumase ao acordo da maioría". No entanto, lamentou que esta lexislatura se "empezase ao revés" e fose o BNG o que sumara os socialistas.

Ademais, recordou "os antecedentes" dos nacionalistas, que non apoiaron a Constitución española, o actual Estatuto, a entrada do Estado Español na Unión Europea nin a frustrada Constitución Europea.


1/5 (7 votos)

Comentarios (11)

xoanramon #1 17/Novembro/2008 xoanramon
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O bilingüismo de Feijoo é o bilingüismo armónico, con esto xa está todo dito.

outrolector #2 18/Novembro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Sr. Frijol no pierda la práctica del uso de la manguera de jardín, muy util para apagar la barbacoa. Y no enchoupe de mas la era hombre!

gaviogaliza #3 18/Novembro/2008 gaviogaliza
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

O bilinguismo é traição à Galiza.

Artritris #4 18/Novembro/2008 Artritris
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A foto que ilustra o artigo está escollida con moi mala hostia :)

tinho #5 19/Novembro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pero que grandeza no falar tem o feijoo, debe de ser po-la sua dominaçom das linguas e issa ``harmonizaçom´´ que posue.
Por certo estara a practicar o novo-velho saudo do partido que preside??

Gaias #6 19/Novembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A politica linguistica deste facha e a mesmas dos GB e de Franco, o lado del Fraga era un "galeguista". A sua politica linguistica e a de facer apartheids nas escolas, separando os nenos por linguas. A de introducir o galego nas administracions, pero non no mundo empresarial, xustiza e medios de comunicacion donde esta claramente discriminado. En definitiva relegar o galego o ambito da familia e o folclore.
E agora ademais os seus amigos do GB tamen levan o galego ante o parlamento europeo en Estrasburgo. Dentro de pouco os galegofalantes imos ser delincuentes. Iso si, nin unha palabra dos casos recentes de vulneracion dos dereitos linguisticos a galegofalantes no ambito laboral.

Gaias #7 19/Novembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O bilinguismo pon na mesma posicion en Galiza o castelan co galego (lingua propia de Galiza). E coma sempre o pez grande sempre remata merendandose o pequeno. Pq se todos saben falar as duas linguas a larga a xente e as empresas considera mais util empregar a que ten mais falantes e chega a mais xente. Remantando coa morte da lingua propia.

papuxa70 #8 19/Novembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Tem morrinha de fascismo¡¡

lostrego #9 19/Novembro/2008 lostrego
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¿Os antecedentes dos nacionalistas?... falamos dos antecedentes (falanxe, paseos nocturnos, fascismo...) e das realidades (caciquismo institucional, caspismo españolista, débedas na xunta -comezando polo Gaias-, desenvolvemento económico nulo, o prestige era un fío de plastilina, guerras entre os da boina (caciques) e os da garabata (señoritingos mandrileños...) dos do PP ?

galegodosul #10 20/Novembro/2008 galegodosul
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por favor, quem tiver um machado que me abra a cabeça, porque eu jamais entenderei como pode um galego(?) defender o "bilinguismo cordial", que não é outra coisa senão a asfixia e tentativa de destruição de uma LÍNGUA FALADA por mais de 250.000.00 de pessoas.

salvora #11 20/Novembro/2008 salvora
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Que grandes sociolingüistas ten o PP. Primeiro acuñaron o termo bilingüismo harmónico, agora bilingüismo cordial, o próximo vai ser o BILINGÜISMO MONOLINGÜE.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: