Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Co lema: 'Galicia, azul e verde'

O concello asturiano de Cudillero acusa a Xunta de plaxiarlle o lema turístico

Hai 10 anos que o municipio emprega a mesma frase para promocionar a vila. Os asturianos non van renunciar ás cores e piden a retirada "inmediata" da campaña.

Redacción - 16:00 17/11/2008
Imaxa da campaña galega

Imaxa da campaña galega

"Galiza; azul e verde", este é o lema que o Goberno empregou na súa última campaña turística, lanzada a nivel estatal. Até o de aquí non había problema, xa que as dúas cores parecían describir ben a nosa paisaxe, e non molestar a ninguén. O conflito comezou cando souberon desta nova publicidade no concello asturiano de Cudillero, onde hai unha década que promocionan o seu municipio co lema "Cudillero, azul y verde" (Cudillero, azul e verde), unha frase que só difire nunha palabra, da que agora escolleu a Xunta.

Cudillero pide que se retire "de inmediato" a propaganda galega
Ao concello de Cudillero, non lle sentou nada ben que Galiza lles "copiase" o lema. Segundo publica o xornal La Nueva España, de Oviedo, o alcalde pixueto -xentilicio dos habitantes de Cudillero- Francisco González (PSOE), ten intención de lle enviar unha carta "directamente ao presidente da Xunta" pedíndolle a retirada da campaña, que considera "un plaxio" do slogan municipal. "Do contrario, imos ter que recorrer a outro tipo de vías que non quixeramos ter que empregar", matiza o rexedor a este diario asturiano.

"Aínda que existe unha diferenza entre o tamaño das dúas administracións, e tamén diferenzas nos seus orzamentos, a Xunta debe darse conta de que neste caso o tamaño non importa, e está claro que o slogan é noso; así aparecer, dende hai 10 anos, en toda a propaganda que se fai do noso concello", explicou González. Porén, o alcalde non precisou se o lema foi rexistrado, só revelou que foi obra do pintor local Pepe Cándamo, que llo cedeu ao rexedor "un día, mentres comiamos unhas parrochas e tomabamos un chato de sidra. Eu leveino ao Pleno e gustou".



3,5/5 (4 votos)


Comentarios (15)

rinlo #1 17/Novembro/2008 rinlo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois tenhem razom! Que pouca imaginaçom (tenhem os políticos). Lembro-me daquela vez na que Córdova tomou emprestado de Lugo o "para comer... Córdoba".

rinlo #2 17/Novembro/2008 rinlo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois tenhem razom! Que pouca imaginaçom (tenhem os políticos). Lembro-me daquela vez na que Córdova tomou emprestado de Lugo o "para comer... Córdoba".

Carlinhos #3 17/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galiza:
Cincento claro cemento, grisáceo-pérola uralita e fume de centrais térmicas, castanho-xurro do país das mil cloacas; Morados de enchentes, merendinhas e jornadas grastronónicas várias e de bilhetes 500€ dos especuladores, médicos com consultas privadas, hospitais, clero e prensa subsidiado-concertados, pardo e grisáceo canteira de lousa; branco das torres eólicas e dos antibióticos das granjas de aquicultura, vermelho tijolo, maré de toxinas e vermelho sangue de trabalhadores, negro sentinaso, dinheiro negro, leite e futuro negro...
Nom havia cores onde eleger? Isto passa de castanho obscuro, quê pouca imaginaçom!

carxeva #4 17/Novembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Estes asturianos sempre tocando o carallo á Galiza, por que non se meten con Castela ou Cantabria? Non, sempre a mala da película é Galiza, cando todo o mundo sabe que o alcalde de Cudillero é un dos máis caciques e corruptos da rexión asturiana. Que a Xunta non faga nin caso.

carxeva #5 17/Novembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Hai pouco tamén se meteron co de "paraíso natural" de Murcia, que casualidade eles teñen todos os lemas turísticos e o resto miramos, pois hai un "E" que ben NOS DIFERENCIA.

piorno #6 17/Novembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Isto parece cómico.

Outros podiam denunciar a Câmara Municipal de Cuideiru, por se ter apropriado de um lema e de umhas cores. Alguns exemplos:

- Em Portugal existe umha cadeia de hotéis chamada Blue & Green (http://www.blueandgreen.com/)

- Na República Checa também hai umha empresa de catering chamada Blue & Green (http://www.blueandgreen.cz/)

- Na ilha do Faial, nos Açores, existe a Lagoa Verde e Azul (http://www.nortravel.pt/www/pr...

- Existe um tour turístico na Turquia denominado Verde e Azul (http://www.tripistanbul.com/tu...

- A turística regiom polaca de Podlasie é chamada Terra do Verde e Azul (http://www.wrotapodlasia.pl/en...

- Também o departamento francês de Limousin é conhecido turisticamente como Terra do Verde e Azul (http://www.limousinleisure.com...

E assim poderíamos encontrar umhas quantas dezenas de lugares que utilizam denominações parecidas.

Pretender apropriar-se de umhas cores que som comuns a milhares de sítios no mundo é bastante cómico.

Garrano #7 18/Novembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Concordo con Piorno e engado. Por que campaña turistica a nivel estatal? e que os tuyristas teñen que ser por forza españois? non poden ser portugueses, irlandeses, italianos, gregos, suecos, suizos...? Que por certo, teñen máis diñeiro, gastan máis e menos prexuizos para coa lingua e culturas deste País.

Tino #8 18/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E o Concello asturiano plaxioulle o lema á Dirección Xeral de Turismo da antiga Consellaria de Cultura, comuniación social e turismo (antes co PP), q tirou uns carteis sobre Ourense, xunto co Padroado Provincial de turismo de Ourense, xa hai moitos anos.

O lema era: Ourense, azul e verde.

Non creo q exista tal plaxio pola utilización dun topónimo xunto con duas cores a continuación: son temas moi recorrentes nas campañas de turismo.

O problema de fondo é q estamos en campaña, e o Concello de Cudillero, en mans do PPsoe, xa comezou a sua campaña electoral con viaxes á Arxentina e PPaparotas varias. Pero para conseguir q se vote en urna non gastan nin unha caloria...

Tino #9 18/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por certo, dos carteis q dixen no comentario anterior, teño as probas!

Barcelos #10 18/Novembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Todo o mundo plaxia, pois ninguén inventa nada e o que descobre xa o descubriu outro.

Aínda que aquí non hai plaxio, xa que o primeiro di: "
Cudillero, azul y verde
e o da Xunta di:
Galiza, azul e verde.

De catro palabras só coincide a metade e para iso porque se din igual en galego que en asturianu.

E que imos pór?
verde e azul? verde escuro e azul claro? Non me fodades.

Barcelos #11 18/Novembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, cales son esas vías ás que van recorrer?

Non serán as vías do tren de vía estreita. Ou é que van mandar as tropas á fronteira?

Con esa vila multicolor que se ve na foto, é máis fácil que cambien as cores do slogan os de Cudillero. "Cudillero, azul y verde y amarillo y blanco y rojizo y etc."

redaccion #12 18/Novembro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ao pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Barcelos #13 18/Novembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Eu non censuraría os comentarios dun asturianu-mineru sobre un galego. A ver se vai utilizar as vías do alcalde de Cudillero.

mineru #14 18/Novembro/2008 mineru
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que me estas amenazando imbecil?

Barcelos #15 19/Novembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#14 Mineru: Pouquiño a pouco vas mellorando. Polo menos a min non me chamas "hijo de puta"

Que conste que eu non estou ameazando imbecil a ninguén, e menos a ti. Dáballe un consello a Vieiros.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: