O fin é catalogar e salvagardar as 39 comunidades non contactadas que se calcula aínda existen.
Tribo amazónica atacando unha avioneta
A Fundación Nacional do Indio do Brasil (Funai) vai iniciar unha serie de exploracións para atopar tribos perdidas da Amazonia. Para iso, conta cun avión dotado dun sensor capaz de detectar a distancia a presenza humana pola temperatura do corpo.
A Funai calcula que existen 39 tribos na zona máis mesta do Mato Grosso. A súa intención non é que esas comunidades saian á luz pública e acaben destruídas pola civilización occidental, senón localizalas para evitar que os terratenentes e os empresarios mineiros accedan a esas áreas.
A nova técnica evitará accións máis agresivas, como as que supoñían as exploracións a pé pola selva. Segundo a fundación, con esta medida evitarase que se repita o que aconteceu cos piripkura, atopados hai dúas décadas e dos que só sobreviven dúas persoas.
"A súa intención non é que esas comunidades saian á luz pública e acaben destruídas pola civilización occidental, senón localizalas para evitar que os terratenentes e os empresarios mineiros accedan a esas áreas".
Gostaria de crê-lo...
Eu também gostaria, giao, mas näo consigo. Já fui emigrante lá, no Brasil, e sinceramente as coisas näo costumam ser täo inocentes assim ao sul do equador. Oxalá erre... e longa vida aos filhos de Tupä!
A Fundación Nacional do Indio do Brasil ten demostrada a sua preocupación e traballo por estas tribos e outras, estando de lado deles en todas as solicitudes e manifestacións para a devolución das terras, aliás nas ocupacións "ilegais" na década pasada.
O sensor de infravermelhos sinala objectivos a atingir. Genocidas.