A ministra de Medio Ambiente sinalou que o proxecto inclúe un programa de recuperación da xunqueira. A obra comezará o ano que vén.
A ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, viaxou a Vigo para presentar o anteproxecto da nova depuradora do Lagares que, segundo revelou, vai ocupar "practicamente" a mesma superficie que a actual planta -6,7 hectáreas fronte ás 6 que ocupa agora-, e terá "máis capacidade", debido a que dispón da "última tecnoloxía".
"Mínima afección visual e ambiental"
Así describiu Espinosa a EDAR, que comezaría a se construír o ano que vén, e a funcionar en 2011. O custe total serían 235 millóns de euros (112 apórtaos o Ministerio, 73 a Xunta, e 18 o concello), pero, ademais do planta depuradora e de tratamento das augas, o proxecto incluiría a construción dun novo emisario submarino, unha nova acometida eléctrica de máis de tres quilómetros, unha zona de xardíns públicos e tres hectáreas de zona verde, ademais da recuperación da marisma do Lagares.
Segundo sinalou a ministra -que compareceu en Vigo, acompañada do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero-, a nova planta da EDAR terá unha altura máxima de 17 metros e unha capacidade para depurar as augas de 800 mil habitantes. Porén, a maior parte das instalación van ir soterradas -o tratamento primario e parte do secundario das augas farase por baixo da terra-, e vanse aproveitar unha serie de gases derivados do proceso para obter enerxía. En definitiva, a ministra de Medio Ambiente destacou que a nova EDAR do Lagares vai ser "máis eficiente, con menor consumo de enerxía e tecnoloxicamente máis limpa".
Polo seu lado, o presidente da Xunta sinalou que estas instalación supoñen "a máis moderna infraestrutura de saneamento acometida nunca en Galiza", e unha "solución óptima, de futuro e con mellor tecnoloxía". Asimesmo destacou a "mínima afección visual e ambiental", que uniu á posibilidade de recuperar a xunqueira do río Lagares.
A solución óptima para o cazo.
Un macro monstro nunca poderá ser máis efectivo que pequenas depuradoras en cada cunca, pero para estes "cerebros" iso sería traballo de máis.
Nin se fala do separamento das pluviais.
¿Pero es que alguien se cree a esta ministrilla? Su credibilidad, como la de los dos payasos que la acompañan en la foto, está a la altura del betún. O sea, equiparable a la de la ministra de fomento. De fomento de la mentira.