Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acondicionamento de San Caetano

As obras na área de Presidencia custaron 2,26 millóns, non 1,6

O secretario xeral da Consellaría de Presidencia cifrou o orzamento das reformas en 600 mil euros máis do anteriormente anunciado.

Redacción - 19:10 17/11/2008

O secretario xeral da Consellaría de Presidencia, Santiago Roura Gómez, compareceu este luns na comisión primeira do Parlamento para dar conta do gasto que supuxo a remodelación do despacho do presidente da Xunta en San Caetano. Segundo explicou Roura, o custo total foi de 2,26 millóns de euros, 600 mil máis do que o Goberno afirmara en outubro.

En calquera caso, o secretario xeral explicou que a reforma non consistía unicamente na reforma do despacho de Touriño, senón que tamén incluíu cambios que supuxeron o aumento en case 200 metros cadrados de superficie nunha zona en que traballan 35 persoas. Tamén dixo que as obras, efectuadas a finais de 2005, eran "de necesidade obxectiva e inaprazábel", e que comprenderon a substitución da instalación eléctrica por outra de máis potencia.

Ademais, segundo o Roura Gómez, o vello transformador rebosaba o seu líquido lubricante, piraleno, de carácter canceríxeno. En detalle, dixo que o custo da obra civil foi de 697 mil euros, máis case 1,2 millóns en instalacións, 344 mil en mobiliario e 46 mil dun elevador.

Reacción do PPdeG

O Partido Popular de Galicia cualificou o gasto de "escandaloso" e replicou que as obras se aprobaron un mes antes de que se producise o apagamento en San Caetano. Tamén se pregunta como é posíbel que unhas dependencias accesíbeis para Manuel Fraga non o fosen para Touriño.

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, ironizou sobre o gasto en mobiliario: "Non sabiamos que as cadeiras de Fraga xerasen curtocircuítos", dixo. Tamén dixo que o único problema era que a Xunta se contradixese ao facer público o custo total da obra.

Rueda tamén anunciou que o seu partido seguirá a solicitar comparecencias no Parlamento; a próxima, a do interventor da Cámara.


4,67/5 (3 votos)

Comentarios (8)

Carlinhos #1 17/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Nom nos ponhamos nervosos; tranquilidade; a nossa droga nacional, o licor-café, já tem versom descafeinada, assi já podemos adormecer as nossas consciências sem alterar-nos; nom ser "hipercríticos" co governo "de progresso" e renegarmos da mai que os botou e dos botarom eles para continuarem co mesmo modo de governar o País, já podem vender o país a pedaços, e subastar o os nossos recursos naturais sem que nós perdamos o longo sono da "Naçom de Breoghám". A encher-se coma cans que é o que nos queda.

outrolector #2 18/Novembro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Falsos e sectarios; moito pior que os de antes.

UnDeTantos #3 18/Novembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Tranquilo Outrolector,as eleccións están aí. Vótalle aos de antes ;)

Gaviotero #4 18/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Jajajaja!!!...Ya os lo diiiiiiiiiije. Ricardo Varela es el embustero mayor del reino, y con él toda la gente de Presidencia. Y vamos a enterarnos de aquí a las elecciones de TODOS los precios, incluyendo lámparas, alfombras, cuadros y demás mobiliario. Y por eso mismo van ajustando las cifras a la realidad.

En algo sí tenían razón, cuando acusaron de mentiroso a Feijóo al decir que fueron 2 millones. Efectivamente, todavía se quedó corto, porque era bastante más.

Y encima, a los ladrones de San Caetano no se les cae la cara de vergüenza. Y los del Bloque, a apoyar a estos tipos...pues nada, nada, a por la mayoría absoluta del PP.

Gaby_Otero #5 18/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Jajajaja... ¡Ay qué pitillitos de la risa tan ricos por la mañanaaaaaaaa! Vos soy tan pavero que no doy parado de reir con mis propios chistes.

¡Menos mal que dentro de poco ya poderemos volver robar los de siempre!

¡Venga, Feijóo, acaba con esos bloqueros etarras para siempre!

jajaja, jejeje, jijiji...

¡VASPAÑIA!

mansdodemo #6 18/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu non digo que non se arranxen os despachos,os coches etc etc...
O que si digo,é.....que ¡HAI QUE ECONOMIZAR!.As amas de casa,teñen que facer mil e unha peripecias,para sacar adiante as súas casas....e non se tiran polas pozas coma certos políticos.

Gaviotero #7 18/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Algunos son tan sectarios, que están dispuestos a defender la mentira y el derroche con tal de que salgan los suyos. Los del progreso. Y aunque se vayan al paro y les suban los impuestos para pagar estas cacicadas, como son los del "progreso", seguirán apoyándolos, votándolos e intentando que las críticas a tales cacicadas queden ocultas con votaciones negativas de los comentarios...

Hay que ver qué bajo ha ido a caer la izquierda y el nacionalismo gallegos...tapando las miserias, los despachos, los audis y el despilfarro de cuatro aburguesados que aprovechándose del discurso de los de abajo están forrándose a más no poder.

Pues nada, nada...seguid votándoles.

Vakaloura #8 18/Novembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nunca pensei que o bigoverno caira tan baixo. Poderíase esperar do PSOE, pero do BNG aínda me resulta difícil de crer que se vendera por unhas farangullas. Incríbel que no BNG haxa tanto bandullo agradecido. Cousas da vida!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: