Prepara unha partida orzamentaria "excepcional" para evitar que se presenten novos EREs. Os sindicatos critican que as axudas se limiten só ao mes de decembro.
O Goberno está preparando unha partida orzamentaria "excepcional" para evitar que a crise siga a zoupar no sector da automoción en forma de EREs (Expedientes de Regulación de Emprego), ante o anuncio de que Citroën podería só traballar en decembro catro días, o que afectaría aos traballadores eventuais e aos das industriais fabricantes de compoñentes.
Plans de formación para traballadores en activo
Esta segunda feira xuntouse en Compostela unha representación gobernamental -das Consellerías de Traballo e Economía-, dos sindicatos (CIG, CCOO e UXT) e empresarios (agrupados en Ceaga e Asime) no Foro da Automoción, para debater que medidas tomar a curto prazo para paliar a posíbel perda de postos de traballo neste sector. De entre elas, as axudas económicas da administración, que poderían roldar, segundo fontes oficiais, entre os oito e os 10 millóns de euros, e que se canalizarían a través das organización empresariais. Estes cartos irían destinados a formar traballadores en activo naquelas xornadas nas que se pare a produción, mantendo os soldos e evitando que as empresas recorran aos EREs, mais só durante o mes de decembro.
A Xunta toma esta medida, aínda non concretada, despois de que a semana pasada a dirección do grupo PSA Peugeot-Citroën anunciase a supresión de entre 800 e 900 postos de traballo eventuais na súa factoría en Vigo, ao terminar cunha das quendas nocturnas, e recortase aínda máis os días de produción para o mes que vén. A noticia fora acollida con pesimismo por empresarios e sindicatos, que prevén aínda a apertura de máis EREs na industria auxiliar, as empresas fabricantes de compoñentes, que dependen da multinacional, sobre todo na comarca de Vigo. Hai que lembrar que a industria auxiliar de Citroën en Galiza está composta por unha rede de 70 provedores e 15 mil traballadores. Até o de agora, sete empresas do sector presentaron EREs temporais que afectan a perto de 1.500 empregados.
Esta terza feira, a patronal Ceaga entregaralle unha listaxe a Traballo na que se indica o número de traballadores afectados e os días de axuste necesario para o último mes do ano.
Un plan que só vale para decembro
O Foro Galego da Automoción aínda se vai xuntar esta terza feira en Vigo, para definir a que empresas se van destinar directamente as axudas, en base a "criterios de responsabilidade social". Os sindicatos rexeitan que se subvencione ás empresas que presentaron os EREs antes de esgotar as medidas de flexibilidade que recollía o convenio. Ademais, como as axudas están restrinxidas, nun comezo, ao mes de decembro, os sindicalistas tamén sinalan que haberá que pensar que facer cando chegue xaneiro.
Porén, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presente a pasada segunda feira en Vigo para presentar o anteproxecto da depuradora da Lagares, sinalou que a Xunta vai articular "todas as medidas posíbeis e necesarias" para garantir a viabilidade desta inxección económica á automoción. Touriño tamén revelou que esta semana ten previsto reunirse co director da multinacional en Vigo, Pierre Ianni, para falar da situación da factoría.
O BNG preguntaralle ao ministro de Industria polos problemas de Citroën
A deputada do BNG no Congreso, en Madrid, Olaia Fernández Davila, solicitou esta terza feira a comparecencia do ministro de Industria, Miguel Sebastián, para explicar a situación de crise que está a vivir o sector da automoción e, de xeito específico, o que está a acontecer na factoría de Citroën en Vigo. Á deputada nacionalista interésalle coñecer as perspectivas de futuro do sector, así como as actuacións e xestión que vai desenvolver o goberno español sobre os "graves problemas" que afectan "a un sector que dá traballo a milleiros de persoas".
Dinero que va directamente pa Francia o a incrementar todavía más los salarios de los directivos de Citroën, ya lo suficientemente bien remunerado. ¡Ah! Sin olvidar a los liberados sindicales que a costa del presupuesto público van a seguir cobrando sus nóminas sin ir a trabajar durante todo el mes de diciembre, Navidades incluidas...Así despilfarran nuestro dinero público los de la Junta de Galicia.
Mentres reparten os cartos do pobo a sectores que non son de noso, algúns sectores moi nosos coma o do leite ou a pesca so reciben axudas para desaparecer. Por favor emprego dos cartos de xeito racional, que se forme á xente que vai saír do sector do automóbil para ir a sectores nos que poidamos ser competitivos, porque con subvencións ou sen eles o camiño de Citroën é escapar a países máis pobres, mesmo motivo polo que veu para aquí no seu momento.
Menos mal que a Xunta cambiou, tanto, que en nada se parezx á de Fraga!
Fraga hai uns anos só lles envorcou do presuposto público uns coido que 2.000 millóns de nada, coido que o siñor Ánsar (o amigo de) 18.000, mais as cantidades poden ser outras mais nes proporción.
Nada de partidas excepcionais, qse non mintan, son HABITUAIS. Queren os nosos cartos como o fai a banca ou Montoto e moitos outros farán

Para subela
Concordo contigo en parte. Claro que poderiamos potenciar a agricultura. O que pasa e que Citroen ten un xeito de funcionar bastante eficiente. E unha empresa moi competitiva. En troques O leite, a agricultura, hoxendía non é competitiva. Ningúen pode plantexarse investir diñeiro con parcelas de 500 metros cadrados. As cousas funcionarían doutro xeito se dispuxeramos de parcelas dun mínimo de 30 ou 40 hectareas. Ocorre que para facer eso hai que expropiar ou parcelar (a famosa parcelaria), e a xente, en xeral está en contra. Importantísimo é que o BNG aprobara o BANCO DE TERRAS. E un paso moi importante. Ainda que a min paréceume un chisco feble por pouco ambiciosa xa que plantexa a expropiación en casos extremos cando debería ser o primeiro que se fixera.
No ámbito da pesca é certo que non atravesa un bo momento. Agora ben, a xente que dirixe este sector, os xerentes das empresas, son uns auténticos incompetentes (o digo con coñecemento de causa). Para gañar cuota de mercado, e tumbar á competencia, non optaron por facer análisis estratéxicos, plans de empresa. Non. O que fixeron e baixar os prezos moito. Agora non hai quen os suba e así andamos. En definitiva, temos moi bo material, pero, en xeral, os xerentes de empresas deste país son uns auténticos imbéciles.