Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Obra dixitalizada

Máis achegas en liña do xenio de Castelao

Xa pode consultarse en internet un conxunto de pezas da obra de Castelao procedentes do fondo preservado no Museo Provincial de Pontevedra.

Redacción / EP - 09:00 19/11/2008
Arriba os probes do mundo (1937)

Arriba os probes do mundo (1937)

A Deputación de Pontevedra realizou un catálogo de fondos dixitalizados da obra de Castelao preservada no Museo Provincial, que consta dun total de 1.611 pezas, das cales 1.549 son debuxos. A peneira pódese visitar na páxina web do centro museístico, no enderezo Catálogo Castelao.

Os debuxos corresponden a títulos como "Álbum e debuxos de Bretaña", "Álbums de Guerra", "As cruces de pedra en Galicia e na Bretaña", "Cousas da vida. As mulleres", "Debuxos de negros", "Diario de 1921", "Os dous de sempre", "Cousas da vida. Os homes" e "Os vellos non deben namorarse". Entre os debuxos catalogados figuran caricaturas, carteis, retratos de cegos, emigrantes, músicos e anciáns, así como paisaxes, máscaras e temas marítimos e relixiosos. O acceso a estes fondos dixitalizados realízase a través de sinxelas buscas que permitirán contemplar polo miúdo cada unha das pezas mediante un sistema de reprodución fotográfica.

Na presentación do catálogo, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, definiuno como "un instrumento fundamental e imprescindíbel" para as persoas interesadas en coñecer a obra do intelectual galeguista, "dende a curiosidade ou a investigación". Louzán explicou que se trata dun método "moderno" e "introducido nos mellores museos do mundo". A escolma será ampliada no futuro, segundo avanzou o presidente do ente provincial.


Ligazóns

4,67/5 (6 votos)


Comentarios (3)

LANS #1 19/Novembro/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Castelao é um guia para muitos de nós, o triste e que os seus gravados e as suas reflexões no Sempre em Galiza seguem hoje vigentes, por desgraza para a terra galega, Castelao segue a ser um génio universal e intemporal. Merece a pena achegar-se aos seus gravados, todos são de uma deslumbrante genialidade.

mansdodemo #2 20/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

CASTELAO,¡que gran humanidade,que gran xenio!
"Sempre en Galiza" é a súa gran obra.Eu prego a todos os que non sintan a Galiza,que lean este maravilloso traballo literario,con moita calma,con deleite,con acougo......e despois....xa se decatarán un pouco máis,do que el sinte por esta terra e por nós,os galegos.
Un pequeno apunte da súa humanidade: levaba sempre no peto,a par do caderno para os debuxos,unha libreta pequeneira,onde anotaba calquer suxerencia que xurdise,da conversa ou da observación cos demais.¡Que ben nos faría a presenza de Castelao neste país tan de seu!.Máis......Castelao non está,e hai que ollar para o que temos.....
Aínda non o valoramos coma se merece.
¡SEMPRE EN GALIZA!

spider #3 20/Novembro/2008 spider
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Castelao... galego, nunha palabra.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: