Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FRAN PALLAS, PILOTO DE MOTOS

"O Dakar é o soño de todos os pilotos que lles gusta a aventura"

O piloto bergantiñán está a fechar os patrocinios que lle permitan acudir ao rally Dakar, que se celebrará este ano en Arxentina e Chile. Vexan o vídeo no interior.

Isabel G. Couso (vídeo) / Pablo García Martínez (texto) - 09:00 20/11/2008
As corredoiras de Carballo probaron a bravura do piloto do lugar

As corredoiras de Carballo probaron a bravura do piloto do lugar

Fran Pallas recibiu a Vieiros na súa casa, ao carón da praia de Baldaio, en Carballo. Antes de montar a cámara falounos sobre o rally e a situación actual na que se atopa o seu proxecto. Mentres empurra a moto apagada para colocala nun lugar con boa luz, fálanos dun compañeiro que perdeu hai varios anos no Dakar por mor dun accidente. De súpeto detense e vírase cara a nós para, encollendo os ombreiros, ceibar o que para el debía ser unha pregunta retórica: "Pero que lle vas a facer?" A paixón pola adrenalina é mala de entender para aqueles que a agochamos detrás do medo ou, simplemente, non a experimentamos.

Mais Fran explícanos que o Dakar é diferente, un espazo onde o contacto cunha natureza descoñecida, en condicións de provocada necesidade, crea situacións nas que a propia vida dos participantes chega a correr un serio perigo. Sorrí coma un neno cando nos explica a compoñente humanitaria que rodea o rally do que leva anos namorado. O feito de que as ameazas de Al Qaida obrigaran a suspender a edición do 2008 e a levar a vindeira cara a América magoa a Pallas, un entusiasta do continente africano. Á volta de isto ponse serio para sentenciar que "África é a maior prexudicada desta situación".

Non deixa de boquexar sinceros sorrisos nin sequera cando relativiza os riscos que corren os pilotos do Dakar. Pallas crea un clima cómodo que se racha por un intre cando comeza a bruar a enorme KTM de 660 centímetros cúbicos. Despois de agasallarnos con algunha filigrana polas pistas próximas á praia volve a detallarnos a situación actual dos patrocinios que segue a procurar: "Agora xa non paga a pena volver atrás. Tratarei de xuntar a maior cantidade de diñeiro posíbel e o resto sae do meu peto".

Despedímonos e saímos en dirección a Carballo mentes Pallas deixa todo listo na súa casa de recreo. Poucos quilómetros despois adiántanos e o teito solar do seu BMW brilla baixo un sol bravo que nos recibiu no comezo deste raro outono. Toca a bucina e saúda coa man por fóra da xanela antes de perderse nun horizonte composto de enrevesadas curvas debuxadas sobre o irregular trazado dunha vella estrada comarcal. Pallas acelera con rumbo a Bos Aires.


4,2/5 (10 votos)


Comentarios (7)

Nunogz #1 20/Novembro/2008 Nunogz
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Alédo-me muito de que o Dakar nom seja em África pois os africanos e africanas seguro que o agradecem.
Eu também gosto de que os e as deportistas galegas estém no mais alto, o desporto aventura e todo isso mas dubido que atravessar aldeias e paisagens impresionantes a 150 km/h com camioes, carros, e motos, arrasando co que se lhe ponha por diante, se lhe poida chamar desporto. Vejo-o mais um entretimento para quatro "pijos" que outra cousa.
Adiante com o desporto galego(saudável e respetuoso com o ambente)!!

Hermerico #2 20/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Este nom será um desses cabrons que treina destroçando as dunas das praias, nom?

elrr #3 20/Novembro/2008 elrr
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Xa estamos cos tópicos do ecoloxismo de salón.

Nuno, pregúntalles aos africanos polos que pasa o Dakar se o queren ou non. En moitos lugares é unha das poucas fontes de ingresos que teñen en todo o ano. Ademais, levan tempo funcionando as vías de axuda paralela en forma de recursos médicos, técnicas de mellora agrícola, aportación de recursos alimenticios e nutricionais, etc todas vinculadas ou nacidas do Dakar.

Por outra banda, nos GPS queda rexistradas as velocidades de paso por núcleos poboados que en canto superen os 4o kms/h. implican a inmediata descualificación e multa.

E o de "pijos" igual hai algún, eso sí, con moita resistencia física e psicolóxica. Non hai moita xente que soporte 700, 800 kms ou máis sobre unha moto nunha condución todo terreo e isto durante 15 días... con caídas, problemas mecánicos, apenas sen durmir, etc, etc.

Hermerico #4 20/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Refíro-me as praias de aqui, Baldaio sem ir nais longe. Nunca viches um imbécil com umha moto polas dunas?

Nunogz #5 20/Novembro/2008 Nunogz
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#3 o rally foi rexeitado em África por numerosas comunidades e organizaçons por ser destructivo com a fauna e flora ademais do perigo de morte para a povoaçom (mortes de nenas e nenos que nom saem nos jornais porque nenhuma é europea e a ninguém importa).
Além disso o rally nom é mais que um negócio para patrocinadores e organizaçom junto coa nostalgia colonizadora de, repito quatro pijos).
Em Chile e Argentina já estám organiçando a sua oposiçom contra esta agressom, eiqui tens um enlace onde falam disto mais.
http://www.noalamina.org/index...

NOM ao DAKAR!!, nem em Africa nem em América!!

dende-o-quinto #6 20/Novembro/2008 dende-o-quinto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

se tanto gostam da aventura e do risco porque nom compitem no sahara com ameaças de al-qaeda e tudo...

elrr #7 23/Novembro/2008 elrr
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¿Que flora e que fauna no deserto? ¿Que flora e que fauna se circulan por pistas xa existentes?

¿Que é un negocio para a organización e os patrocinadores? Home, organizar todo iso ten un custe, non cho van facer de balde... Claro que terá a súa faceta de negocio, iso é lóxico.
A min gustaríame que moitos deses que aproveitan o amplificador mediático do Dakar para facer as súas críticas (e de paso autopromocionarse) estivesen en primeira liña denunciando coa mesma forza todos as lacras que afectan ó continente africano, non os quince días do Dakar, senón o resto do ano. Moitos non puxeron un pe en África na vida (ai, non! aquela que vez que baixaron a pillar haxis...)

A culpa dos males de África é dos señoritos do Dakar (Pallas é millonario, sen ir máis aló ¡ha, ha!).
Si home si.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: