Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EDUARDO ESTÉVEZ PRESENTOU O SEU LIBRO

'Construcións' volve á rede

Xa se pode ver en youtube un adianto do vídeo realizado por Lara Bacelo da lectura do poemario, nacido nun blog e publicado por Positivas.

Redacción - 10:11 19/11/2008

Eduardo Estévez dixo hai uns días en Vieiros que quería "devolver á rede" o seu poemario Construcións, o mesmo que nacera nun blog como experiencia de construción colaborativa e de work-in-progress. A presentación do libro, editado por Positivas consistiu nunha lectura a cargo do propio Estévez na Casa das Crechas de Santiago de Compostela. Ao acto acudiron moitos amigos do autor, os mesmo que dun xeito ou outro participaran na creación, a través dos seus comentarios. Estaban, por exemplo, Estevo Creus, Antía Otero ou Mario Regueira.

Lara Bacelo encargouse de gravar o vídeo, do que xa se pode ver un adianto en youtube.


3,25/5 (4 votos)


Comentarios (2)

onofresabate #1 19/Novembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¡Pero qué carallada é esta! Nace na rede, publícase en papel e volve á rede. Din que mellorado. Ou sexa, que o papel fai que mellore a rede. ¡Estes ghichos tan tolos!

12luas #2 20/Novembro/2008 12luas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Noraboa polo proxecto. Xa era hora que a poesía retome o camiño, xa sexa da man do audiovisual, blogue ou papel. Parabéns.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: