Os estudantes póñense en folga pola defensa da universidade pública, a baixada das taxas e a elaboración dun financiamento. Os Comités cifran o seguimento nun 90%.
Esta cuarta feira 19 de novembro os estudantes das tres universidades galegas estaban chamados a unha folga, convocada polos Comités Abertos de Facultade (CAF), encamiñada a protestar polo atraso na creación do plan de financiamento e pola suba das taxas.
Na actualidade o gasto que a Xunta fai nas Universidades do país corresponde a un 0,75% do PIB, e o obxectivo é chegar ao 1,5% en 2015. Porén, os estudantes non están de acordo cos proxectos orzamentarios, principalmente porque unha parte importante do financiamento sae dos seus petos, e porque, din, a universidade cada vez é menos pública. Coa reivindicación dunha xestión integral do gasto universitario como a principal, a maior parte dos estudantes galegos secundaron esta xornada de paro nos sete campus do país.
Carga contra os manifestantes en Lugo
A primeiras horas da mañá, os Comités cifraban o seguimento do paro nun 85 ou 90% nas tres universidades. Nas concentracións posteriores xuntáronse uns 350 estudantes en Compostela e 300 na Coruña; 200 en Vigo e Lugo; e uns 150 nos campus de Pontevedra e Ourense. Segundo recolle a axencia Europa Press, no acto de protesta en Lugo, tres estudantes resultaron feridos durante unha carga policial, ao estar encadeados perante a sede da Subdelegación do goberno español, durante a lectura dun manifesto. Un deles, militante da organización estudantil Agir e menor de idade, foi levado a comisaría.
"Queremos saber en que e como gastan os nosos cartos as tres universidades galegas"
Hai unha semana, Vieiros entrevistou a Marcos Loureiro, para coñecer as principais reivindicacións que chamaban o estudantado a mobilizarse. Na base está aínda a suba das taxas -motivada pola entrada no espazo europeo de educación, o chamado Plan Boloña-, mais tamén a necesidade de coñecer en que se gasta todo o diñeiro que pagan os propios estudantes, alén de reclamar un maior financiamento público para as universidades. Poden ler aquí aquela entrevista.
Manifestación dos estudantes de Enxeñería Informática
Ao tempo que se mobilizaban os estudantes universitarios nos sete campus galegos, os enxeñeiros informáticos de sistemas saíron á rúa para reivindicar que se regule a profesión e que se termine co intrusismo laboral. O colexio profesional cifrou as persoas mobilizadas en 5.000, ao tempo que denunciaba a situación "de total inxustiza" co sector da informática, onde hai anos que se está adiando "a concesión das competencias profesionais propias da titulación".
Quero aproveitar este espazo para denunciar a actuación da policía na manifestación que houbo en Lugo, cargaron contra os manifestantes en frente da Subdelegación do Goberno dun xeito totalmente fóra de lugar, cunha actitude chulesca e tratándonos como se fosemos terroristas.
Foi realmente escandoloso a forma en que á mínima sacaron as porras e comezaron a mallar na xente que o único que facía era protestar pacificamnete.
É probable que ningún medio de comunicación publique a noticia pero polo menos que non quede impune como a policía de Zapatero, ós que por certo lles pagamos o soldo, arremeteu en Lugo contra estudiantes ó máis puro estilo da policía franquista.
NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!!
TEERRRROORRIISSTTAA!!!!!!!!!
O Piolín das Esterqueiras sempre demanda argumentos cando el só ofrece insultos.
Nom vos preocupedes que os cartos que faltem ponos o hispano-gaivoto,que seica os tem ás presas¡¡Verdade falabarato pepeiro¡¡
Aprendices de delincuentes, a xente que loita polos seus dereitos? Deberías de estarlle moi agradecido a esta xente...Non é xente ociosa, imbécil, é xente en folga...podes buscar a palabra no diccionario...Ti si que eres un terrorista, un terrorista contra a túa propia dignidade...
Detrás destas folgas hai moito traballo de moita xente, perdendo en moitos casos horas de aulas, horas de sono e demais familia.Lin que a resposta á convocatoria fora dun 85%, que non está nada mal, pero teño a sensación, inda que eu non puiden asistir por razóns persoais, que na concentración non había o respaldo suficiente.Quizais isto se deba a un traballo apresurado, ou ás folgas xa convocadas anteriormente que desgastan ao estudantado ... non sei, pero penso que é preciso plantexarse seriamente cal é o problema da falta de asistencia ás concentracións, que en realidade é o que nos da a voz ante a sociedade, e non tanto a ausencia de alumnado nas aulas, porque non deixa de ser unha fenda pola que se colan todos aqueles que buscan un remedio pra non asistiren as clases.
Un saúdo a tódol@s compañeir@s e adiante!!
Se a convocatória tivo umha resposta dum 85% . Como é que os prtidos que apoiam Bolonha e nomeam fascistas como Ameijeiras tenhem o apoio que tenhem?, As contas nom dam. E já sei que umha cousa som os filhos e outra os pais, mas ainda assim nom dam
Hermetico eu creo q a porcentaxe de asistencia non reflexa a realidade, e explícome: é certo que houbo un 85% de seguimento, pero o que hai q preguntarse é que tipo de seguimento? un seguimento real ou non?.Eu penso que non, é dicir, foi un seguimento interesado, como ocorre sempre nestes asuntos.A ausencia de alumnado nas aulas non é un dato realista á hora de avaliar o éxito da folga.Isto creo que pode dar resposta ao porqué da situación paradóxica entre o apoio nas folgas e os resultados electoriais.
Igual non me expliquei moi alá
Esplicaches, a mani é cativa e os bares estám cheios
xustiño
E sobre o de que as concentracións sexan cativas tamén habería que preguntarse que parte de culpa temos os q non estabamos nos bares.
Xa sei q non nos gusta facer autocrítica, sobre todo a algúns sectores, pero non era mala hora de ir espabilando.
Nos Estados Unidos, nas universidades «públicas» mais baratas os alunos devem pagar no mínimo quatro mil dólares por ano de matrícula, sem contar, claro está material e outros gastos; sendo estas cifras certamente muito favoráveis dentro da média dos Estados Unidos, incluso dentro da categoria de universidades públicas. O qual faz com que não poucos dos estudantes, aos seus vinte anos tenham que trabalhar, mas não por nada disso da auto-realização, nem por ir buscando algum chollo, mas pura e simplesmente para poderem estudar.
Comparativamente, recordo que nos meus tempos dos CAF dizia-se que os programas das matérias, numa universidade pública, deviam ser de balde, e depois o pessoal «reivindicativo» gastava cada noite em cubatas o dinheiro que custariam os programas de cada um deles e mais os de toda a turma. Enfim, cada pessoa é uma circunstância, e há parte dela que tem necessidades económicas, mas pergunto-me se a exigência de saber em que gasta a universidade o dinheiro público vai ser correlativa com a assumpção de que é normal que uma universidade pública não tenha por que ter dó do dinheiro dos pais dum pseudo-estudante que escolhe passar cinco anos pisando mais tempo o Liberty, o Tarasca, o Avante ou o Forum do que a sua faculdade. Estou de acordo com os benefícios económicos aos estudantes, mas baseados em critérios de mérito. Uma vez que eu estava uma vez dentro faculdade de Compostela (e não é brincadeira o que vou contar), fui perguntado por uma rapariga que queria saber em que sala era o exame (de fevereiro) de não sei o quê, e tive que lhe indicar que a faculdade que estava a procurar não era aquela mas o edifício que estava ao lado. Talvez se os pais desta menina pagassem, em vez do que pagavam, três vezes mais, ela teria mais cuidado de estar pelo menos ter ido o suficiente a aulas como para estar ubicada geograficamente. Ou talvez não, mas em todo caso seria-lhe mais beneficioso.
É claro que aludo a algo estremo, mas sabemos de que falamos e de que vai a película.
Porque a greve de estudantes, segundo diz Vieiros, teve um seguimento do 85% ou 90%, mas nas concentração de Compostela havia 300. O qual indica (se não erro com a estatística ou com a matemática) que o compromisso real do 98,9916 dos «grevistas», com independência do que se fale pela boca, é com o kalimotxo, os porros e os polvetes que possam cair numa noite extra de farra. O qual não me parece mal, mas se se tem consciência disso, e não duma fictícia luta que tem mais de mame indefinido da teta estatal (que todos sabemos que é infinita) e de escassa assumpção de compromissos reais. Porque acabo de ler a entrevista que Vieiros faz a um líder «estudantil» (e coloco-o entre aspas porque, a propósito disto, pergunto-me por que se continua a dizer que o «estudantando» fez isto ou aquilo, decidiu tal ou qual, quando já sabemos que a única assembleia a que o 99% dos estudantes assiste é às mini-assembleias de fabricação de kalimotxo). E surpreende-me (ou não, evidentemente) a confusão conceptual existente a respeito do que é uma democracia responsável ou uma ânsia succionadora que tem mais que ver, na minha opinião, com a cultura do pelotazo. Vieiros destaca no subtitular o seguinte:
«O estudantado non se acomodou: segue demandando que o financiamento das universidades veña, en grande parte do goberno, e non saia case todo do seu peto.»
E claro, aqui faz-se necessário aclarar um par de pontos básicos, de lógica macro-económica elementar. Que eu saiba (e poderia citar como excepção, de toda a gente que conheci, não mais que aquela que se conta pelos dedos das mãos), o dinheiro que financia a universidade galega não sai dos petos de praticamente nenhum estudante, mas dos petos dos seus pais. O qual é parecido, mas diferente; e falando com essa lógica mercantil do «qué hay de lo mío», seria mais coerente, talvez, perguntar a ditos pais que opinam de Bolonha, do financiamento, e das protestas contra este.
O segundo ponto a aclarar, que é confusão de muitos –infantes e adultos deste país–, é que o financiamento que sai do estado não deixa de ser responsabilidade dos petos da gente. A diferença é que o dinheiro que paga um estado social sai, via impostos, dos petos dos pais dos moços que estão na universidade, e também dos petos dos pais dos moços que não estão na universidade, e mais dos petos da gente que trabalha desde nova mas nunca pisou uma universidade. Então pergunto-me que lapso freudiano é esse que leva a imaginar que o dinheiro que sai do estado não sai dos petos de ninguém, como se o as divisas, nas altas esferas institucionais, fossem criadas por geração espontânea.
Fim à CENSURA em VIEIROS e em todo o lado.
Fim ao SPAM espanholista.
Pelo galego escrito na norma internacional.
Censura!! Vieiros es a vergoña da galiza.