Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Paro indefinido

Cargas e identificacións na terceira xornada de folga da limpeza en Pontevedra

Arredor de 300 persoas concéntranse fronte ao edificio da Xunta en Vigo, de onde tiveron que evacuar dúas mulleres en ambulancia.

Redacción - 13:00 19/11/2008
Cordón policial / Foto: Zélia Garcia

Cordón policial / Foto: Zélia Garcia

A tentativa de ocupar o edificio da Xunta en Vigo por parte dos traballadores do sector da limpeza (a maioría traballadoras) viuse truncada esta cuarta feira pola actuación policial. Axentes de seguridade da delegación gobernamental avisaron os membros antidisturbios da Policía, despregados na cidade por mor da terceira xornada de folga indefinida, da intención dos manifestantes, uns 300.

O que comezou como un forcexo rematou cunha carga. Dúas mulleres tiveron que ser evacuadas do lugar en ambulancia, unha a consecuencia dos golpes recibidos ao caer ao chan e outra debido a que, segundo testemuñas presentes, "comezou a convulsionar". A situación enervou o ánimo dos presentes que coreaban lemas como Violencia non! ou Policía culpábel!. Ademais, os axentes identificaron un varón, o que acusan de agresión.

O delegado da Consellaría de Traballo, Pedro Borrajo, convidou os representantes dos traballadores a entrar no edificio. No entanto, segundo as propias fontes sindicais, a negociación está completamente parada. Os sindicatos convocantes do paro no sector, UXT, CIG e CCOO, exixen as melloras no convenio comprometidas nun preacordo que asinaron hai varios meses coa patronal.


5/5 (7 votos)

Comentarios (11)

Tino #1 19/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Cargan contra os traballadores mas ninguén carga contra os empresarios q están aproveitando para botar xente á rua a esgalla, e os xuíces aceitan os EREs sen facer ningunha pesquisa.
E con esta crise, en cada folga haberá ainda mais paus.

joraloca #2 19/Novembro/2008 joraloca
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

A miña opinión non e o que se poda considerar politicamente correcta.
Creo que non se debe confundir o touciño coas temporas.
¿sabedes canto cobra un/ha limpiad@r na provincia de Pontevedra?
900 euros 15 pagas anuais e unha paga máis que xa foi aceptada pola patronal. ¿algún colectivo coa coalificación d@s limpiador@s ten ese soldo? ¿sabedes que unha persoa que realice o mesmo traballo na provincia de Lugo cobra 621 euros? ¿é normal que haxa movilizacións en Pontevedra e non en Lugo?¿porqué os sindicatos se moven en Pontevedra e non en Lugo?
As negociacións están totalmente viciadas polo feito de que @s limpiadores de citröen non teñen convenio propio e acollense o provincial e con esa forza extra xogan os sindicatos.
Canto mellor nos iria a todos si gastasen as suas forzas respaladando as capas traballadoras mais desfavorecidas.
O dito 900x16 pagas, con coalificación 0. A maioria dos licenciados deste pais non chegan a ises cartos.
Que expliquen as movilizacións. Xa está ben de ande eu quente riase a xente.

castelom #3 20/Novembro/2008 castelom
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O comentário anterior é dumha sobérbia estupidez.
Dando por válidos os teus dados, cuja veracidade desconheço:
1. Que na "província" de Lugo a gente cobre menos nom significa que na de Ponte-Vedra nom se deva, e muito menos nom se poda, protestar por condiçons de trabalho mais dignas, incluídas as salariais.
2. Que em Tailándia o índice de pobreza extrema seja superior ao de aqui nom significa que quando comecemos a passar fame devamos ficar na casa orando polos tailandeses e as tailandesas.

A classe obreira luita polos seus interesses. E esse é um sintoma fantástico. Se na "província" de Lugo ainda nom se pugérom a isso, amigo ou amiga, nom serei eu quem @s acusará quando se ponham de nom tê-lo feito a tempo; de nom tê-lo feito quando protestava Ponte-Vedra.

O teu raconcor reaccionário é preocupante, mas acho que tem pouco de político, e talvez sim algo de psicológico-emocional. Anda tu quente e que te aguente o teu ego!

OBSERVADOR #4 20/Novembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Cada vez que um edifício institucional é ameaçado pelo povo a polícia carga e fere pessoas.

Neste caso as pessoas feridas são as que limpam a merda das instituições.

Hermerico #5 20/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Proponho que se intercambiem os ordenados, o lixo que passe a cobrar o ordenado d@s barredores/as do lixo, e @s barredores/as do lixo que cobrem o que cobra o lixo. A ver quem estava em greve

Fendecroios #6 20/Novembro/2008 Fendecroios
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

joraloca, hay alguns que limpando teñen mais coalificación que outros que se sentan en bos sillons no Parlamento Galego. Pra estar ahi si que habia que pedir, xa non coalificacions senon ,algo de sentidiño.
Hay que cumplir o asiñado, xa esta ben de engañar aos obreiros sempre, e aos electores tamén.

Tarelo #7 20/Novembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

joraloca, e canto cobra un limpador/ra en Barcelona, ou en Madrid ou en Euskadi? Non o sei pero alegrome se cobran máis, porque se o cobran será porque o pelexan. Os que lle había que dar unha malleira son as irresponsables empresas que incumpren o que asinan e teñen a capacidade de chegar a acordos provinciais e rematar, este conflicto. Non estou moi o corrente, pero segundo sei hai tres empresas na provincia que están a poñer atrancos, unha dela Clece, que pertence ó memso grupo que Urbaser (da ACS, de Florentino), os mesmos que provocaron un conflicto colectivo no servizo de Recollida do Lixo en Redondela, hai exactamente un ano.As empresas que traballan para as administracións utilizan os conflictos cos seus traballadores como pretesto para sacarlle maís cartos ás administracións

No sector dos servizos, coma noutros, existe un matrimonio de convenencia entre as adnistracións (xunta, concellos etc.) e a patronal o que prolonga máis os conflictos, e provoca que os trabaladores se vexan obrigados a levar as mobilizacións máis aló do que puidera parecer un mínimo comportamento cívico. As empresas máis rancias da limpeza de edificios e locais, facturan maioritariamente ás administracións. A Xunta, a universidade, os concellos, etc, poden facer forza (pero non a fan) e obrigar ás empresas a cumprir os acordos e a non provocar conflictos que perxudican, a traballaodres, cidadáns, e administraciósn públicas.

Tarelo #8 23/Novembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Os/as que acudimos a este tipo de actos sabemos que dademáis de identificacións, tamén haberá sancións para os identificados. ningún caos apra as empresas incumpridoras. É que esta moi mal visto ser traballador, e defendelo é un delicto

joraloca #9 25/Novembro/2008 joraloca
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Que eu sepa podo manifestar a miña opinión con libertade e sen insultar a ninguén ou non? pido o mesmo respeto para q
Xa dixen que non era politicamente correcto o que decía pero e o que penso.
Evidentemente oxalá consigan tódolas suas reivindicacións e o siloxismo que fixen con respecto á provincia de Lugo e para que se vexa que os sindicatos teñen que poñerse as pilar pero xa.

joraloca #10 25/Novembro/2008 joraloca
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Desgraciadamente eu vivo nun mundo real. Vou seguir sendo politicamente incorrecto pero vaixo o meu punto de vista poñendo o dedo na ferida:
Primeiro cousas que seguramente podamos todos suscribir:
-Os traballadores somos os maiores perxudicados deste sistema capitalista donde as gananzas van para petos empresariales e as perdas socializanse
-Dende a entrada no estado desta seudodemocracia e a legalización da clase sindical os salarios subiron un 132% menos que as gananzas empresariais.
-Durante 22 dos 33 anos de seudo democracia no estado governou un partido denominado Socialista Obrero que simplemente lle coce a sopa á clase empresarial. Dicer que o partido no poder e socialista e obrero fai chorar o neno xesus.

Agora digo polo que me vades poñer a caldo:

-Existe unha clase obreira que tamen lle fai o caldo o empresario traballando horas extras impedindo conscientemente a creación de novos postos de traballo.
-Decir que esto se fai por coacción na maioria dos casos e rotundamente falso. Normalmente cando se realizan por coacción nin sequera se cobran.
-Na limpeza estamos neste primeiro caso onde se realizan horas e mais horas.
- @s mesmos traballadores utilizan o seu tempo libre para seguir traballando cobrando en cartos negros xerando unha competencia ilegal ás empresas para as que traballan legalmente.
- O grado de absentismo na limpeza é inasumible e a clase sindical non fai nada para remedialo. A consecuencia é que pagan xustos por pecadores.
- A externalización de servicios de limpeza en organismos publicos é vergoñento existindo na maioria de institucións publicas persoal laboral propio e persoal da empresa privada contratada para realizar o mesmo traballo.
-Se non queremos cambiar o sistema e seguimos no libre mercado 900x16 pagas pareceme razonable para a labor que se ten que facer.

Agora dádeme paus que xa teño preparadas as costas. Tamén vos agradecería, si as coñecedes, que me comentedes cales son as reivindicacións d@s traballadores amais das económicas.
Saudos e grazas

Hermerico #11 26/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Obrigado pola tua informaçom. Se as cousas vam como vam é porque cada quem só se importa de si mesmo. Os direitos minguam porque a gente continua a acreditar nos partidos e sindicatos do régime

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha das traballadoras que protestaban fronte ao edificio da Xunta, esta cuarta feira en Vigo / Foto: Zélia Garcia
Unha das traballadoras que protestaban fronte ao edificio da Xunta, esta cuarta feira en Vigo / Foto: Zélia Garcia
A Policía evitou pola forza que os traballadores entrasen no edificio / Foto: Zélia Garcia
A Policía evitou pola forza que os traballadores entrasen no edificio / Foto: Zélia Garcia
Os manifestantes concetráronse diante da delegación provincial / Foto: Zélia Garcia
Os manifestantes concetráronse diante da delegación provincial / Foto: Zélia Garcia