Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PETICIÓN

O Parlamento exixe á Federación Española que lle deixe a Gómez Noya decidir os seus patrocinadores

O deputado nacionalista Xosé Ramón Paz lembrou que o organismo deportivo ameazou ao triatleta cunha multa por exhibir a bandeira galega.

Redacción - 19:30 19/11/2008

A unanimidade chegou este mércores á rúa do Hórreo, os tres grupos parlamentarios, reclamaron conxuntamente que tanto a Federación Española de Triatlón como o Consejo Superior de Deportes deixen que o ferrolán Gómez Noya decida a ubicación da publicidade da súa vestimenta de competición.

O deputado do BNG, Xosé Ramón Paz Antón, aproveitou a súa comparecencia para lembrar que a federación ameazou con sancionar o triatleta ferrolán por exhibir a bandeira galega logo de gañar unha proba internacional (tal e como revelou Vieiros o pasado mes de outubro).

No Parlamento recordouse que o triatleta está “disposto a pagar da súa conta” as viaxes ás copas do mundo para poder colocar a publicidade nos espazos reservados na vestimenta que el elixa. Esta decisión tería como excepción o Campionato de Europa, o Campionato do Mundo e nos Xogos Olímpicos, onde Gómez Noya colocaría o mono que decidise a federación.

Porén, até o momento a Federación Española negouse a mover ficha. O deputado nacionalista e a socialista María do Carme Acuña aseguraron que, se o organismo deportivo non muda a súa actitude, podería decidir non correr esas probas internacionais.


5/5 (7 votos)

Comentarios (8)

lugh #1 19/Novembro/2008 lugh
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A federación española non quere que participe cos seus patrocinadores. Pois eu creo que Anxela Bugallo debería solicitar á federación internacional o poder participar como membro da selección galega. Por intentalo non se perde nada. :)

pepedaconcha #2 20/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Esta é a sua democracia

UnDeTantos #3 20/Novembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

tes boa razón pepe,ata no deporte..

Antiespanolista #4 22/Novembro/2008 Antiespanolista
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Fim à censura.
Pelo galego com ortografia universal.

Freemannnnn #5 22/Novembro/2008 Freemannnnn
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Na galiza é galego na norma universal e non castrapo.

galleto #6 22/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

No more censorship.
Galician hair with international orthography.

lugues #7 24/Novembro/2008 lugues
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

REKILA, supoño que todas as acusacións que fas, as poderás demostrar diante dun xuíz, non é asi??

redaccion #8 25/Novembro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ao pé deste artigo foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
Novo comentario

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: