Unha integración Caixanova-CajaBurgos ou CaixaGalicia-Cajastur sen que a Xunta puidese dicir ren? A reforma lexislativa en proceso podería permitir operacións similares.
Contámoslles hai semanas de que os movementos para a reforma lexislativa no ámbito das caixas de aforro contemplan, entre outras cousas, que o goberno español poida reservarse o dereito a pilotar os procesos de fusión das entidades. Unha posibilidade que, de ir adiante, quitaríalle á Xunta o poder para autorizar a potencial unión das dúas entidades galegas, Caixa Galicia e Caixanova, trasladándolle o protagonismo ao ministerio de Economía.
A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) pronúnciase ao respecto deste marco legal no seu último informe económico, onde suxire a supresión do modelo actual no Estado onde é o goberno autonómico correspondente quen ten a capacidade de autorizar ou non os procesos de fusión. É un dos apuntes do estudo, onde por outra parte subliña que a banca estatal amosa unha situación máis favorábel que noutras zonas de Europa á hora de enfrontar a conxuntura económica. De xeito concreto, a OCDE considera que, comparativamente, as perdas vencelladas ao negocio inmobiliario poderán ser asumidas de xeito máis eficaz.
No que lle toca aos procesos de fusión das caixas, a posición da OCDE vai na liña do que se expuxo recentemente desde o contorno da propia Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA). Aproveitando o borrador en proceso para a modificación da Lei de Órganos Reitores das Caixas de Aforros, a CECA fai presión para que os cambios vaian máis aló da propia redución do peso político nos órganos de xestión das entidades. Deste xeito, pretenderían que as fusións fosen aprobadas en exclusiva polo Banco de España e o Ministerio de Economía. A maiores, a reforma abriría a porta para as chamadas fusións "interrexionais", facilitando a unión de caixas vencelladas a diferentes comunidades autónomas.
Tanto ten q hai unha ou duas, se apenas se dedican a investir os cartos q os galegos lle emprestamos ás nosas caixas, en cimento e tixolo, moitas veces de forma irracional e desproporcionada.
De q nos valen estas caixas se non lle emprestan cartos ás empresas galegas cando o precisan, e a un xuros aceptábeis?
Se só se dedican a meter o diñeiro onde eles cren q hai negocio, pois o meu diñeiro doullo a calquera banco ou caixa q máis xuros me dea, sen distinción de procedencia.
Paréceme moi grave e un despropósito, non viría ben este tipo de fusión senón son de cada nación, tipo CaixaGalicia-Caixanova, pero desde logo a unión con Cajastur o que traería sería unha españolización que xa é grave en moitas sucursais e ademais controlada pola mafia política socialista asturiana. Nin por asomo, vaia perigo??
O que precisamos é un Banco Público Galego!!!
É certo que as caixas nem investem nem se preocupam da nação nem das empresas galegas, só dos seus benefícios. Assim que vendo hoje como funcionam e como é tratada Galiza imaginai a onde iriam a parar os cuartos dos galegos se as caixas galegas se fussionan com caixas espanholas.