Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATÉ 2048

Ence manda recado: se non hai concesión eólica, trinta anos máis na ría

O presidente do grupo empresarial, Juan Luis Arregui, asegura ter catro novas posíbeis ubicacións para a celulosa.

Redacción/EP - 20:00 20/11/2008

O presidente do Grupo Ence, Juan Luis Arregui, entrevistouse este xoves con representantes dos traballadores para asegurarlles que a celulosa conntinuará na ría de Pontevedra “polo menos” até o 2018, ano no que remata a licenza administrativa de actividade. Pero, Arregui foi máis aló ao dicir que a empresa valora seriamente iniciar en 2015 os trámites para lograr unha nova concesión que lle permita estar na ría outros trinta anos.

O presidente do comité de traballadores, Nicolás Fernández, sinalou que Arregui lles explicou que renunciaría a unha nova concesión en Pontevedra sempre e cando a Consellaría de Industria aprobe os proxectos que Ence presenta canda os empresarios galegos Jacinto Rey, Manuel Jove e Epifanio Campo. Se o reparto eólico é favorábel a este grupo empresarial, Arregui afirmou que ten catro localizacións posíbeis a onde trasladar a celulosa.

A entrevista de Arregui cos representantes dos traballadores prodúcese poucas semanas antes de que Industria faga públicas as concesións eólicas. O departamento que dirixe Fernando Blanco comprometeuse a deixar pechado o reparto antes de mediados do vindeiro mes.


3,08/5 (13 votos)

Comentarios (35)

subela #1 20/Novembro/2008 subela
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Este señor "colúmpiase" un pouco, home por pedir pode pedir todas as concesións que queira, pero digo eu que se hai unha consellaría decente podelle pór tantas trabas que nin que embotelle auga é quen de acadar esa concesión, o problema é que até o de agora, incluido o de agora, non houbo un conselleiro do Medio que fixese nada polo Medio galego, perdón este si fixo algo: darlle unha chea de axudas a uns colegas que aínda non se sabe quen son, nin que fan, pero son do PsdG

Lead_bocas #2 20/Novembro/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A desvergonza dese tipiño é inefable!
O triste do asunto é a impunidade na que actúa este tipo de terroristas grazas ao Goberno.

A verdadeira chantaxe:
Eólicas + ENCE + Reganosa + Plan acuícola ...

E a culpa de quen é ?
Dos que gobernan como o PePé !

ecoe #3 20/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Consellerías decentes? Si non había signos de abondo, veremos en canto anda trabucado o Arregui.

mnawe #4 20/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Hei Lead_bocas, sabes que leva 20 loitando pra sacar ENCE da ría de Pontevedra??

Sábelo?
Sábelo?
pero de verdade, sábelo?

Pois entón está calado e deixa de dicir parvadas...

e sabes por qué en toda a zona de influencia de ENCE, agás Marín e por menos de 1000 votos, o alcalde é do mesmo partido??

sábelo?

contesta por favor, e se non cala!

merexonon #5 20/Novembro/2008 merexonon
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Mnawe, son todos do mesmo partido pq hai un pacto co PSOE, aquí ás veces olvidámonos que en Pontevedra, como na maior parte do país, a dereita segue a ser a forza máis votada. Ollo, non digo que sexa o desexable, digo que é o real.

As políticas de PSOE e BNG a nivel ambiental tampouco foron para botar foguetes: plan acuícola, eólicas, reganosa...aí leva razón lead bocas. Bótase en falta o diálogo coas entidades sociais, eso que tanto se cacarexaba hai anos.

mnawe #6 20/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

e logo merexonon, ti tampouco sabes quen leva 20 loitando pra sacar ENCE de ahí?

merexonon #7 21/Novembro/2008 merexonon
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

sei amigo mnawe, pero boto en falta que eses mesmos non mirasen para outro lado cando o do plan acuícola... Por certo, se pontevedra se libra da cheirona quen ten que apandar con ela. A cheirona non é boa nin en pontevedra nin en ningñun outro lado, Ademais o negocio é redondo, siguen coa celulosa e poñen muíños. Como se di na Costa da Morte, aos de Ence veunos dios a ver.

Tino #8 21/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A mensaxe é clara; as eleccións democráticas akí son ao estilo norte-americano:
Se non nos dades o q keremos financiaremos a quen faga falta para q detente o poder político necesario para q nos dea a concesión in eternis.

JoeMarrone #9 21/Novembro/2008 JoeMarrone
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

En catro anos que fixo a consellería de Industria por sacar Ence da ría? Arregui vailles sacar gratis eólicos e traslado de celulosa.

Xistral #10 21/Novembro/2008 Xistral
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Algúns falades aquí, como se Galiza tivera plena soberanía... Que fixo a Consellería de Industria para botar a Ence da ría?? Pois o pouco que pode facer: NADA. Ence está aí por unha concesión do Estado Español que de momento é quen ten a soberanía, en concreto a concesión é de Costas (que é quen pode sacala). Costas depende do Estado Español e goberna nel quen goberna. Ademais ese tipo de concesións tamén dependen do Ministerio de Industria. Igualito que Reganosa, concesión de Costas e Portos do Estado e licencia directa do Ministerio de Industria. Pero hai non sei quen que segue a botarlle a culpa aos que non a teñen polo menos a nivel legal (poderiamos discutir que se teñen culpa a nivel moral e ata podo aceptar que teñan unha parte).
Creo que aquí, excepto cando participa Gaviotero e algún máis do mesmo estilo, falamos persoas razoables e comprometidas e por iso vou poñer tamén o seguinte exemplo: as novas concesión eólicas ¿facelas ou non facelas? pois pouca marxe de maniobra nos queda, porque como todos sabedes hai varias empresas (entre elas ENDESA) que pediron concesións directamente ao Ministerio de Industria para saltar o marco da Xunta. Se a Xunta non da concesións ao final acabarán poñendo igual os eólicos e con unha regulación peor e probablemente destruíndo máis zonas naturais.
E está claro quen está e sempre estivo a favor do traslado de ENCE. Discutir iso é non ser razonable.
Outra cousa é que se levamos ENCE a outro lado seguramente imos destruír unha zona que agora está sen contaminar, a menos que se leve a unha xa contaminada e para iso ao mellor é razonable deixala onde está. Xa sei que esta opinión é politicamente incorrecta pero os que a queren fóra de Pontevedra aceptarían que se destruira a desembocadura do río Masma, o río Ouro, a desembocadura do Eume, do Tambre... ou de calquera outro; porque hai que poñela nun lugar semellante ao actual, como están todas as do mundo. É dicir, en algún lugar hai que poñela... Cal vos parece que podería ser o correcto??? Dicide algún...

ecoe #11 21/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Si a soberanía está noutra parte e non na GZ, quén pode pensar con un mínimo de seriedade que se vaia desprazar hacia aquí? por arte de birlibirloque?
Quenes detentan o poder do €$tado, van deixar escapar esa vaquiña? Unha outra vez enfrontamos o posibilismo imposíble: a única responsabilidade, e ben gorda, está en quenes coidan que é posible o desprazamento de poder (os autonomistas en último término), os que xogan ás posibilidades...que tamén en último término hoxe non fan máis que reforzar o sistema, capitalista e centralista, como corresponde. Que sexan xentes e forzas xurdidas das loitas populares dos 70 non dá venia ningunha nin patente de corso.

onofresabate #12 21/Novembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

OK meus, ¿pero que podemos facer para que estes "comportamentos gangsterís" non trunfen? ¿Ocórreselle a alguén algo, unha medida imaxinativa e fácil para combatir tanta chulería? ¿Unha proposta a realizar para que se vaian dunha vez? Pola miña parte póñome a pensar, a ver se á miña cabeciña chega algo.



Ono Fresa Bate

Carlinhos #13 21/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +16 Negativo]

#12 É-che bem fácil; que cada umha das nossas palavras e dos nossos actos se focalice na destruiçom do sistema capitalista e da opresom colonial na Galiza e no mundo.
(Apenas depende do que cada um/umha de nós esteja dispost@ a perder em "qualidade de vida" no processo. Somos uns fodidos laretas e eu o primeiro).

ecoe #14 21/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

ENCELNOSA sempre tivo ese comportamento MAFIOSO, primeiro de todo contra a propia población pontevedresa, chantaxeándoa amenazando co paro, para sempre unha chea de empresas (que non industrias) auxiliares cuio monto nunca se fixo público (supoño qaue por negativa das mesmas empresas, pois poideran ter represalias da propia sociedade no seu discurrir comercial).

Sabedores e bos coñecedores das regalías económicomediambentais e de saúde que con toda a población xenerosamente dilapidan (!), toda a vida levan intentando furar no tecido social (houbo nos anos 70 imposibilidade real de establecer unha delegación local da primeira ADEGA), e mediante un pilar fulcral cal a RADIO local da SER, única durante moitísimos anos de ferro, vehículo primordial do DON CLORO !!, dispensador de equipas deportivas para calquera que llelas solicitara, ata hoxe incrustarse (como nos exércitos os periodistas !) no mismísimo clube de fútebol local.

Outra carácterística engadida, fóra dos algúns agradecidos estómagos empresariais, é, desde o principio, o en comparanza elevadísimo salario dos seus traballadores, cultivando así tanto a INSOLIDARIEDADE intrínseca de aqueles (no caso da desaparición da Metalúrxica RR Baixas, e nas loitas diarias) coma a implícita defensa, incondicional e a ultranza da empresa, polos seus traballadores.

En fin, non sei si queda atrás algún outro aspecto a ter en conta, mais de mafia saben unha morea e co requisito da antiguidade.

ecoe #15 21/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Habería que sinalar tamén a COOPTACIÓN de esportistas e de clubes, mesmo Fundacións esportivas...

mansdodemo #16 21/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Arregui amosou os dentes....,pon como premisa, a entrada no negocio eólico pero...non sabe se o fará. Queren compensacións.¡E mira que xa levan anos desfrutando destas!.Déronlle de todo o habido e por haber,e aínda queren máis.
É o xogo cos políticos que mandan.¡Miña naiciña!.

danielovalle88 #17 21/Novembro/2008 danielovalle88
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

apetéceme a chantaxe de ENCE: "si no me das la concesión eólica no te saco la fábrica de la ría". Non saben facer máis que toca-los c*****s.
Despois disto non deberían estar canda menos penalizados no concurso eólico por intentar influir nos resultados? De verdade as autoridades competentes lles renovarían a licenza ata o 2048???

é que é para se facer independentista (se un non o é xa)!

Lead_bocas #18 21/Novembro/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Hei Bloqueiro, ben sei quen leva 20 loitando pra sacar ENCE da ría de Pontevedra... mais esa loita non é atribuible a unhas siglas, e moitisimo menos ás siglas que gobernan a Xunta do pacto da impunidade Eólicas + ENCE + Reganosa + Plan acuícola ...

"Sábelo?
Sábelo?
pero de verdade, sábelo?
Pois entón está calado e deixa de dicir parvadas..."

As eleccións xa se celebraron en 2005 e gañastes. O voto cautivo pertence sempre á dereita cara onde vos desprazades esquencendo as vosas loitas do pasado. Á esquerda xa perdestes todo o crédito coa vosa acción "de goberno".

onofresabate #19 21/Novembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



mnawe #20 21/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Hei Lead_bocas entón non o sabes??

JAJAJAJAJAJA ríome de ti entón

carlosroca #21 21/Novembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

O BNG non é o responsábel da ubicación de REGANOSA, son PP, desde a Xunta, o PSOE desde o Goberno de Madrid, e IU desde a súa pasividade no congreso dos deputados.

O resto son falacias interesadas de rivais partidarios, unidos todos PP-PSOE-IU para chuchar base eleitoral.

ENCE é unha loita do BNG, de quen senon.

O Plano acuicola saiu recurtado da negociación, e seguira recurtandose na execución.

E a enerxía eólica é o resultado do posíbel e conxugar necesidades de industrialización con autonomia enerxética, co control posíbel que se pode acadar nun ámbito lexislativo desfavorábel pero no que temos que movernos.

A outra opción é a extraparlamentaria e extrainstitucional, e non é a do BNG, para iso hai outras forzas políticas....

carlosroca #22 21/Novembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E ben, xa sabemos quen atrapallou e bloqueou para que a Consellaria de Industria non lograse o traslado de ENCE até agora: Don Patxi. E logo quen senon....

ecoe #23 21/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A loita en Pontevedra contra ENCE é moi anterior ó despegue do bloco alí, moitos membros participaron, mais no medio de moitísimas outras xentes moi variopintas, se ben desde a alcaldía e como oposición sempre se opuxeron á ubicación en Lourizán, mais tamén trocaron o discurso de feche xa a traslado do problema (!!) a outras xentes, ca disculpa de que a pasta de papel fai falta (por máis que noutros lugares prodúzana máis e máis barata) e tamén algunha papeleira.

Nos prantexamentos hai que ligar o estado dos montes de cultivo en toda a beiramar galega, e os prezos que o monopolio ENCE mantén estancados desde a sus creación, etc., etc.

mnawe #24 21/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ecoe tes toda a razón cando dis "A loita en Pontevedra contra ENCE é moi anterior ó despegue do bloco alí", porque o bloco empezou a despegar cando a xente da zona vimos a sú firmeza e as ganas de loitar polo País.

Grazas pola aclaración.

mnawe #25 21/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

refírome a súa entereza e ganas de pelexar polo noso por exemplo no tema de ENCE.

dumiense #26 21/Novembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Botar a ENCE é sinonimo de pagar ao tempo que centos de traballadores van a rúa. Claro que paga a pena o sacrificio dos cartos pero non se pode facer en dous días. Hai que ir pouco a pouco senón volve o PPdeG ao goberno e se remata o conto.

galrinoso #27 22/Novembro/2008 galrinoso
[Valora este comentario Positivo +18 Negativo]

Censura, franquismo nunca mais....

mnawe #28 22/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Freemannnnn #29 22/Novembro/2008 Freemannnnn
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Galego universal pola patria galega.

ecoe #30 22/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Non hai !! centos de traballadores en ENCE e sí hai esixencia de dereito á plena saúde por máis de 100.000 habitantes afectados na contorna pontevedresa, contra os furanos e outras sustancias industriais nocivísimas que xamáis informe oficial algún ignorou nin desmentíu, por non voltar a lembrar a vía metálica dos resíduos líquidos (afrodisíacos para os moluscos da seica ZONA DE MARISQUEO que existíu sempre e existe hoxe, sin oposición das institucións sanitarias nin económicas, por tanto legalizada e santificada.

Non me faga algún insistente terxiversado explicar polo miudo certos episodios de non hai moito no seo da APDR, nin a presencia alí de algunhas persoas para contrarrestar certos efectos. Por favor, e calo definitivamente co asunto.

Brais #31 22/Novembro/2008 Brais
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Brais #32 22/Novembro/2008 Brais
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Lead_bocas #33 22/Novembro/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se a alguén lle fode que opinemos contra a política noxenta que está a facer este goberno de vendidos, sinto dicirlle que vai dado e que goberne o langrán que goberne Galiza non se vende

Eólicas + ENCE + Reganosa + Plano acuícola ...

Para escachar coa risa, desalmados... seguide a demostrar cal é o voso compromiso con esta terra.

arrastando #34 23/Novembro/2008 arrastando
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

O fascismo e o franquismo já acabou. Por favor Vieiros não boicotem quem é patriota.

carlosroca #35 24/Novembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Alé alé...ánimo para os da política de consigna e faixa que me sigan votando e oculten as miñas opinións...;-)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: