O presidente do goberno español adianta a aprobación dun crédito extraordinario do 1,1% do PIB co obxectivo de crear 300 mil postos de traballo.
O Consello de Ministros aprobará este venres un real decreto lei cun crédito extraordinario de 11 mil millóns de euros (o 1,1% do PIB) con cargo ás contas do 2008 coa pretensión de frear a destrución do emprego e reactivar a economía.
Obra pública
A meirande parte desta cantidade (oito mil millóns) destinarase á inversión en obra pública e equipamentos, fundamentalmente nos concellos. Crearase así un fondo extraordinario de inversión pública no ámbito local destinado á realización de obras de nova planificación e que será xestionado polo Ministerio de Administracións Públicas. O goberno español calcula que este fondo permitirá crear preto de 200 mil empregos en 2009. Artellarase mediante procedemento de urxencia, de xeito que os concellos con proxectos financiábeis poderán iniciar as obras entre o 11 de xaneiro e o 13 de abril do vindeiro ano.
Outras inversións
O resto do crédito destinarase a proxectos diferenciados. 800 millóns adicaranse á recuperación do sector do automóbil; 600 a actuacións ambientais; 500 para I+D; 400 en rehabilitación de casas cuartel e comisarías; 120 para rehabilitación de vivendas; 30 para incentivar o turismo; e 400 millóns para transferencias ás comunidades autónomas en materia de dependencia.
Novo modelo produtivo
Zapatero anunciou tamén a súa intención de constituír nos vindeiros días unha mesa de traballo con outros grupos políticos para chegar a acordos sobre as medidas de modernización do sistema produtivo. O presidente do goberno español falou de mudanzas nas áreas de transporte, enerxía e telecomunicacións, ademais da redución de cargas administrativas. Tamén incidiu na necesidade de poñer en marcha accións coordinadas coa Unión Europea en materia de educación, infraestruturas e formación laboral.
pero onde estaban eses millóns que aparecen agora???
os tiña debaixo do colchón o sr solbes??
la verdad es que se van a crear 200.000 puestos de trabajo cosa que es insuficiente ya que en estos dos ultimos meses se han destruido mas puestos de trabajo de los que se van a crear, lo unico que puedo decir de esta medida es que hace aguas antes de entrar en vigor... lamentable
Hoxe pola maña nun programa de debate na TVE onde acoden políticos, unha deputada do PSOE xustificou a mingua do imposto ao patrimonio que beneficia aos ricos posuidores de iates por exemplo, e pola contra nega a posibilidade da rebaixa dos impostos directos ás persoas, feito IRPF coa escusa que poría en perigo os subsidios aos que están no paro, sabedes cal e a contía do subsidio a que ten dereito unha persoa que esgotou o seu paro por cotización e logo dos atrancos que a tramitación lle impon, pois independente do que metera no peto polos cobros do paro cotizado só lle darán 410€ a o mes por 6 meses, agora ben se está persoa leva 2, 3, 4 os meses que sexan no paro, e non atopou traballo aínda deixala UN MES SIN PAGA, cero pataqueiro non sexa que xusto nese mes le saia un traballo, que manda carallo co goberno.