Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Exixen a súa retirada

A polémica dos crucifixos chega a Galiza

O sindicato STEG cre que non é unha decisión que deba recaer nos Consellos Escolares e que aludir á autonomía dos centros é "un intento" da Consellaría "de inhibirse das súas obrigas".

Redacción - 20:00 27/11/2008
Un cristo só nunha parede / Flickr: ajgelado

Un cristo só nunha parede / Flickr: ajgelado

Unha sentenza dun xulgado de Valladolid, que obrigaba a un colexio público da cidade a retirar os símbolos relixiosos, comezou a polémica. A partir de aquí sucedéronse declaracións do Episcopado, a Conferencia Episcopal e mesmo o Vaticano, lamentando o feito, mais tamén se abriu o debate.

Polo seu lado, o Ministerio de Educación deixaba ao criterio de cada colexio -a través do seu Consello Escolar-, a retirada dos xa famosos crucifixos, apelando á súa "autonomía". Porén, a súa titular, a ministra Mercedes Cabrera, lembraba que o español é un Estado aconfesional, onde os pais son libres para escoller o que desexen que os seus filles estuden, ao tempo que sinalaba que os símbolos relixiosos deberan ser retirados, pois algúns pais de alumnos poderían "sentirse agredidos" pola súa presenza nun centro público.

A pasada semana Cabrera visitaba Galiza e volvía defender a "autonomía dos centros" para regular a presenza de símbolos relixiosos e para outras cuestións que teñen que ver co seu funcionamento. Ao tempo, a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón afirmaba que en Galiza, a "práctica totalidade dos centros públicos" xa foron retirando, de xeito progresivo, estes símbolos, igual que, por iniciativa dos colexios, se foron mudando os nomes franquistas.

Por unha escola completamente laica
Porén, o STEG (Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza) non está de acordo co posicionamento de Educación, e solicítalle a "retirada de oficio de toda a simboloxía relixiosa dos centros de ensino de Galiza", pedimento "plenamente xustificado tanto pola LOE como pola propia Constitución". Para este sindicato, "ás funcións dos Consellos escolares non pertence a toma deste tipo de decisións", polo que trasladarlle a este órgano esta responsabilidade é "un intento" da Consellaría de Educación de "inhibirse das súas obrigas".

Ao tempo, dende o STEG rexeitan as "interpretacións subxectivas e interesadas" da Igrexa, "por xerar polémica onde non existe" e "inventar unha inexistente caza de bruxas á inversa". Neste sentido, denuncian que a realidade, no Estado Español, "é xustamente a contraria, xa que a Igrexa Católica continúa a ter un trato de favor, algo inxustificábel nunha sociedade plural e democrática".

Touriño: "Teño outras cousas na miña cabeza"
Após o Consello que a Xunta desenvolveu esta quinta feira, os xornalistas preguntáronlle ao presidente Touriño se estaba, na polémica dos crucifixos, con papá -o vicesecretario xeral do PSOE, o galego Xosé Blanco, quen dixera: "nos colexios públicos non debe haber crucifixos"- ou con mamá -a ministra Mercedes Cabrera, que apelara á autonomía dos centros-.

Porén, Touriño evitou pronunciarse, dicindo que o seu maxín estaba "dedicado a pensar e desenvolver medidas para paliar os efectos da crise" na vida dos "traballadores, as empresas e as familias", e que o tema dos crucifixos "non debería ser obxecto de polémica". "En Galiza non temos este problema, e esperemos que non sexa importado, coma outros", reiterou, ao tempo que revelaba confiar "na capacidade para actuar da Consellaría de Educación e dos Centros", dentro dun "estado democrático e de dereito".


4,67/5 (12 votos)


Comentarios (22)

micsha #1 27/Novembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Lead_bocas #2 27/Novembro/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

A relixión fóra da escola ! Claro que si !

O que pasa é que non o cren nin eles...
Esta semella ser a típica matraka gubernamental para desviar a atención das varias operacións especulativas que o Estado español está a realizar con diñeiro público.

Se no goberno estiveran a prol do ensino laico non subvencionarían os burkas da Iglesia romana nin asinarían todo o que o nuncio ultra lles pon diante.

Xeonllo #3 27/Novembro/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Neste estado español hai demasiadas cousas que entran en contradicción co "estado non confesional" que proclama a constitución española.

Unha delas, mais non a única, é esa dos crucifixos nos centros educativos públicos, onde en ningún caso debería haber crucifixos nin símbolo algún relixioso presidindo.

Outa podería ser a presenza oficial das corporacións municipais nas procesións católicas, nas festas patronais de cada localidade. Ou que nesas mesmas procesións haxa representacións do exército, como nos mellores tempos de Franco.

¿Acaso todo iso non é anticonstitucional?

Carlinhos #4 28/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

"Atado y bien atado".
Se a Sociedade Civil (NÓS), se o Povo Galego nom se move, recuamos; já nom aos anos 36 ou 39, ou ao século XIX quanto a direitos d@s trabalhadores e trabalhadoras; recua-se ao Antigo Régime a queimar hereges (ou abertzales) em praça pública, coa diferença de que nom só a alta nobreza fala espanhol.
Galiza é demasiado importante para deixar a sua defesa nas maos dos auto-proclamados nacionalistas de esquerda institucionalizados (como o preso da fita carcerária Cadeia Perpétua).

Xistral #5 28/Novembro/2008 Xistral
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Se a educación é laica non debe haber símbolos relixiosos (de ningún tipo nas aulas). Deixalo á autonomía dos centros é unha solemne estupidez porque tampouco se lles deixa marcar o curriculum, materias a impartir ou cousas similares. Se hai pais que queren eses símbolos que manden os seus fillos a colexios privados de verdade (dos de pagar) porque os concertados son mantidos con diñeiro público e ao profesorado págalle a Xunta (no noso caso). E con respecto á relixión dise que hai pais/alumnos que a demandan cando a realidade é que as igrexas están valeiras, ninguén quere estudar para cura e a xente nova pasa olimpicamente da relixión. A cuestión é que a moitos tanto lles dá e como é unha materia na que todos sacan noves e deces pois para que cambiar (para eles é un trámite). Vamos que o de que a sociedade demanda a relixión é unha mentira como unha casa porque se ve na práctica diaria que non é así.

fillotolo #6 28/Novembro/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Aparte de non pintar nada nas escolas públicas, o símbolo como tal tampouco é moi agradable á vista para os non crentes. Estamos a falar dunha representación dunha persoa clavada de pés e mans nunha cruz, que sadismo, non me estrana que a igrexa despois diga e faga moitas cousas que ninguén comprende....

Biosbardos #7 28/Novembro/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A verdade e que moi bonitos non che son. E que dicir dos máis realistas. Eu prifiría que se puxera una estampa de San Cristobal, que o culto está moito máis espallado xD De tódolos xeitos na constitución deixa ben claro que se terá en conta as crenzas dos cidadáns e sobretodo a católica por ser a maioritaria, esto último non o sabía.

Tino #8 28/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Q gusto ler comentarios onde xa non aparece a Gaivota cagona...

ecoe #9 28/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non é extrano que, calquera que fose o caso, Torito e os que coma el exercen de sociópatas, tivera e teña o miolo noutro asunto (ben o sabemos e o percibimos directamente), mais non é ningunha tontería pasar a pelota da aconfesionalidade do €$tado ós centros, simplemente é DESFACERSE DA INCOMODIDADE DE ESTABLECER QUE AS INSTITUCIÓNS DO €$TADO SON LAICAS, e o centrismo (i entrismo) pesoeiro ten moita erva apañada nese rancioso lado social do IMOBILISMO.

Así pois, a pesares dos seus votantes socialistas, este partido mexe e remexe votantes neses andurriais dereitosos, de onde nunca saeu desde a sua reconstitución antisocialista en Surennes, da que xa se ten falado aquí.

Por non levar bandeiras de progreso socioideolóxico amósanse tal cal son, que nin as supostas FUNDAMENTACIÓNS BÁSICAS cal o LAICISMO son intrínsecamente incapaces de bandeirar.

alboiando #10 28/Novembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

como aquela diferenza tan elemental entre institución e partido, xa o dixeran os antigos, o que é do papa para o papa e o do césar para o césar. en termos modernos, o público é público e non privado.

na casa, crucifixos para o almorzo, xantar e cea.
na escola, crucifixos nos libros de arte e historia

onofresabate #11 28/Novembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

¿E sabe alguén por que un colxio de Santiago leva o nome dun nazi, Pío XII?

LANS #12 28/Novembro/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coma dizia o Carrabouxo:
Eu em deus e nessas coisas não te crio, não crio nem no santo Cristo de Ourense que sim que e verdade de tudo!.

galleto #13 28/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Pois eu voto de menos á Gaviota cagona, dáballe vidilla a esta páxina.

galleto #14 28/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Con respecto ao tema este dos crucifixos, en fin, eu, que son vampiro, reclamo o meu dereito a ir á escola sin desintegrarme.

BonKarallan #15 28/Novembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os meus komentarios á foto do aula:

1º É un aula para katro alumnos. Miúdo luxo.
2º Hai uns kantos mobles forrados de negro diante e detrás. Parece mais unha funeraria kun aula. Cheira a morto.
3º Non vense moi klaros os rostros dos retratos, pero non me ekivokarei moito se digo ke son os de Jose Antonio e Franco.

Konklusión: O krucifixo pode molestar moito aos vampiros. Pero os retratos e a banderita de abaixo molesta moito máis aos kaínda non somos vampiros.

Barcelos #16 28/Novembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Para min é moito máis grave o que o Estado subvencione a colexios relixiosos. Católicos por suposto. Iso é por unha banda discriminación relixiosa e por outra incongruente cun Estado laico, que non debe subvencionar a Entidades Relixiosas.

galleto #17 28/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min dame a sensación de que a foto da aula non é actual. Parece sacada dun capítulo de "Cuéntame". Teño a sensación de que en Vieiros buscaron unha foto no arquivo e a puxeron porque sí, o cual non quere decir que non quede algunha aula así polo mundo adiante, con isa parafernalia fascista (pode que en Beariz, non sei). A foto do crucifixo é preciosa, ten unha textura moi chula, debe ser pola capa de pó e as manchas de humidade.

xanxan #18 30/Novembro/2008 xanxan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

o fin e o kabo a igrexa e otutra secta!!
asike fora todo o uniko k keren e ter poder asike fora
se keren os krucifixos ke os ponha nas orellas

Vakaloura #19 30/Novembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E logo porque non se pronuncia Touriño? Qué cousas ten na súa cabeciña? Igual quer institucionalizar outra vez o palio para que os caudillos se acubillen debaixo. Hai que mollarse aínda que se perdan votos. Estamos na regresesión ao pasado non tan lonxano.
Penso que a imaxe do cuzifixo non lle fai ben aos cativos. Un chisco sado, ¿non? Pois vaia estado laico e aconfesional! Cuzifixos e subvención saos colexios religiosos. Hai miña naiciña como estamos!

mceleiro #20 1/Decembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pois eu estou a favor. Totalmente a favor e não é nenhuma ironia. Ao lado da foto de El-Rei, o crucifixo. Se este é um Reino Católico, que se sepa.

Amais, que vos estorba? Na minha escola havia um e um dia apareceu Cristo com um braço descravado, com o punho em alto e na outra mão uma bandeira vermelha.

É um símbolo que a muitos lhes faz pensar....

onofresabate #21 1/Decembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

mceleiro, deus dea ganas de rire, que motivos non falatan.

onofresabate #22 1/Decembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

mceleiro, deus dea ganas de rire, que motivos non faltan.
E iso que falas sen "nenhuma ironia".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: