Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

A Xunta pon en marcha unha web que informa da cobertura da TDT

Ademais de amosar nun mapa as áreas cubertas pola televisión dixital, pódese consultar individualmente o estado en cada núcleo de poboación.

Redacción - 14:38 30/11/2008
Mapa interactivo que se pode consultar na web

Mapa interactivo que se pode consultar na web

Meses despois da desactivación da web oficial de información sobre cobertura de TDT do Estado Español, TDT.es, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual puxo en marcha unha específica para Galiza.

A web combina un sistema de información xeográfica (GIS) cun apartado de consulta por provincia, concello, parroquia e núcleo de poboación. O primeiro apartado permite localizar onde se atopan os diferentes emisores, reemisores e encheocos da TDT en todo o país, ademais dos existentes emisores analóxicos.

Por outra banda, pódese consultar se hai cobertura dixital en cada núcleo de poboación e a súa calidade, ou ben a data en que se espera que estea dispoñíbel. Ademais, inclúese unha ligazón que amosa a distancia e a dirección entre a localidade e o reemisor máis próximo con cobertura grazas a unha aplicación de Google Maps.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Comentarios (4)

fillotolo #1 30/Novembro/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Outra mentira do PSOE. Entras á páxina daslle a entrar e non carga nada. Aparte de todo isto o único que hai da web, a páxina de benvida, é cutrísima. A saber canto pagaron por eso... Gostaríame sabelo.
PSOE, PP a mesma ..... é

maleiro #2 30/Novembro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eso: a mesma merda é.
Páxina inexistente e cutre a portada.
Manda carallo! os que temos a casa no rural (macizo central) ímolas pasar putas...quén sabe, ó millor é preferible non ollar a morralla que poñen na caixa tonta.
Se tan siquiera poideramos consultar a TOURIPEDIA http://touripedia.wikispaces.c... para saber falar como deus manda!

outrolector #3 1/Decembro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Falsos, sectarios, ...e inútiles.

mceleiro #4 1/Decembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A cobertura indicada nesta web é mais falsa que o dinheiro queimado. Áreas que marcam >=90% têm apenas os canais da TVG e TVE, muitas que marcam >=50%, nenhum.

Amais, a área da Galiza oriental que recebe sinal analógico do repetidor do Páramo, deixa de fazê-lo quando há vento, desde que um parque eólico perto de Sárria cria interferéncias.

Eu não gosto da TV, mas tampouco das mentiras.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: