Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non contaban milleiros de traballadores

O PP agochaba e "falseaba" as cifras de funcionariado, censura o Goberno

Desde Presidencia falan do aumento de emprego en Sanidade e Educación, e recórdanlle que non incluían nas estatísticas públicas persoal laboral temporal.

Redacción / EP - 09:00 28/11/2008

Desde xaneiro de 2005 até xullo de 2008, o reconto estatístico indica que houbo un aumento de 10.915 empregados na administración galega. A cifra saltou de 77.122 en 2005 a un total de 88.037 en 2008. Desde a Consellaría de Presidencia xustificaban este xoves que o incremento chega fundamentalmente polo aumento no persoal sanitario, 6.120 empregados máis nese período, até un total actual de 34.200. Tamén destacan os incrementos no treito do ensino non universitario, que pasou de 33.930 en xaneiro de 2005 a 35.145 empregados en xullo de 2008 e os 403 empregos máis en Xustiza.

A Xunta respóndelle así ao PPdeG, que acusara o Goberno de aumentar o cadro de traballadores públicos en 10 mil persoas. O secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, opinara que os galegos "pagan cos seus impostos mil millóns para afrontar a particular política de persoal do bipartito". "O traballo que con Fraga facían sete, agora fano oito", chanceou Rueda.

Unhas declaracións que foron cualificadas de "irresponsábeis" e "sen criterio" desde o Goberno, recordándolles que alén dos novos efectivos para sanidade ou ensino, as cifras engordaron porque agora se contan traballadores temporais que o anterior executivo "agochaba". Así, desde a Consellaría de Presidencia indican que os empregados laborais temporais dos servizos de extinción de incendios, entre 1.500 e 2.000 persoas, non eran parte do reconto oficial que presentaba o PP en público. "Isto non significa que o PP non contratase persoal laboral temporal, senón que nun afán de ocultar a realidade non os contabilizaba", explican desde o departamento de Xosé Luís Méndez Romeu. Presidencia defende así o modelo de "transparencia" actual onde se achega o detalle do cadro de persoal.


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (10)

lopesxurxo #1 28/Novembro/2008 lopesxurxo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

O bipartito foi unha forma mais de continuar a política de fraga, e galicia non cambiou nada. Seica as políticas do PP non eran tan mala, pero a min no me gustaron nada, non trouxeron nada mais que despilfarro, pero agora goberna o bipartito e para min é peor o de agora porque falaban de romper coas politicas de fraga

lopesxurxo #2 28/Novembro/2008 lopesxurxo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

O bipartito foi unha forma mais de continuar a política de fraga, e galicia non cambiou nada. Seica as políticas do PP non eran tan mala, pero a min no me gustaron nada, non trouxeron nada mais que despilfarro, pero agora goberna o bipartito e para min é peor o de agora porque falaban de romper coas politicas de fraga

lopesxurxo #3 28/Novembro/2008 lopesxurxo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

O bipartito foi unha forma mais de continuar a política de fraga, e galicia non cambiou nada. Seica as políticas do PP non eran tan mala, pero a min no me gustaron nada, non trouxeron nada mais que despilfarro, pero agora goberna o bipartito e para min é peor o de agora porque falaban de romper coas politicas de fraga

lopesxurxo #4 28/Novembro/2008 lopesxurxo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

perdon pola repeticion do comentario, pero erroume o internet

ANGR #5 28/Novembro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#1: Hahahahaha. Os do pp deveis pensar que somos parvos. Que cracks,olhai como se organizam.

manza #6 28/Novembro/2008 manza
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

q poca vergoña...e o peor é que teñen a cara de responder...
porque non din que son necesarios e xa está???se non o fan así será porque algo esconden...

jujolor #7 28/Novembro/2008 jujolor
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

o de agora si vai peor para quenes miran soamente a Hespaña, mais isto o de agora e un forma de facer pais, que queredes en catro años borrar todos os herros do pasado, o que debe ser a union de todos os galegistas, pra mirar mais polo noso pais.

sempre en galiza.

Xianagz #8 28/Novembro/2008 Xianagz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿la noticia no es que ekl bipartito aumento en 10000 los trabajadores de la Xunta? y de ser cierto que el PP hizo eso de lo que se le acusa ahora ¿alguien se cree que der ser cierto el bipartito no lo habria denunciado mucho antes?

UnDeTantos #9 28/Novembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"erroume o internet"

... Fala castelán ho,ninguén te vai comer. Vaia exprseón máis artificial...

UnDeTantos #10 28/Novembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

*expresión,haha

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: