Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COMERCIO ELECTRÓNICO

A empanada do país chega á internet

Unha panadaría de Vimianzo lanza unha web na que vende pan, roscas e catro variedades de empanadas.

Redacción - 13:15 28/11/2008

Se xa había tempo que se vendía marisco ou produtos da terra pola internet, aínda se botaba a faltar na rede outro produto tan noso como é a empanada. Unha panadaría de Coristanco, Valenza, acaba de poñer en marcha o seu servizo de venda en liña.

Ademais de pan e roscas, ofrece catro tipos de empanadas: de atún, de bacallao, de bacallao con pasas e de carne. Os gastos de envío son de balde para os pedidos dende a comarca de Bergantiños, que se serve coa flota de vehículos da propia empresa, mentres que para o resto do país se fai mediante unha empresa de mensaxaría.

En calquera caso, segundo as estatísticas da web, o produto que está a ter máis demanda é o pan de forno de leña, feito con trigo do país, seguido da empanada de bacallao con pasas grande.


2,33/5 (3 votos)

Comentarios (8)

galleto #1 28/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Sí, pprque a empanada mental xa hai tempo que chegou.

galleto #2 28/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Sí, porque a empanada mental xa hai tempo que chegou.

papuxa70 #3 28/Novembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Se calhar a túa?.):(

rinlo #4 28/Novembro/2008 rinlo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Dacordo com galleto, a melhor empanada da nossa terra é a mental.

pepedaconcha #5 28/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A web so en castelán. Vaia autoodio que lle temos ao idioma. Con iso de que o castelán o entendo todo o mundo imos apañaos na rede.

omeucarreiro #6 29/Novembro/2008 omeucarreiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

É de agradecer que os produtos galegos xa se poidan ofrecer e adquirir no maior hipercenter do mundo, que é a rede. Sobran as palabras.
A pepedaconcha: o que lle pasa a esta empresa que vende empanadas galegas -en español-, e á empresa que xestiona o desenvolvemento da súa páxina -supostamente para entidades galegas e tamén en español-, non é raro. Neste estraño país hipermaioritariamente galegofalante a maioría dos medios de comunicación, e a maioría dos profesores e alumnos universitarios continúan a manter o uso trepa da lingua (española), amosando un desprezo absoluto ás súas raíces e a todos os esforzos individuais e colectivos por recuperar, consolidar e dignificar unha cultura tan importante como a galega. Moito estudar galego no ensino, moito Celga, moita institucionalidade en galego, pero os medios de comunicación, e os modelos universitarios seguen mirando para outro lado. Ás veces un séntese estranxeiro. País!!!

OBSERVADOR #7 30/Novembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E está em castelão, puahg! Não penso comprar nenhuma.

galleto #8 2/Decembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero si sabe igual...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: