O executivo do PP aceptou en 2002 unha petición formal dos Estados Unidos para o uso de aeroportos estatais, segundo un informe ao que tivo acceso o diario El Pais.
O documento que agora se coñece expón que o goberno español, liderado daquela por José María Aznar, tivo coñecemento dos avións estadounidenses que fixeron escala en aeroportos do Estado Español levando presos presuntamente talibáns e da rede al-Qaeda desde Afganistán até a base de Guantánamo, en Cuba.
O informe que agora fai público o diario El País estaba clasificado como "moi secreto" e ten data do 10 de xaneiro de 2002. Foi redactado por quen naquel momento era director xeral de Política Exterior para América do Norte, Miguel Aguirre de Cárcer, e estaba dirixido ao ministro de Exteriores, Josep Piqué, e o secretario de Estado, Miquel Nadal.
Na solicitude do goberno estadounidense exponse que a intención era realizar os traslados en voos de longo alcance, pero solicítase a autorización do goberno español para o caso de que fose necesario a utilización dalgún aeroporto estatal. Argumenta a petición dos EUA que se tratará de "escalas de tempo mínimo". Tal e como lles contamos no seu día, segundo a investigación realizada polo Parlamento Europeo, entre os aeroportos usados pola axencia de espionaxe estadounidense, a CIA, estivo o vigués de Peinador.
e ke se vai facer e aznar
e nn da pa mais!!
Noticia de gran actualidad. Si al menos fuera cierta...
Ghaivotas paspán,cóntame a túa versión dos feitos se a sabes,estaría encantado de rirme un poquinho máis :)
O goberno de ZP impediu abertamente que aterrasen en terras españolas, como todo o mundo sabe. ?????????
Anda ZP vai a cagala, que presumes de saír de Iraq, pero estás en Afganistán. Invasión inxusta dun país coa desculpa de que alí se esconde un terrorista moi temido.
Carallo, pois terían que invadir Paquistán, cando está moi claro que o seu goberno paga e envía a grupos armados a Bombai.
Ganas teñen, pero Paquistán ten a bomba atómica e posiblemente a Bin Laden.