Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Entrevista en Gara

"A esquerda abertzale ten que estar nas eleccións e nas institucións", di Otegi

Na primeira entrevista desde a saída do cárcere, quen fora líder de Batasuna chama á unión de forzas do independentismo para unha nova estratexia.

Redacción - 11:30 01/12/2008

"A esquerda abertzale ten que facer un esforzo por estar nas eleccións e estar nas institucións. Insisto, a vocación da esquerda abertzale é estar nas eleccións e traballar nas institucións deste país, porque nacemos para iso, complementando a loita popular e trasladando as reivindicacións dos traballadores vascos", afirma Arnaldo Otegi en conversa co Gara.

O que fora líder de Batasuna pon os exemplos de Escocia e Grenlandia como camiños a imitar por Euskal Herria e chama a recuperar o espírito "da última etapa negociadora e profundizando nela, para darlle unha solución democrática ao conflito". "Eu non lle poño data, nin mañá nin pasado, aínda que desde o meu punto de vista, canto antes, mellor para todo o mundo", expresa Otegi. Tres meses despois de saír do cárcere, Otegi analiza que é necesario "o fortalecemento do independentismo neste país, a construción dun bloque popular independentista que articule, en solitario ou xunto con outros, esa maioría que quere o cambio e a ese sector popular que quere construír un Estado desde a esquerda". Ao fío, subliña a importancia para a esquerda abertzale de "recuperar os contidos políticos e o listón que se deixou na última etapa negociadora para, a partir de aí, tentar reconstruíla".

A entrevista completa en Gara: "A esquerda abertzale debe construír unha estratexia eficaz para acadar un escenario democrático"


5/5 (12 votos)


Comentarios (4)

ecoe #1 1/Decembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Moi boa entrevista.

roixordo #2 1/Decembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Grenlandia e Escocia? a ver se é certo e seguen ese camiño e non o que levan ata o de agora.

galego83 #3 1/Decembro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que teñen que facer é condear a violencia e os asasinatos, e partir de eiquí poderán empezar a falar.

ecoe #4 1/Decembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

de quén falan? Do entrevistado e a sua forza política?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: