Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PASAMENTO

Adeus a Mikel Laboa

Con cancións como 'Txoria Txori', 'Gure Hitzak', 'Haika mutil' ou 'Baga, biga, higa', converteuse nun dos máximos expoñentes da 'nova canción vasca'.

Redacción - 13:05 01/12/2008

Mikel Laboa faleceu esta madrugada aos seus 74 anos. Deixa quince discos publicados, e temas clave no imaxinario social do seu país, como Txoria txori ou Baga, biga, higa. Laboa fira distinguido recentemente coa medalla de ouro de Gipuzkoa, máximo galardón que outorga a Deputación Foral, e que el mesmo pretendía recoller nunha cerimonia solemne prevista para o vindeiro 23 de decembro.

Durante os anos 60 fundou cana a outros artistas o grupo cultural Ez Dok Amairu, que procuraba unha revitalización da cultura vasca dende distintos eidos artísticos, facendo especial fincapié na recuperación e dignificación da lingua. Laboa converteuse, con Benito Lertxundi, no máximo expoñente da 'nova canción vasca'. O seu disco Bat-Hiru (1974) foi elixido 'mellor Disco Vasco da Historia' nunha votación popular do Diario Vasco. Txoria txori, a súa canción máis coñecida, chegou a ser interpretada por Joan Baez coa súa letra orixinal en euskera. entre as súas últimas actuacións destaca o Concerto pola Paz, celebrado en Donostia no verán de 2006, e no que Laboa exerceu de teloneiro de Bob Dylan.

A voceira do Goberno vasco e conselleira de Cultura, Miren Azkarate, declarou que o falecemento de Mikel Laboa é "unha gran perda para a cultura vasca" e anunciou a intención do Goberno vasco de se poñer en contacto co resto de institucións para realizar un acto de recoñecemento. El alcalde de Donostia, Odón Elorza, lamentou "de todo corazón" a morte de Laboa, a quen cualificou como "un artista profundamente innovador".



Txoria Txori

Hegoak ebaki banizkio
nerea izango zen,
ez zuen aldegingo.
Bainan, honela
ez zen gehiago txoria izango
eta nik...
txoria nuen maite.

De lle cortar as ás
sería meu,
non escaparía.
Pero así,
deixaría de ser paxaro.
E eu...
eu o que amaba era o paxaro.


Ligazóns

4,5/5 (8 votos)


Comentarios (2)

Breogham #1 1/Decembro/2008 Breogham
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Adeus Mikel. Fenda nesta invernía que nos toca viver. Fenda para olhar e tomar folgos. Fenda para solidariedade entre povos. Fenda para escuitar cançons e contos ao lume. Fenda para nos tocar e alouminhar. Fenda feita com voz e guitarra coma um aizkolari de carvalho, de vento e de chuiva. Agur Mikel. Beti gogoan izango zaitugu.

ecoe #2 3/Decembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ademáis das oficiais -a facer a foto- estiveron Xavier Lete, don Benito Lertxundi, Atxaga, Muguruza, etc.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: