Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Negocio Sacyr-Citigroup

O conselleiro de Industria cualifica de "preocupante" a venda das autoestradas

Fernando Blanco asegurou que "non é un movemento positivo" para o noso país, e lembrou que moita culpa tena a mala xestión política de gobernos anteriores.

Redacción / EP - 13:30 01/12/2008
A Ponte de Rande, pola que pasa a AP9, chegando a Vigo / Flickr: bluguia_pablo

A Ponte de Rande, pola que pasa a AP9, chegando a Vigo / Flickr: bluguia_pablo

Tras saber da compra, por parte do xigante financeiro estadounidense Citigroup, do ente xestor das autoestradas, Itínere, o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco (BNG) sinalou que fica un "mapa preocupante" para Galiza.

Blanco indicou que a venda de Itínere, filial de Sacyr, á que pertencen, entre outras infraestruturas, a autoestrada AP9, que une Ferrol con Tui, "non é un movemento positivo para Galiza", mais que aínda "hai que ver os resultados". Sen indicar as razóns que lle facían pensar isto, o conselleiro relacionou estes movementos de capital co "momento especialmente complexo" que estamos a vivir, xa que a venda de Itínere débese ás "dificultades económicas polas que está pasando a construtora Sacyr".

A falta dunha estratexia política e económica
Fernando Blanco tamén sinalou que neste proceso "non houbo unha clara estratexia nin política nin económica" por parte dos anteriores goberno galegos para darlle "seguridade" ás empresas, e sinalou que os mesmos efectos se están a dar no sector enerxético, no que, dixo, "non se apostou tampouco por consolidar os grupos empresariais".

"Creo que non é positivo para o conxunto da economía do país"
Blanco reiterou que agora hai que agardar a "ver como vai" a operación de compra, mais lembrou que esta venda "sumarase á venda de outras empresas participadas por Sacyr", en clara alusión a posíbel compra, por parte da rusa Lukoil, das accións de Repsol que posúe a construtora. Este movemento tamén repercutiría en Galiza, xa que a petroleira ten participación en Gas Natural, e a gaseira, á súa vez, está en proceso de compra da eléctrica, con capital galego, Unión Fenosa.

Nesta liña, Blanco chamou á "reflexión" sobre as políticas previas que levaron á actual crise económica e, con ela, a estes movemento de capital multimillonario.

O PPdeG avisa: a venda de Itínere pode influír en proxectos "vitais" para Galiza
O voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, sinalou que a venda de Itínere podería influír en "necesidades vitais" para Galiza, como a ampliación da Ponte de Rande, ou a construción dun terceiro carril en varios tramos da AP9. O parlamentario popular exixiulle, nesta liña, á Xunta que dea "garantías" de que se poidan desenvolver estes proxectos que, ao seu ver, quedan cuestionados ante esta operación de venda. Neste sentido, Ruiz Rivas criticou o Goberno por non ter pechado a ampliación da Autoestrada do Atlántico a través dun convenio, antes de que Sacyr vendese Itínere.

Fernández Antonio: a Xunta "vixiará que Citi cumpra o compromiso de ampliar a AP9"
O conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, asegurou, tras coñecer o peche da operación de venda de Itínere, que a Xunta vai vixiar que Citi cumpra o compromiso que tiña a empresa estatal de ampliar a capacidade da AP9. Fernández Antonio lembrou que, cando hai un cambio de paquete accionarial, como neste caso, a empresa que entra "ten que asumir os compromisos previos". O conselleiro tamén lembrou que a AP9 "foi privatizada polo PPdeG", e asegurou que dende a Xunta vaise "asegurar o mantemento do servixo e dos proxectos de investimento".


2/5 (2 votos)

Comentarios (11)

Garrano #1 1/Decembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Os do PP berran e laian pola venda de Repsol YPF aos rusos mais cando o capital transnacional non dá garantias de estabilidade no marco económico galego, non din nin mu.

Que paguen xa politicamente coa sua dimisión os que perpetuaron a cabronada de AUDASA na última lexislatura pepera.

mceleiro #2 1/Decembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ao já feito, peidos ao rabo!
Mas o governo actual pensa FAZER algo ou choromicar e reçar para que o neoliberalismo não nos dê ainda mais polo cu?

Agora que estão de moda as nacionalizações, igual se podia fazer algo com determinadas concesões a 50 anos das NOSSAS autoestradas.

Mas o problema de fundo é Repsol e os seus acionistas do PSOE. O capital manda.

A nós aumentarão-nos a peagem para "ser solidários" com uma empresa em crise.

ecoe #3 1/Decembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pois para deixar de preocuparse polo mapa preocupante para GZ, non andan TODOS A UNHA na necesidade da PRIVATIZACIÓN? A qué preocuparse, non está logo do millor xeito pensable e desexable? E logo non buscaban a libertade do capital para ir e vir?

Laiase coma os crocodrilos!

ecoe #4 1/Decembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ahí, a vixiar que o capital cumpra. E si non qué lle faría? (négome a lle pór contestación).

Si o KAPITAL SEMPRE cumpre consigo mesmo claro (tamén coñecido como onanismo do bulso).

Xistral #5 1/Decembro/2008 Xistral
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non vexo a diferenza para Galiza que os beneficios das autopistas galegas e as tomas de decisión vaian para Madrid a que vaian para New York. É máis, prefiro que tomen as decisións en New York porque seguramente van ser máis beneficiosas para Galiza. E por outra parte cantos menos cartos vaian para Madrid daquí mellor, máis débil en proporción a nós.

Carlinhos #6 1/Decembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O Carlinhos qualifica de "preocupante" o conselleiro de Industria.

ecoe #7 1/Decembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ahí perfecto, certaches en pleno

xuvenco #8 2/Decembro/2008 xuvenco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Con que pouco son felices algúns: se o capital non vai para Madrid e vai para outro lado mellor. O capital e malo sexa de onde sexa, incluso galego (Reganosa por exemplo)

mansdodemo #9 2/Decembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este noso conselleiro de Industria, ¿que está facendo?.

Vakaloura #10 2/Decembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Os males que fixo o PP non nolos ten que lembrar, xa todos os sabemos. Pero coma di o Carlinhos, o do Sr. Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, tampouco deixa de ser preocupante.

galleto #11 2/Decembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Podían vender tamén as corredoiras, xa postos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Coa compra de Itínere, Citi tomaría o control das autoestradas galegas / Flickr: willysifones
Coa compra de Itínere, Citi tomaría o control das autoestradas galegas / Flickr: willysifones
Mapa das autoestradas e autovías que xestiona Itínere (clique para ampliar)
Mapa das autoestradas e autovías que xestiona Itínere (clique para ampliar)
O PPdeG teme que se vexa afectada, con esta operación, a ampliación da Ponte de Rande e dalgúns tramos da AP9 / Flickr: lalves
O PPdeG teme que se vexa afectada, con esta operación, a ampliación da Ponte de Rande e dalgúns tramos da AP9 / Flickr: lalves