Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Eleccións Europeas

Onde queda a esquerda irlandesa?

Análise sobre o escenario político debuxado polo electorado irlandés á luz da última cita coas urnas.

María Golpe - 12:00 10/06/2009

Segundo algúns analistas dos medios irlandeses, os resultados das eleccións locais e europeas celebradas na República de Irlanda mostran un xiro á esquerda por parte do electorado do país. Vendo os resultados, a mensaxe do electorado é claramente unha de descontento cos partidos na coalición de goberno: o centrista Fianna Fáil e o partido dos verdes (Green Party).

As urnas déronlle por primeira vez o liderado como partido mais votado a Fine Gael, un rexurdir merecido a Labour e un apoio obvio aos candidatos independentes. A victoria sorpresa de Joe Higgins en Dublín, dalle tamén un eurodeputado ao Socialist Party. Sen embargo, Sinn Féin vén de sufrir a perda da súa eurodeputada, Mary Lou McDonald, e queda sen representante en Europa.

Nas eleccións xerais do 2007, Michael McDowell definía cun xogo de palabras xocoso a Labour, Sinn Féin e Green Party, como a "esquerda, a extrema esquerda e os refugallos" ("the left, the far left and the leftovers"). A frase condensa o limitado espazo que ten a esquerda irlandesa.

O feito de que Fine Gael pasa a ser a primeira forza política implica un cambio de apoio público, pero claramente non de cambio ideolóxico radical da poboación.

Enfrontados tradicionalmente a raíz da guerra de independencia, Fine Gael e Fianna Fáil, son dúas caras da mesma moeda, cubrindo ambos posicións conservadoras no espectro político na república. Co Fine Gael lixeiramente mais á dereita (e membro do Partido Popular Europeo) que o ‘centrista’ Fianna Fáil.

Aínda que a popularidade de Labour (o terceiro partido máis votado) e do seu líder Eamon Gilmore (Labour pasa de ter un eurodeputado a 3) podería traer algunha sorpresa electoral no futuro, está claro que o xiro á esquerda do electorado irlandés é relativo e está aínda lonxe de ser realidade.

Porcentaxe de voto (Primeira preferencia):
-Eleccións Locais
Fianna Fáil 25.4%
Fine Gael 32.2%
Labour 14.7%
Green Party 2.3%
Sinn Féin 7.4%
Outros (Independentes) 18%

-Eleccións Europeas
Fianna Fáil 24.12%
Fine Gael 29.13%
Labour 13.91%
Green Party 1.9%
Sinn Féin 11.21%
Outros (Independentes) 19.72%

Os 12 representantes irlandeses no parlamento europeo 2009:
Fine Gael 4 (mesmo resultado)
Fianna Fáil 3 (obtivo 4 no 2004)
Labour 3 (obtivo 1 no 2004)
Independentes 1
Socialist Party 1


4,31/5 (13 votos)


Comentarios (8)

todotroll #1 10/Xuño/2009 todotroll
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

"a esquerda, a extrema esquerda e os refugallos". Boa definición.

breio #2 10/Xuño/2009 breio
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E a esquerda espanhola?

ecoe #3 10/Xuño/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A que o Misterio dos Interiores Ocultadsos lles desvía as votacións a millares?

Xanzinho #4 10/Xuño/2009 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Não. Os "independentes" rabunharom só um lugar. O Socialist Party (marxista) foi o verdadeiro partido de esquerdas que, numa façanha histórica, vai ter representação na Europa da mão do brilhante Joe Higgins. Foi ele que lhe tirou um lugar ao Fianna Fáil e Sinn Féin no mesmíssimo Dublin (os tres partidos lutavam por esse assento).
Para mais info:
http://en.wikipedia.org/wiki/E...

mgolpe #5 11/Xuño/2009 mgolpe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Totalmente correcto e o texto será correxido. Desculpas.
Mais estarás de acordo que a esquerda en xeral ten pouco apoio no país?
Os resultados a nivel europeo son unha melloría relativa, pero tendo en conta que FF e FG acaparan a grande maioría dos votos… é difícil que haxa unha alternativa de governo de esquerdas a curto prazo. E a nivel local, as opcións aínda son máis escasas.

Xanzinho #6 11/Xuño/2009 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

:)
É que aqui a gente nem pensa nas "esquerdas". Não hai alternativa de esquerdas porque nunca houvo partidos de esquerdas. A "revolução" irlandesa (independência) foi católica e reacionária, liderada polo sinistro De Valera (simpatizante da extrema direita). A esquerda era um asunto extrangeiro, ainda pior, inglês! ;) FF e FG medrarom nesse ambiente. Na Irlanda o voto é essencialmente localista e personalista.
Não só isso: A população ainda culpa os sindicatos de esquerda da crise dos 70 e, sobretudo, da dos 80, com o que muitos desses sindicatos desapareceram. Só fica o grande e quase que "sindicato único/vertical" da SIPTU, que são esquerda assim daquela maneira. Eu não estou afiliado pq me parecem uns farsantes.
O que é um facto histórico é que o Labour tenha subido tanto e que o Socialist Party (partido abertamente marxista) tenha chegado onde chegou. Seja dito que o trabalho local do SP é exemplar, e tem um par de figuras (Joe Higgins ou Mick Barry) que são mui válidas.
Por certo, o invento do Sinn Féin de se vender como partido de esquerdas agora que a cousa no Norte está calma aqui não convence a quase ninguém. Muita gente está mui queimada com o Sinn Féin.
Isso sim, ó milagre ó maravilha, fala-se agora cada vez mais dum *possível* grupo parlamentar de esquerdas, embora não tenham maioria, entre o Labour, Sinn Féin, algum independente e o SP quando regressem... mas algo me diz que o Labour vai esperar a ver se para as nacionais podem entrar no governo com o FG (sim sim, Labour e direita rância - e o que tem o desejo de botar ao FF fora e a fame de poder!)

Xanzinho #7 11/Xuño/2009 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Bom, já sabes todas estas lérias de qualquer forma ;)

rinlo #8 12/Xuño/2009 rinlo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Se a esquerda irlandesa som o Sinn Féinn e os Verdes, mal está a cousa. Em realidade, nom existe, nem existiu.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: