A cidadanía aceptou agora o que rexeitara nas urnas en 2008. O resultado final: 67,1% para o "si" e 32,9% para o "non".
20h15: O resultado final do referendo irlandés, ano e medio despois de que os electores optasen maioritariamente polo "non", vira agora cara ao "si". Un 67,1% votaron a prol do Tratado de Lisboa e un 32,9% dixéronlle "non". A participación medrou algo máis de catro puntos respecto á consulta anterior. Deste xeito, a República Checa e Polonia son agora os únicos chanzos que lle restan ao Tratado para a súa ratificación.
16h45: O primeiro ministro irlandés, Brian Cowen, afirmou que os cidadáns outorgáronlle un "claro e rotundo" triunfo ao "si" neste segundo referendo. Horas antes de que se coñezan os resultados finais e á luz da tendencia amosada polas urnas, Cowen asegurou que os electores foron favorábeis desta volta ao Tratado de Lisboa. "É un boa día para Irlanda e un bo día para Europa", dixo. "Os irlandeses amosaron unha Irlanda que abraza o seu futuro á beira de Europa", engadiu o primeiro ministro. Desde a beira dos grupos que pedían o "non", o líder do grupo Libertas, Declan Ganley, admitía que os resultados debuxan unha clara vitoria do "si". A prensa irlandesa cita o caso de diversas circunscricións onde o "non" gañara esmagadoramente hai mes e medio e agora foi o "si" o que venceu maioritariamente.
Desde a presidencia de quenda da UE, o ministro sueco de Exteriores, Carl Bildt, expresou que o acontecido "é unha importante vitoria para Irlanda e para toda Europa" e comentou que era só cuestión de tempo que "a UE finalmente premese no botón para a mellor cooperación que o Tratado de Lisboa nos dará".
9h30: Será ao longo deste sábado cando se coñezan os datos do reconto do referendo celebrado este venres en Irlanda, ano e medio despois de que os cidadáns votasen por vez primeira, rexeitando daquela o Tratado de Lisboa e abrindo unha importante crise no escenario político da Unión Europea.
Na primeira votación, en xuño de 2008, o 53% dos electores irlandeses que acudiran ás urnas escolleran o "Non" ao Tratado. As últimas enquisas prevían desta volta que habería un voto maioritario polo "Si", mais non con demasiada vantaxe. A mala situación económica do país na actualidade é, segundo algúns analistas da prensa irlandesa, un dos factores que podería influír decisivamente na viraxe do voto irlandés cara ao "Si". Con todo, por outro lado hai tamén quen aventura que o referendo mesmo poida verse afectado polo que se entendería como un posíbel voto de castigo ao actual goberno.
O primeiro ministro irlandés, Brian Cowen, advertiu de que o seu país perdería a confianza da UE se se impón novamente o rexeitamento. A oposición do Fine Gael, que apoiaba nesta cita a opción do "Si" ao Tratado, á beira do executivo, facía público a través da televisión irlandesa a última hora do venres un estudo que prognosticaba que o "Si" sairía opción gañadora por unha ampla marxe de até o 60% dos electores.
Concesións en troques da votación
Para propiciar a aprobación do tratado, que só pode entrar en vigor se o ratifican os 27 países membros da UE, Irlanda obtivo algunhas concesións, entre estas a permanencia dun comisario propio no Executivo de Bruxelas.
Irlanda é o único país do bloco europeo que ten unha Constitución obriga a convocar un referendo sobre o Tratado de Lisboa. No caso de que o 'Non' se volvese impor neste segundo referendo, a UE daría por fracasado o seu proxecto de reforma.
A última hora:
Habera algúns que dirán a Irlanda perdeu a sua Liberdade, pero eu hacho que gañaou a sua escravidäo
¿E se dentro dun ano ou o tempo que sexa os irlandeses cambian de opinión, que pasa? ¿Outro referendo?
Democracia nom é, com certeza. Será mais manipulocracia! O referendo seria repetido vezes sem conta até o SIM ganhar...
Este referendo foi sobre o tratado uma vez emendado após do voto "não", e era definitivo e vinculante. Isto é, o primeiro foi "não", a UE tomou nota e alterou pontos específicos para a Irlanda (pontos que outros países poderiam interpretar como injustos porque fijo-se uma espécie de excepção com a Irlanda). Bom, este segundo referendo era sobre isso, sobre esse texto modificado, com a condição acrescentada de que seria final. Sabia-se desde o princípio que não seria repetido uma terceira vez.
E não vou a entrar em como o primeiro referendo foi celebrado (abstenção, a campanha do "não" dizendo que os irlandeses seriam recrutados forçosamente num exército europeu, etc)... Também poderia-mos questionar agora como a campanha do "não" clamava que a Irlanda seguiria sendo pleno membro da UE, com acesso aos seus mercados e recursos financeiros, mas ao mesmo tempo podendo pôr limites à imigração desde outros países da UE (!). Um pouco inconsequente, não é?
Caso do "não" ter ganhado a UE simplesmente teria continuado avante deixando esta ilha à mercê do eixo ianqui-britânico. Ninguém teria estado mais contente com uma vitória do "não" que o BNP por exemplo ("British Nationalist Party", fazede uma procurinha em google), que mesmo queria enviar propaganda eleitoral a fogares da República.
Irlanda tem muitos défices democráticos (falta total de governo local, caciquismo pior que o nosso, irrelevância da presidência da república, e um longo etc), mas não foi neste(s) referendo(s) que se evidenciou esse défice.
Agora bem, que a UE está longe de ser o que deveria ser e funcionar como deveria funcionar... isso é uma outra história.
Acrescento e corrijo... Não só o BNP, também o UKIP meteu a cabecinha no referendo doutro país como se ainda duma outra província se tratara. Ainda se queixarão das "ingerências" da UE :P
http://www.irishtimes.com/news...
Depois de todas as chantagens imagináveis; com a quase totalidade dos partidos a pedirem o "sim", com a honrada excepção do Sinn Fein, que o 33% da cidadania irlandesa tivesse a coragem de dizer "não" parece-me um milagre
O Sinn Fein pinta bem pouco na república (note-se que o "não" só ganhou em Donegal, condado do norte). Os outros grupos relevantes que defendiam o não eram "Libertas" (arrepios metem estes ráncios) e o Socialist Party (discutido mesmo dentro do partido). Ah! claro, como digem, também o British Nationalist Party e o UK Independence Party. E a CIA :P
E não percamos de vista a taxa de abstenção.
À sério gente, as decisões políticas neste país são tão enrevessadas como na Galiza (tão listinhos somos e está Frijolito de presidente). Hai muitos muitos matizes. Isto nunca foi só sobre o tratado, ou sobre um simples "sim" ou "não".
Esta é unha proba de porque este tipo de consultas publicas terían que ter un marco regulatorio especifico e xusto.
Aínda que aclaro, isto moitas veces non serve de nada xa que o poder constituído busca e consegue a forma de lograr os seus obxectivos violando as normas e regulamentos.
En moitos países entre eles Venezuela está legalmente establecido que unha materia sometida a referendo e rexeitada en leste. Non pode ser novamente consultada até transcorrido o período electoral onde se fixo a petición. Isto ten unha razón e en Irlanda confírmase.
Moi ben, en Irlanda gaño o si, este resultado é certo. Agora quen impide que dentro dun ano novamente invóquese un referendo e bótese para atrás esta medida? Simplemente estarían de elección en elección. Por lo menos duas veces.
O único que confirma esta noticia é que nalgúns países as consultas populares só serven para darlle a razón ao poder constituído. Cando isto non é así, simplemente descoñécese esa vontade popular e prepárase outra consulta ata que o fin sexa logrado o obxectivo ou simplemente apélase a outras vías para descoñecer a vontade popular. O mellor exemplo. O referendo de 2007 en Venezuela. O pobo dixo que non a todas as reformas comunistoides propostas por Chávez. De que serviu? De nada, hoxe aplícaas igual que si as aprobaron os votantes e violando a lei en materia de referendo volveu preguntar sobre a reelección presidencial. Iso si, modifico a petición orixinal onde se establecía que esa prerrogativa só podía ser gozada polo presidente e estendeuna a outros funcionarios públicos. Cunha pequena trampa que practicamente o deixa a el só no poder e que consiste no seguinte. O presidente poderá nomear funcionarios cuxas atribucións de feito e de dereito están por encima dos alcaldes e gobernadores. É dicir transfórmaos aos alcaldes e gobernadores en jarons chineses. De nada serviu que o pobo da rexión capital sacase a gran parte dos ineficientes e corruptos Chavistas e elixise a outras persoas do mesmo xeito que noutros estados do país. O goberno simplemente nomea un funcionario por encima dos electos polo pobo como fixo na rexión capital ao nomear Jacqueline Farías como xefa de Goberno de Caracas. Violando a decisión popular expresada nas urnas.
De tal maneira, que os amigos Irlandeses se cadra xa non poderán facer un novo referendo para reconsiderar esta situación xa que os intereses europeos e o poder constituído xa lograron o seu obxectivo. Non nos sorprenda que ante unha nova petición de referendo crese ou se desempoe algunha lexislación que o impida. Iso si, a instancia onde se crease será no parlamento e o que perderá o dereito a decidir será o pobo.
JUANCIÑO, és um bom demagogo, os fascistas realmente existentes som a favor do tratado de Lisboa.
o fregado, xa non lavado, cerebral, debeu ser...enérxico!
Os obscuros neocons de Libertas e os pirados neomarx do Sinn Féinn a pedir o nom... que se podia esperar. O que nom quita que o tratado de Lisboa seja uma das maiores burlas democráticas dos últimos tempos. Europa é umha farsa.