As máis que polémicas declaracións da alto cargo da Xunta obviaban deliberadamente que a práctica totalidade dos traballadores (agás 17 que entraron por listas de agarda) superaron procesos selectivos que foron publicados no seu día no DOG e anunciados na propia páxina do Consorcio, algo que non se reflectiu nin no debate político nin nas informacións que o recolleron.
Algúns traballadores das oficinas I+B consultados por Vieiros xa amosaron o seu profundo malestar coas declaracións da secretaria xeral que consideran que atentan gravemente contra a súa dignidade laboral e que son susceptíbeis de querela xudicial. De feito, valoran presentar nas vindeiras semanas unha demanda por difamación contra a secretaria xeral e iniciar mobilizacións de inmediato.
Os procesos de selección de persoal que, segundo López Abella, “nunca existiron”
Os 104 traballadores das oficinas I+B están repartidos en catro áreas de traballo de ámbito comarcal: Plan Galego de Inclusión Social (57 traballadores); Plan de Igualdade (18); Plan de Apoio ás Familias (12); e Plan de Galego de Infancia e Adolescencia (17).
-Plan Galego de Inclusión: o proceso de selección foi convocado no DOG (20/042007) e rexeuse polas bases dun concurso oposición (20 puntos de exame, 14 de méritos e seis de entrevista persoal)
-Plan de Igualdade: Publicidade no DOG (24/10/2007) e bases para os aspirantes (dous exames sen entrevista)
-Plan de Apoio ás Familias: Publicidade no DOG (24/10/2007) e bases (dúas probas escritas sen entrevista)
-Plan de Infancia e Adolescencia: Os 17 traballadores deste plan foron chamados pola orde que establecían en 2008 as listaxes públicas de agarda.
Fronte ao modelo comarcal, volta ao vello sistema?
Na súa comparecencia parlamentaria, López Abella criticou duramente o modelo que no seu día puxo en marcha Vicepresidencia. Para o PPdeG, o modelo comarcal consorciado deseñado polo bipartito “non tivo en conta os concellos”. A secretaria xeral poñía no ar o futuro das oficinas I+B e dos seus traballadores. Porén, 74 das 104 prazas actuais (Plan de Inclusión Social e Plan de Infancia) están sufragadas en boa parte con fondos europeos, aos que non semella probábel que estea disposto a renunciar o Goberno.
Máis difícil semella a continuidade dos 30 traballadores dos plans de Igualdade e de Apoio ás Familias. Dende o PPdeG prefiren volver apostar exclusivamente polo anterior modelo dos CIM (Centro de información á Muller). Estas oficinas, de carácter municipal e non comarcal, contan con subvencións da Xunta para pagar parte do servizo. Porén, son os propios consistorios os que deciden as formas de acceso do persoal.
Dona Susana e a súa política da mentira e de berrar máis cos demáis e non deixalos falar.Unha vendedora de donuts(no senso literal da palabra) que chega a alto cargo,por certo ,no seu perfil dicía que tinha estudos mais ,non concreta en que (quizáis en donutoloxía).Que fixo vostede na secretaría dende que chegou?Pois a resposta e doada, botarlle a culpa de todo ó bipartito,medidas novas 000000 e máis 0000.Para procesos seletivos limpos os do grupo C1 nonsí,Dona López Abella...
O que parece máis incrible é que os medios de comunicación repitan as declaracións da secretaria xeral sen comprobar se houbse algún tipo de concurso para a escolla de persoal. Logo de ler os xornais todo o mundo pode pensar que os técnicos foron reclutados nas sedes do BNG:
http://www.elcorreogallego.es/...
http://www.farodevigo.es/galic...
http://www.lavozdegalicia.es/g...
Non sei que andan a valorar. Que presenten xa a demanda.
A Susanita como sempre, emporcallando todo, atópase no seu medio.Ë o dela.
Alpabarda, caes na trampa. Ningunha das prazas das oficinas de I+B foi convocada a poucos meses das eleccións (refíreste a outro concurso de consolidación, poida que discutible ou non, pero que non ten nada que ver, nin lle afecta para nada a estes empregados). Neste caso, a metedura de zoca de López Abella é monumental.
Alparbada, opino como Aldara, caes na trampa.
Plan Galego de Inclusión Social. Publicación da convocatoria no DOG do 20/04/07
Plan de Igualdade. Publicacón da convocatoria no DOG 20/10/07
Plan de Apoio ás familias. Publicación da convocatoria no DOG 20/10/07
Plan de Infancia e Adolescencia. Listas de agarda que a día de hoxe siguen vixentes.
ELECCIÓNS GALEGAS 01/03/09
Este é o personal que forma parte das Oficinas I+B. En ningunha destas bases costa como mérito o ter traballado no Consorcio. Non confundamos estas prazas co proceso de consolidación de servizos centrais, galescolas e centros de día que neste momento está en suspenso e que nada ten que ver coas Oficinas I+B
Pero como non van mentir os subordinados, si o seu propio xefe, o señor dos (19) Audis, co gallo de que non lle bata o tema do Pablo Crespo en Portos de Galicia, anda a decir cada día unha cousa distinta, segundo lle van desmentindo as nóminas (de dietas cobradas por xuntanzas de Consellos de Administración, cousa que non está nada mal para quén se supón que está dimitido, segundo o seu propio presidente do Consello e o seu propio conselleiro da Xunta), que tiran en exclusiva dos arquivos, os xornais (qué diga!, "o Xornal de Galicia")?.. E iso de "quedar pampos" porque minten con descaro cargos do PP?.. Érache boa. Alguén lembra como era aquela saída, "creativa", do da Deputación d'Ourense, non hai nin dúas semanas, cando en sé xudicial, foi incapaz de aportar evidencia algunha que déra un mínimo soporte ao que, pola súa banda, non foi máis cunha suxa calumnia sobre a vida persoal do candidato, e cidadán, Anxo Quintana: "libertad de expresión en el contexto de la campaña electoral"??..
É altamente desexábel unha querela criminal para pór as cousas no seu xusto sitio
Me refiro ao que me refiro. A convocatoria de oposición antes das eleicións. Nas outras convocatorias descoñezo os termos concretos. Precisamente por eso non entendo a que esperan a, alomenos, apresentar un comunicado de prensa.
Os que xeran confusión son os que non aclaran as cousas e sí poderían facelo.
A miña amiga que traballa nunha oficina entro por méritos. Non sei os demais traballadores.
alpabarda**
pois se non sabes do que falas pregunta i enterate antes de falar!
que fácil é difamar. ánimo a todos e a todas. Ou rectificación ou dimisión. Que país!
O único certo é que os postos do persoal que traballa nas I+B pasou as súas pertinentes oposicións convocadas no seu día e publicadas no DOG. E o único certo é que foron procesos non impugnados, polo tanto presupónselle toda a legalidade. De todas formas, eu creo que tras as verbas de López Abella, como as doutras persoas do PPdeG, responden por un lado a cuestións de política, pero tamén a un descoñecemento atroz por parte de López Abella do Consorcio, o que ten máis delito sendo esta persoa unha alto cargo no Comité Directivo do Consorcio. A que se adica esta Secretaria Xeral entón, se non sabe como funciona un organismo no que é parte directiva?