Para apagar as críticas da patronal, o goberno de Sócrates anuncia unha rebaixa na contribición social que teñen que facer as empresas.
O soldo mínimo legal en Portugal será a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 475 euros, o que representa unha suba de 25 euros con respecto ao 2009. O primeiro ministro, o socialista José Sócrates, afirma que este lixeiro incremento é un paso “no camiño da xustiza social”. Porén, logo das críticas da patronal, que considera inxustificado calquera aumento por mor da crise, o goberno portugués tamén acaba de anunciar unha rebaixa dun punto na contribución social que ten que facer a empresa.
O Ministério de Trabalho recoñeceu que un 7,4% dos operarios portugueses traballan a tempo completo tendo como ingreso único ese salario mínimo. Mais segundo os sindicatos, a cifra pode ser xa maior e as mulleres son o grupo máis castigado por estes baixos soldos.
No Estado Español o salario mínimo quedou establecido en 2009 en 624 euros ao mes. Segundo cifras da Unión Europea, Luxemburgo é o estado cun maior salario mínimo establecido en 1.610 euros. Na cabeza tamén está Irlanda (1.462), Holanda (1.357), Bélxica (1.336) e Francia (1.321). Os soldos mínimos máis baixos atópanse en Romanía e Bulgaria, con 137 e 112 euros respectivamente. En Alemania, Italia, Austria, Dinamarca, Suecia, Finlandia e Chipre o salario mínimo non está fixado por lei.
Como vai a socialdemocracia, a ver se a rebaixa as empresas e de 25 euros tamen...
Aznar no seu libro "Yo sé como solucionar la crisis" di que hai que acabar co saario mínimo. Seguramente os supostos "liberais" non han de querer que iso lles afecte a eles claro.
Portugal ainda ten maiores diferenzas entre ricos e pobres que no estado español. Se repartiran en anacos o País, seguramente o norte ficaría mellor administrado por Galiza.
Por uma Galiza independente e sem um Feighó no governo, quererás dizer, Cuevillas...
O poder adquisitivo português é, de média, um 20% inferior ao do Estado espanhol (Galiza incluída). Para este 2009 o SMI foi de 624 €/mês. Os 475 de Portugal seriam um 24% menos. Por certo, que o SMI espanhol (galego também) para 2005 foi de 513 €/mês, já daquela superior ao que prevê Portugal para 2010. Mas um salário cumpre compará-lo com o custo geral da vida, e aí há cousas em que ganhamos e outras onde perdemos.
Seja como for, a existência de um SMI é uma conquista social IRRENUNCIÁVEL, já que o contrário abre de novo as portas da escravidão, que é o que quereriam os neocons: que o mercado o regule tudo.