Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Marcha en Bilbao

Miles de persoas maniféstanse a prol dos dereitos dos presos vascos

Varios partidos nacionalistas convocaron o acto, despois de que a Audiencia Nacional prohibise un análogo organizado polo colectivo Etxerat.

Redacción - 10:47 03/01/2010

Miles de persoas, máis de 40 mil segundo algunhas fontes, manifestáronse este sábado pola tarde en Bilbao baixo o lema "Donos dos seus dereitos. Os presos vascos a Euskal Herria". A marcha estivo convocada por EA, Aralar, esquerda Abertzale, Alternativa e Abertzaleen Batasuna. Na manifestación non se amosaron fotografías de persoas reclusas.

Ao remate da marcha, diante do concello bilbaíno, leuse un comunicado por parte de dous membros do colectivo de familiares de presos Etxerat, que pediron "compromisos concretos e realizábeis aos diferentes axentes sociais, sindicais e políticos do país", afirmando que "é o momento de pasar das palabras aos feitos".

Os familiares e achegados dos presos de ETA anunciaron que van seguir dando "testemuño directo das vulneracións que sofren" os encarcerados nos estados español e francés, co obxectivo de "rematar coa criminal política penitenciaria vixente".

A marcha partiu pasadas as cinco e media da tarde, encabezada cunha gran faixa co logo en favor do achegamento dos presos, seguido de media ducia de persoas, na súa maioría con panos de Etxerat no pescozo. Detrás, outra faixa co lema da marcha que tamén levaban membros de Etxerat e, detrás deles, dirixentes dos partidos políticos convocantes.

A convocatoria dos partidos produciuse despois de que a Audiencia Nacional prohibise outra realizada por Etxerat tamén en Bilbao e co mesmo lema. Respecto da marcha, o xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno rexeitou a petición da Asociación Dignidad y Justicia para prohibila, aínda que precisou que a Ertzaintza tiña a responsabilidade de evitar que se proferisen expresións de apoio a ETA ou aos seus membros ou que se exhibisen faixas ou lemas con tales fins, feitos que non se produciron durante a manifestación.


5/5 (10 votos)


Comentarios (18)

Gaias #1 3/Xaneiro/2010 Gaias
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaviotero #2 3/Xaneiro/2010 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



antoniodousmil #3 3/Xaneiro/2010 antoniodousmil
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

Non sei se paga a pena lembrarche que nos cárceres hai presos polo único delito de pensar e expresarse en favor de dereitos democráticos básicos para o seu pobo. Ou sinalar que "o problema" basco é a negación do lexítimo dereito dese pobo á súa autodeterminación, dereito que foi conculcado sistemáticamente desde moito antes de que existise a organización que tí mencionas. Non, decididamente agora que o penso , non paga a peniña...

carxeva #4 3/Xaneiro/2010 carxeva
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Vieiros, baneade xa a ese impresentábel... que xa é moito aturar.

Gaias #5 3/Xaneiro/2010 Gaias
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Audios de La Radio Liberada donde ser fala de ETA e outro temas de conspiracion

http://laradioliberada.blogspo...

Raimundo #6 4/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Tino #7 4/Xaneiro/2010 Tino
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Alguen podia achegar algo melhor q estar a fazer-lhe a cama às gaivotas: é o mesmo conto de sempre, eles governan e nós apenas protestamos, sen nada que melhorar...

Por certo, vou seguir penalizando a todos aqueles q respondan a ese PPaPPanatas.

teixugo #8 4/Xaneiro/2010 teixugo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

NÃO HA NADA MAIS DEMOCRÁTICO QUE UM REFERENDUM.
AUTODETERMINAÇÃO DOS POVOS.
PUTO IMPÉRIO CASTELHANO DO SÉCULO XXI...

***P U T A***E S P A N H A***

luisfoz #9 4/Xaneiro/2010 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Não vou entrar em discussões políticas, não é a minha intenção. Apenas dizer que se estão condenados, há muito preventivo, é inumano condenar também as suas famílias pela política de dispersão, e também o é esta condena suplementar para eles que vulnera o ordenamento jurídico espanhol.

luisfoz #10 4/Xaneiro/2010 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Caramba, Raimundo, nunca pensei que chegasse tão longe, tenho discutido contigo mas não o voltarei fazer, do mesmo jeito que não discuto com a ave preeira (gaviotero)

Nambuangongo #11 4/Xaneiro/2010 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Calma, luisfoz, o Raimundo está a falar do ex-governador civil e ex-ministro Fraga Iribarne e similares...

(...cona! ...se esses não estão na prisão!)

Nambuangongo #12 4/Xaneiro/2010 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Diz o Gaviotero «Los presos vascos de la ETA que se pudran en las cárceles. De hecho, algunos ya lo están haciendo»

Esse é um facto que até os fascistas mais radicais conhecem (e apoiam). A PUTREFAÇÃO E AS PÉSSIMAS CONDIÇÕES.

Os «progres» do PSOE que criticam Guantánamo, logo apoiam o mesmo com os presos políticos.

Hermerico #13 4/Xaneiro/2010 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Dezenas de milheiros é o que tinha que aparecer no cabeçalho para nom ser o mesmo que o da Coz de Alícia

luisfoz #14 4/Xaneiro/2010 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Obrigado Nambuangongo por me recomendares calma. Sigo-te com muito interesse pelo teu sentido do humor que não sempre é compreendido por alguns. De Raimundunhol melhor não digo nada.

Biosbardos #15 6/Xaneiro/2010 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Mmm penso que algunhas persoas non merecen que lle loiten polos dereitos. Estes son un exemplo, deberían metelos a cadea perpetua (revisable cada 30-40 anos dependendo da conduta se cadra)

pitiriti #16 7/Xaneiro/2010 pitiriti
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pensar distinto non debería ser un delito,nin aquí nin na China (por dicir algo)o delito debería ser cometer actos contra a vida das persoas, non berrar Viva Galiza ceibe ou Gora Askatasuna, e o caso é que o que noutros países nos parece un crime aquí vémolo tan normal...Fai pouco pasaron un fantástico documental sobre os presos de conciencia na China, entre eles estaban os seguidores do Falun Gong ou Falun Dafa, e moitos intelectuis españois e europeos mesabanse os cabelos sen darse conta de que igual pasa na España cos nacionalistas (centrífugos)e con outros ideólogos. Consellos vendo...

ecoe #17 11/Xaneiro/2010 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non só critican Guantánamo: abren os seus propios e mesmo axudan nos problemas do seu boss!

redaccion #18 25/Xaneiro/2010 redaccion
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

http://www.vieiros.com/nova/78...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: