Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DESDE O 24 DE XANEIRO

Clientes residentes no estranxeiro poderán cobrar dos bancos intervidos

A partir do 24 de xaneiro o estatal Fondo de Garantía de Depósitos (Fogade), comezará a pagar aos depositantes dos bancos intervidos polo Estado venezuelano. Os clientes residentes no estranxeiro dos bancos liquidados, ademais do Banco Canarias e Banpro, deben viaxar a Venezuela para solicitar persoalmente o reintegro das cantidades que posuían nos bancos. Cómpre lembrar que moitos galegos e canarios residentes na Galiza e nas Canarias eran clientes destes bancos.

Xurxo Martínez Crespo - 10:16 07/01/2010

Se o cliente ten algún impedimento para achegarse a Venezuela, debe facer a notificación ante o Banco de Venezuela para outorgarlle un poder a algún representante, persoa que estará autorizada para realizar o respectivo trámite de solicitude de aforros.

A partires do 15 de xaneiro, Fogade emitirá un comunicado no que explicará o procedemento para o pagamento de garantías dos clientes que posúan outros instrumentos financeiros, coma o prazo fixo ou calquera tipo de investimentos que teñan persoas naturais ou simplesmente os aforros das persoas xurídicas.

Este mércores o Bicentenario Banco Universal, anunciou, através dun comunicado, que os talóns, tarxetas de debito, crédito e demais instrumentos financeiros, asociados aos bancos que hoxe integran Bicentenario Banco Universal, teñen a validez e o respaldo que lle confire o Estado venezuelano; polo tanto, deben ser aceptados en comercios, estabelecementos e institucións bancarias, que conformen o sistema financeiro de Venezuela.

Os bancos que hoxe forman parte do Bicentenario Banco Universal, son: Banfoandes, Bolívar Banco, Central Banco Universal e Banco Confederado.


4,33/5 (6 votos)


Comentarios (4)

COUTOVEN #1 7/Xaneiro/2010 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



COUTOVEN #2 7/Xaneiro/2010 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



COUTOVEN #3 7/Xaneiro/2010 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



COUTOVEN #4 8/Xaneiro/2010 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Bo. Algo é algo.

Certamente o dedinho sensor está a traballar ou pola contra os comentarios son tan molestos que xa entre o tres suman 18 puntos negativos que en boa lei son algo máis xa que todos empezan con +1. É dicir serán realmente como 21 puntos negativos máis ou menos.

Imos ben. Xa que a noticia só foi beneficiaria de 5 votos dos cales un é deste servidor. Moi interesante a relación verdade?

O importante é que durante o goberno ROBOILUSIONARIO do noso presidente comediante Hugo Rafael Chávez e non na inefable cuarta republica responsable de todos os males habidos e por haber en 10 anos de corrupto e incompetente goberno Chavista foi cando viñeron ao mundo politico os BOLIBURGUESES e militares de baixo grao pero moi ben emparentados (caso Chacón Escamillo) que lograron pasar duns “pata en el suelo” a Banqueiros e industriais. Non conformes con iso e grazas a manexos irregulares COÑECIDOS desde hai meses pola SUPERINTENDENCIA DE BANCOS (denunciados polos corpos de investigación do estado) Foi que o goberno actuou sementando a zozobra financeira e determinando que moitas persoas perdesen os aforros da súa vida incluídos uns cuantos Galegos.

O máis triste non foi o que sinalo anteriormente. Xa que o goberno fóra de ser neglixente ao permitir que estes bancos actuasen irregularmente por meses crea un espectáculo onde inaugura un Banco que posiblemente sexa tan incompetente e corrupto como o Banco Industrial de Venezuela e outras institucións financeiras do estado que só serviron para dar créditos fáciles e olvidadizos aos militares e aos empresarios do goberno. O máis interesante é que entre comentarios e noticias publicadas (incluído Vieiros) Sinhala que un dos Bancos Intervidos Foi o Banco Federal e que o Sr. Eligio Cedeño foi nalgún momento presidente desta institución. Noticia totalmente imprecisa por non dicir falsa. Que de máis esta dicir contribúo ao pánico financeiro xa que algunhas persoas retiraron diñeiro dese banco como produto dunha noticia TOTALMENTE ALLEA Á VERDADE.

http://www.vieiros.com/nova/77...

A verdade é que para nada é novo nin practico o titular e iso xa foi dito. Pero hai que repetilo para que non perdan no emprego ou a simpatía o dedinho sensor.

“Clientes residentes no estranxeiro poderán cobrar dos bancos intervidos”

O primeiro é que o número de aforristas residentes no estranxeiro e de forma especial Galegos dificilmente terían diñeiro nestes bancos. Por que? Simplemente ninguén é tan estúpido de traer Dólares a Venezuela para que o goberno de Chávez páguechos a 2.150 Bs dos de antes e metelos nunha banca que o mais que che pagase será un 15% de interese mentres a inflación no país é case de 30%. E o peor, que aínda que un ahorrista pódelle vender todos os dólares que queira ao goberno pero pola contra o goberno si limita a entrega dos mesmos a particulares por medio de trámites por internet, requisitos e até xuramentos por escrito. Que ao final de nada serven, xa que moitas persoas con cotas autorizadas viaxan e atópanse coa sorpresa que non dispoñen dos seus dólares ou euros.

Cousa máis graciosa é pretender facer noticioso o feito que os cuentahabientes estranxeiros poderán cobrar.

Pero cobrar canto?

Só o que FOGADE garante que son 10.000.000 Bs. (10.000 BsF.) o cal é unha miseria si aplicámoslle o cambio real en euros, posiblemente non alcance a tres salarios mínimos en España.

A outra é que si non se poden trasladarse do exterior poderán nomear apoderados. Isto soa a descubrimento da auga morna xa que ese é o trámite ordinario que normalmente se fai en Venezuela e no mundo. É dicir, apoderar a un terceiro.

De tal maneira que siga traballando o dedinho censor aínda que sería recomendable que colocasen algún comentario xa que se ve tan raro tantas opinions bloqueadas e que ninguén diga el porque son tan molestAs.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: