Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
MILLEIROS DE GALEGOS MANTERÁN UN TIPO DE CAMBIO VANTAXOSO

Axuste cambiario para compras no estraxeiro entrou en vigor a segunda feira

A partires da segunda feira entrou en vigor a nova paridade 4.30 Bolívar Fuerte (dólar petrolero) 1 dólar estadounidense para as compras no exterior, incluídas as feitas en internet. Os xubilados residentes no exterior que reciban a súa pensión en dólares, coma o caso de milleiros de galegos residentes na Galiza, terán un dólar preferencial de 2.60 Bs F, por dólar.

Xurxo Martínez Crespo - 10:25 12/01/2010

A partires desta segunda feira entrou en vigor o axuste do tipo de troco de dólar estadounidense para sectores secundarios ou suntuarios-de 2,15 a Bs F 4,30-, que debe ser tomado en conta por todas aquelas persoas que realicen compras vía electrónica e consumos no exterior con tarxeta de crédito.

O ministro de Planificación e Desenvolvemento, Jorge Giordani, explicou que o tipo de troco que se utilizará para as remesas destinadas aos estudantes venezuelanos residentes no estranxeiro, pensionados e xubilados no exterior será de Bs F 2.60 por dólar estadounidense, mentres que o de consumo para viaxes no exterior e pagamentos electrónicos mediante a cota en dólares autorizados pola Comisión de Administración de Divisas (Cadivi) é o Bs F. 4.30; indicou a Agencia Bolivariana de Noticias.

Con estas medidas-destacou o ministro Giordani - o Goberno revolucionario bolivariano estabelece prioridades para os casos que realmente importan ao Estado, ao tempo que indicou que as persoas que desexen realizar viaxes ao exterior "por pracer", deberán pagar máis.

Así mesmo, subliñou que o relevante é que se establece unha nova orde de incentivo para a produción venezolana, a fin de substituír importacións e romper a dependencia da renda petroleira.

Pola súa banda, o ministro do Poder de Economía e Finanzas, Alí Rodríguez Araque, informou que polo momento se mantén a cota para os consumos coas tarxetas de crédito no exterior, por un monto máximo anual está en 3.000 dólares, antes 6450 Bs. F. e agora 12.900 Bs.F.

Porén, advertiu que Cadivi e o Banco Central de Venezuela (BCV) están realizando estudos para estabelecer un criterio axeitado sobre esta medida económica.

Cómpre destacar que a partires do 1° de xaneiro o Goberno venezuelano estabeleceu que o uso das tarxetas de crédito no exterior realizarase de acordo ao destino e duración da viaxe.

Os sectores automotor, comercio, telecomunicacións, químico, metalúrxico, informático,  plástico, electrodoméstico, téxtil, eléctrico, servizos, construción, electrónico, gráfico, tabaco e bebida, entre outros, estarán abarcados no ámbito do chamado dólar petroleiro, é dicir a 4,30 bolívares.

Estas medidas económicas anunciadas por presidente da República Bolivariana de Venezuela Hugo Chávez, a pasada sexta feira, pretenden impulsar a economía produtiva venezuelana para susutituir importacións.


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: