A polémica escultura do ditador moverase a un almacén militar. Esquerda Unida considera a decisión "hipócrita".
O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, anuncioulles aos voceiros dos grupos municipais que a estatua ecuestre do ditador Francisco Franco se trasladará a un almacén militar, onde se cubrirá cun pano. A decisión tomouse grazas a un acordo co Ministerio de Defensa e en cumprimento da Lei de Memoria Histórica.
A estatua atópase no Patio de Poñente de Ferrarías do Arsenal militar dende o 4 de xullo de 2002, cando o goberno local a retirou da praza de España, onde se construír un aparcadoiro soterrado. A Xunta de Portavoces de Ferrol resolveu en 10 minutos a polémica que se xerou coa orde de Defensa para que retirase a estatua do interior do Arsenal.
Para Irisarri, a decisión é "natural" e cumpre a petición do pleno da cidade aprobada en setembro que solicitaba o cumprimento da lei nos recintos militares. Tanto o PPdeG, como Independentes por Ferrol e o BNG amosáronse conformes coa decisión. Non fixo o mesmo EU. A súa voceira, Iolanda Díaz, considerou que a decisión é unha "falta de respecto e absoluta hipocrisía" cara á Lei de Memoria Histórica, e que é como "meter o po debaixo da alfombra".
Fundición
Nós-UP de Ferrol propuxo que se fundise a estatua de Franco e se abrise un concurso público para esculpir un monumento á memoria histórica a través da representación da figura de Amada García.
Moi ben, tapadiña cun pano por vontade do PSOE, PP, BNG e Independentes. E cando os ventos muden sempre se poderá destapar. Tapen tamén as súas vergoñas, tan semellantes que son estes políticos acomodados. Algúns seguen coidando que a súa moderación debe chegar até a reverencia aos símbolos facistas, ver para crer.
Seguro que así amañan o paro da comarca de Ferrolterra.
Ler para crer.
en troques de andar con estas lerias, que se adiquen a frearlle os pes a Iberdrola e a súa política "antinaturista"
Tão têm coragem. Nem para a estátua do ditador nem para qualquer outra coisa.
Mais uma pergunta: também cobrirão com um pano os depósitos de Reganosa?
O que tiñan que facer con ela era metela nun museo e poñer ben clariño quen foi o fascista que monta o cabalo.
Por favor: ¡Liberade xa! a ese cabalo que leva máis de medio século aguantando ao xinete da morte sobre as súas costas.
E ao xinete, coma se querédeslle tapar a cara cos calzóns de Gaviotero o as bragas da "Pola". (a viúva)
Recordade que o portavoz do BNG, XXP foi do PP.
Cachamuiña, remexendo ou como carallo te fagas chamar, ti fuches expulsado do BNG por impresentábel e por iso andas a botar merda pola boca. XXP NUNCA FOI MILITANTE DO P. Deixa de intoxicar os foros con mentiras e demagoxias. Ademais a decisión de que facer co cabalo e co burro foi do PSOE, que eu saiba non houbo nengunha votación plenaria na que os partidos se posicionaran ainda sobre esto.
O MELLOR SERIA PICAR A ESTATUA DO "BURRO E O CABALO" E FACER "ZAHORRA" PARA BOTAR NAS ESTRADAS, CREO QUE SERIA UN XEITO BASTANTE BO DE RECICLAXE DE MATERIAIS!
Todo o mundo no BNG de Ferrolterra sabe que XXP foi do PP. Entéraste ghichiño?
Cachamuiña, volvo a dicirche que iso é unha mentira e das gordas, por ser un pouco educado. Unha mentira, urdida para desacreditar a XXP como candidato do BNG as pasadas eleccións municipais, que tivo eco nalgún medio de comunicación, porque sen contrastar a información publicouno e logo tivo que rectificar. Por certo quen escribia a noticia no periódico ese (un medio Madrileño, por certo)e en plena campaña electoral era unha persoa que tamén estaba a soldo do "Plan Ferrol", casualidade?, cando como todo o mundo si sabe en Ferrolterra o BNG sempre criticou ese proxecto porque non xera emprego e é un timo.
Cando falas dun proxecto que non xera emprego e que é un timo estás a falar de Reganosa? Sabes que XXP solicitou para a súa empresa axudas do Plan Ferrol a pesar de criticalo?.
Enterastes ghichiño?.
Que tal as vosas relacións con Caixa Galicia e La Voz de Galicia, por certo onde media UPG actúa de tertulianos ( agas Paco Rodriguez que o levaron un día e montou tal cristo cos demais tertulianos e co público que fai chamadas que xa non o levaron máis)?
A ver colega, vexo-te um pouco desorientado e demasiado rabioso contra o BNG. Seica todo vale con tal de desprestixiar ao Bloque, andas a matar moscas a cañonazos. Que terá que ver Reganoxo coa tua mentira de que Pita militou no PP. Deberías ser máis prudente coas tuas leccións de ética non vaia ser que alguen saiba que mercas no Gadis da esquina e rematen por expulsarte tamén do Comité de Emerxencia, ou lembren o minuto de gloria que tiveches cando conseguiches que te retrataran con Irisarri, ou con Sestayo, ou con Gerardo, ou con Carvajales... claro que os do PSOE agora son guais para ti, ver para crer. X certo coa estatua do burro e o cabalo eu a mandaba à chatarra, ti deso sabes non?
Imos mirar ghichiño: Que ten que ver que XXP fose do PP, cousa que nin el nega, co Plan Ferrol? O único que ten que ver é que a súa empresa ( os empresarios comunistas da UPG) tenlle solicitado axudas ó Plan Ferrol desobedecendo ó Papa Negro. Estamos?
recomendoche que revises o diario "El Pais" na súa edición do 13 de maio do 2007, ali queda ben clariño que o propio XXP desminte a súa suposta afilicaión ao PP, unha mentira que catetos coma ti queredes seguirmantendo polo interese de botar merda contra o BNG. Que é iso do Plan Ferrol???? outra trapallada máis...
Pois eu creo que tapala é un sinal mois significativo, como cando taparon o reischtag de Berlín.