Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Programa para a 35ª edición

Rinôçérôse, Second, Mutenrohi e Anxo Lorenzo: queixo para todos os gustos en Arzúa

De aquí nun mes e á porta da primavera, a Festa do Queixo será outra vez cita grande para a gastronomía e o lecer musical.

Redacción - 11:35 08/02/2010

Bandullos a fartar e pernas a canfurnear os días 5, 6 e 7 de marzo nas terras da Ulloa. Desde o Concello de Arzúa chega nova do programa musical da que será a edición 35ª da cita gastronómica que iniciou andadura aló por 1975: a Festa do Queixo.

O rock híbrido e disque esquizofónico dos franceses de Rinocerose será momento estelar na noite do sábado nas terras da Arzúa. Canda eles e o mesmo día actuarán os murcianos Second. E logo da solta de decibelios sabatina, o festival folk do domingo 7 trae da parte de Ourense a Mutenrohi e do Morrazo a Anxo Lorenzo.

Ademais, por segundo ano consecutivo, a exaltación das consolidadas talladas do queixo da Arzúa-Ulloa irá acompañada tamén dunha oportunidade para as novas propostas musicais coa nova edición do "Queixo Maketón", reservado para os grupos máis descoñecidos. E coma sempre, a festa irá acompañada os tres días dunha intensa programación de actividades artísticas e culturais que se presentará integramente en rolda de prensa nos próximos días.


5/5 (10 votos)


Comentarios (5)

UnDeTantos #1 8/Febreiro/2010 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Bo cartel! Vémonos en Arzúa!!

mnawe #2 8/Febreiro/2010 mnawe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O sábado haberá, coma nos últimos anos, música pra "pijos" que van de alternativos.

asubio #3 8/Febreiro/2010 asubio
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E.................En MUTENROHI sigue o flamante,ou "flambeante" director do agadic "sr FASERO"???????.................pois xa non vou,noxo me dá este pavo

sacobeira #4 8/Febreiro/2010 sacobeira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O peor cartel en moooooitos anos.

tato101 #5 9/Febreiro/2010 tato101
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

para todos os gustos non !! pois nonhai ningún grupo en galego. excepto o grupo do capo de agadic. chádelle se tal la fiesta del queso de arzúa

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: