Non é o primeiro proxecto do seu estilo, mais si o máis ambicioso que nace desde terras portuguesas.
Desenvolvido integramente en Portugal e co obxectivo de gañar o mercado lusófono, o MyWay.pt ofrece contidos musicais en streaming, en formato de audio e de vídeo, libremente consultábeis. Para quen a maiores queira baixalos ao computador, anuncian que o vindeiro mes de marzo lanzarán un servizo de descargas a través de subscrición adicional.
Dispoñíbel de momento a través de convite, desde Vieiros puidemos remexer no interior desta fase en probas do proxecto comprobando como vai medrando a iniciativa. Alén das divisións temáticas para rock, pop, soul, clásica, jazz, metal... o portal ofrece xa cadansúa categoría específica para as músicas de Portugal e de Brasil. En breve anuncian o fornecemento de contidos específicos, especialmente sobre o día a día das bandas portuguesas e cobertura de concertos.
Informade de como vai o asunto.- Os portugueses teñen a "delicadeza" de pór a música na versión orixinal. Se é unha canción dun, poñamos caso, italiano a versión que se escoita está en italiano.
Tinha de haver um sítio nesse projeto para a música da Galiza, não?
Pregúntalle ti Observador se os portugueses nos consideran "lusófonos"... Vai ser que non, amigho.