Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
A CRISE ELÉCTRICA AFECTA A MILLÓNS DE VENEZUELANOS

Venezuela é o maior consumidor per cápita de electricidade en Latinoamérica

Venezuela é o maior consumidor per cápita de electricidade en América Latina, por encima da Arxentina, do Brasil,  e Chile, dixo o presidente da compañía estatal Electricidad de Caracas (EDC), Javier Alvarado.

Xurxo Martínez Crespo - 12:11 18/02/2010

Os problemas no subministro de enerxía eléctrica en toda Venezuela fixo que o goberno bolivariano culpase á seca do fenómeno atmosférico chamado El niño, e a oposición política, e boa parte da opinión pública, ao nulo investimento en infraestruturas e equipamento, sumado á falta de previsión, dun goberno que se chama socialista nunha sociedade aínda consumista e derrochadora de enerxía e bens.

Javier Alvarado indicou que é preciso seguir traballando para crear programas que non afecten o consumo eléctrico debido á seca que xera o fenómeno do Neno no territorio nacional, e que xerou o descenso do encoro de Guri, provedor de case 70% da electricidade que consomen os venezuelanos; segundo a estatal a Agencia Bolivariana de Noticias.

Tras salientar que este problema ibrangue a todos os cidadáns, Alvarado recordou que as autoridades cren posíbel baixar o consumo promovendo o uso racional da enerxía, sen afectar maiormente o ritmo de vida da xente.

De alí que a achega da capital para tratar de frear a redución de auga na central hidroeléctrica de Guri sexa o programa de aforro enerxético orientado aos altos consumidores.

No programa Entre periodistas, transmitido pola canle de televisión Televen, explicou onte cuarta feira,  que o elevado consumo tamén ten que ver co crecemento económico experimentado no país, o que implica a inclusión e o acceso a electrodomésticos por parte de moitos venezuelanos que antes non podían facelo.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: