A coordinadora da sección sindical pedira a posta en marcha dos Consellos de Redacción para evitar a "manipulación informativa, como na folga contra o decreto".
Acto de presentación do novo equipo da Radio Galega
A CIG denunciou as ameazas vertidas pola subdirectora de Contidos da Radio Galega, Rosa Sierra, ás persoas traballadoras do servizo de informativos, segundo tamén informa este xoves o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG).
A Coordinadora da sección sindical da CIG afirma que a dirección da radio pública está a manipular a información en xeral e, en particular, a referida ás mobilizacións contra o Decreto do Plurilingüismo, e demandou a posta en marcha dos Consellos de Redacción para frear esta situación.
A CIG lamentou as ameazas que Sierra lle lanzou a toda a redacción, en voz alta, nun intento de "meterlles medo aos traballadores que ousen falar de vetos". Textualmente, a subdirectora dixo: "A partir de ahora voy a vetar de verdad", nun ton "exaltado e ameazador", o que colide cun modelo de empresa cunhas relacións laborais ordenadas e razoábeis. Segundo denuncia o sindicato, ao día seguinte, Rosa Sierra repetiu a advertencia: "Hasta ahora fui una señora. A partir de ahora se van a cagar", nunha conversa cun traballador en ton audíbel para o resto da redacción.
Para o sindicato, esas afirmacións son máis ca exabruptos, pois representan "un intento de asustar os traballadores" e mais "un ataque á independencia profesional dos xornalistas, incompatíbel coa propia existencia dun medio público". Estes episodios complétanse, segundo a CIG, co tratamento informativo que tivo todo o referido ao decreto, que demostrou que a Radio Galega "está só para servir os intereses da Xunta".
Nese senso, detectou "entrevistas a eito a prol do decreto, con preguntas do entrevistador cargadas de opinión, até intentos de impoñer convidados en determinados programas, pasando por ordes para abrir as informacións con determinadas frases", até o punto de facer "contra-información preventiva". Segundo a CIG, na véspera da protesta, o redactor xefe xa tiña escrito un texto con cortes de voz de persoas opostas á xornada de folga no ensino.
Esa data coincidiu, ademais, coa obriga para as persoas traballadoras de programas e das delegacións de escribir no sistema aberto, o que aumenta o control sobre os seus textos. A CIG achou "particularmente rechamante" que a subdirectora e mais o redactor xefe fosen até hai pouco presidenta do Comité de Empresa e Delegado Sindical, polo que pediu a posta en marcha dos Consellos de Redacción, que os actuais directivos da CRTVG defenderon reiteradamente.
¡Que vergoña de xente!
¡Pechen a Radio Galega e a Televisión Galega, para que non estraguen máis o noso idioma¡
que be o dixo en perfecto ejpañó
sta mañá escoitei o noso fermosos idioma falado entre dous paisanos nunha céntrica rúa vallisoletana. Emocioneime sen dúbida algunha. Non sei se sería algún dos " pucelanos, que coma min, escriben nestes lares, pero a miña noraboa. Por certo, estábanlle dando caña ao Conselleiro de Cultura jeje. Alégrome de que por estes lares a xente se dea de conta do goberno que temos
o problema nom é que nos deamos conta nós, senom que nom se deam conta os demáis galegos que ponhem a esta gente no governo...
O cabeçalho da nova dá a falsa impressão de que a subdirectora de conteudos da RG, Rosa Sierra, fala galego. Mas ela fala castelhano, o qual, neste caso acho que é bastante significativo por mor do cargo que ocupa. Noutros casos seria irrelenvante. Mas o facto de uma subdiretora da Radio Galega falar em castelhano, es para cagarse.
A ver se a partir de agora deixan de manipular os servizos de información e a cidadanía que non o sabía se da de conta de que o decreto que quere aprobar o goberno do PP da Xunta de Galicia, vai contra o noso idioma!
Nós loitaremos sempre contra as mentiras e contra a manipulación así como na defensa do idioma!
naciongalega.blogspot.com
Ni bífidus ni hostias, enemas Sierra,
salpicando de mierda, la radio gallega,
convierte tu trabajo en pura cagalera!
Pois a saber que "merda" oiremos a partir de agora.
Os programas da Galega, sobre todo os informativos son vomitivos: as entrevistas aos do governo Feixoo son tan mornas que dan risa, a actitude dos entrevistadores é de estar sentados sobre un coxín de M (para q non se note se cagan por sí), os programas da tarde son o mais somníferos da última década, por non falar do desprezo cara a nosa música (non creo q pase do 5%), os nosos creadores e os movimentos sociais...
Volvemos a ter o epicentro en Madriz, onde deve de estar a "Real Compañia da Radiotelevisión de Galicia".
O fulano e a fulana esses que eram representantes sindicais tenho entendido que som do sindicato amarelo UGT, como o chefe dos torturadores na "província" da da Corunha, o que nom admira em absoluto.